Amosando publicacións coa etiqueta actualidade. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta actualidade. Amosar todas as publicacións

12/06/23

GAÑADORAS DO SEGUNDO CONCURSO DE MICRORRELATOS "PALABRAS MÍNIMAS"


 Para celebrar o Día das Letras Galegas deste ano, convocouse por segunda vez o concurso de microrrelatos. Na categoría da ESO, as gañadoras foron Laura Mora e Julieta Pérez. En Bacharelato, o premio é para Guillermo López.

Parabéns para os tres!

13/02/23

LEDICIA COSTAS VISITA O "RAFAEL DIESTE"



Hoxe tivemos a sorte de contar de novo coa presencia da escritora galega Ledicia Costa quen tivo un encontro co alumnado de 2ºBAC. 

17/01/23

VÍSITANOS O ESCRITOR FERNANDO LALANA

Recibimos unha nova visita do escritor zaragozano Fernando Lalana, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, entre outros moitos, quen falou da súa actividade literaria ante o alumnado de 3ºESO.

















 

07/12/22

O POETA JUAN BESADA FALA DO SEU NOVO LIBRO EN RADIOFIESTRA.


 "Teito de ferro" e o título da última novela de Juan Besada e tivemos o privilexio de que falara dela na nosa radio. Unha conversa relaxada e moi interesante con alumnado de 2º de bacharelato serviu para afondarnos nas súas lembranzas da man de Sinde, unha das protagonistas. Esta muller fala co seu neto de seu pasado: o levantamento nacional en Santiago, as horas de traballo e de inquedanza. Juan Besada acércanos ao seu xeito de falar de nós e de quen somos.

02/12/22

A ESCRITORA ANTÍA YÁÑEZ VISITA A NOSA BIBLIOTECA


 
A escritora Antía Yañez visitounos onte xoves 1 de decembro. A autora de "O Misterio de Portomarín", falou co alumnado de 1ª da ESO no Salón de Actos do instituto. 
Tivo un momentiño para pasar pola biblioteca onde temos varios exemplares da súa obra asignados por ela.













14/11/22

O NOSO INSTITUTO PROTAGONISTA NAS XORNADAS DE BIBLIOTECAS 2022



Este sábado 12 de novembro vimos de participar nas Xornada de Bibliotecas Escolares de Galicia 2022, no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago de Compostela. O noso centro foi invitado a participar na mesa redonda sobre "Novas Linguaxes na Biblioteca". En ausencia de Arcadio Novoa, coordinador da radio neste curso e responsable, xunto co alumnado participante,  do programa de radio "A heroica vida de Florencio Delgado", Carlos Lens, coordinador da radio o curso pasado, encargouse de contar a experiencia, tanto da radio en xeral como da elaboración do podcast gañador do premio do día da letras galegas.

02/05/22

'BOOKCROSSING' NO "RAFAEL DIESTE"


 No "RAFAEL DIESTE" practicamos o 'bookcrossing' ou 'intercambio de libros'. No patio central temos instalado este punto de intercambio de libros donde podemos darlles unha segunda oportunidade aos nosos libros traendo uns e levando outros que nos poidan interesar...

22/11/21

XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES 2021


O pasado 20 de novembro de 2021 celebrouse, no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, a  Xornada de Bibliotecas Escolares de Galicia 2021 que reuniu, presencialmente, a preto de 600 persoas, entre participantes, relatores e asesores e asesoras de formación do profesorado.

No enlace que adxuntamos a redeBE podedes acceder aos vídeos das presentacións e aos materiais aportados  polos poñentes.
 

 

27/09/21

NOVIDADES BIBLIODIESTE 2021-22: PUNTO DE INTERCAMBIO


 

Levamos días  organizando todo para poder abrir a Biblioteca o luns 4 de outubro. Temos preparadas xa algunhas sorpresas e novidades.
Para empezar, estreamos o Punto de Intercambio de libros co que queremos darlle unha segunda vida a un montón de libros marabillosos que están desexando ser lidos por alguén. Neste punto podes deixar os libros para que sexan  aproveitados por outros lectores e lectoras e tamén podes coller libros, comics, películas, marcapáxinas… deixados aí para ser levados  por alguén e así poder disfrútalos outra vez.

20/09/21

BIBLIODIESTE: "XA ESTAMOS DE VOLTA" (Curso 2021-22)


 Xa estamos de volta e, como sempre, desexamos que o voso verán fose agradable, formidable, bestial... Moita auga, sol nos ollos, area e verde, verde e area, e moita luz. Durmir pouco ou moito, comer ben ou fatal, ter tempo para un mesmo o estar rodeados sen tregua de amizades, libros novos..

Xa estamos de volta e, coma sempre, desexamos que o inicio do curso tamén sexa bo: xente que nos gusta ver de novo, lapis de cores, gomas novas ou vellas, cadernos por estrear, máis libros novos ..o que lle guste a cada un.

Dende a Biblioteca do Dieste, estamos seguros de que este curso vai se mellor que o pasado. Para que así sexa, nós estamos dispostos a poñer o noso graniño de área con novidades, actividades, concursos e o que se vos ocorra propoñernos. Para iso temos unha caixa de suxestións noviña, agardando a que o estreedes a partir do primeiro de outubro.

Un saúdo e ata entón.

25/02/21

MARCOS SOUTO BLANCO, ALUMNO-ESCRITOR DO "RAFAEL DIESTE"

 

Queremos hoxe presentar a primeira novela dun dos nosos alumnos.

MARCOS SOUTO BLANCO (1ºBAC-C) ven de publicar a súa primeira novela "MARCA FINAL".

[Unha familia pasa de ter unha vida feliz, a convertirse nun inferno, donde os fillos menores de idade van ter que aprender a sobrevivir, e para iso van ter que robar, matar, enganar, mentir, agredir, escapar da xustiza, pero mais tarde chega o que ninguen esperaba que chegase: a súa salvación, vai chegar o amor, e todo vai dar unha volta que vai cambiar a vida destes tres pequenos que sufriron e foron maltratados polas circunstancias da vida.]

Máis información do libro: "MARCA FINAL"










 

15/02/21

ENTROIDO 2021: OS ARTISTAS DO "RAFAEL DIESTE"

 


 
Así foi o Entroido 2021 no 'Rafael Dieste'. Un entroido diferente pero donde apareceu a inspiración de todos os artistas que hai no noso instituto...

Video "ARTISTÍZATE" do Entroido 2021 do 'Rafael Dieste':

20/11/20

"BIBLIODIESTE" MOLA!



 Esta semana a nosa coordinadora da Biblioteca, Matilde de Cal, asistiu telemáticamente aos ENCONTROS DO PLAMBE (Plan de Bibliotecas Escolares) e atopouse cunha agradable sorpresa ao vernos mencionados nun estudio dunhas expertas catalás, entre elas Mónica Baró. Aparecemos citados nun comentario dunha profesora de primaria despois dunha visita de alumnado de 6º primaria á nosa biblioteca. 
Un comentario positivo que nos fai sentir moi orgullosos do traballo que estamos a facer e da biblioteca que temos. (Podedes ver o comentario na imaxe).

26/10/20

DÍA DAS BIBLIOTECAS 2020 EN "BIBLIODIESTE": AS BIBLIOS EN TEMPOS DE PANDEMIA



 Quixemos conmemorar o Día das Bibliotecas 2020 recopilando nas distintas linguas estranxeiras que se ensinan no noso centro os consellos prácticos de prevención que estamos xa acostumados a ver e escoitar en galego e castelán por mor da pandemia. Como son estes consellos en...

GREGO E LATÍN





INGLÉS



+ on COVID PREVENTION plus videos (+ sobre prevención COVID en inglés con videos)

FRANCÉS




05/10/20

REABRIMOS "BIBLIODIESTE" CURSO 2020-21


 Hoxe luns 5 de outubro reabrimos a nosa biblioteca tras estar pechada durante todo o confinamento dende mediados de marzo para o servicio de préstamos nos recreos.
Reabrimos na nova normalidade, iso quere decir que hai que cumprir unha serie de normas:
A orde para entrar e quedar será pola fila que formedes previamente na porta da biblioteca. 
- Haberá un aforo limitado dun máximo 24 persoas sentadas nas zonas habilitadas e de 8 para recoller/entregar préstamos ou consultasPara coller prestado libros da biblioteca o devolvelos haberá que gardar unha fila coas distancias sinaladas no chan ata a mesa da biblioteca. No chan existe sinalización para colocarse e manter a distancia na cola do préstamo ou consulta.
Puxéronse dúas mamparas, unha para o sitio do profesor e outra para o sitio do alumnado colaborador.
Hai un xel hidroalcohólico á entrada e outro na mesa de préstamo que deberá ser obrigatoriamente utilizado á entrada por todos os usuarios. Hai tamén un spray con desinfectante para mesa, silla, ordenador etc e unha caixa con servilletas de papel. Hai que limpiar as mans con líquido hidroalcóholico e manter a limpeza na mesa.
- Só se poderán utilizar as cadeiras dispoñibles en cada unha das mesas, gardando as distancias marcadas. Nas mesas hai unha pegatina pequena de cor vermella, que sinala o centro onde ten que sentarse o alumno. Só se poderan utilizar os ordenadores marcados e tras ter o permiso do profesor encargado.
A cuarentena dos libros está fixada en 5 horas. Por tanto deixaremos os libros que se usen na sala e os do préstamo no carriño, no día correspondente e non se poderán volver a coller ata o día seguinte.

O equipo de biblioteca este curso está formado por sete profesores:

CARLOS BLANCO DÁVILA (club de lectura)

DORES CASTRO VILLAR (préstamo recreos)

BEATRIZ CUESTA GARCÍA (radio escolar)

RAMÓN NEIRA TENREIRO (préstamo recreo e blog biblioteca: arquivosdotrasno.blogspot.com)

MAR NOCHE DOMEC (rexistro e catalogación + axuda en organización e actividades)

ELOI RODRIGUEZ RODRIGUEZ (préstamo recreos)

MATILDE DE CAL CORTINA (coordinadora)

O alumnado que este curso vai colaborar co equipo é o seguinte:

MIRIAM SOBRADO GIMÉNEZ (B1ºD)

CECIA BAZÁN PAREDES (S3ºD)

PABLO IGLESIAS GARCÍA (S4ºC)

DIEGO IGLESIAS SALGUERO (S3ºC)

EMMA LYSS CASAIS ALEN (S4ºC)

23/04/20

O DÍA DO LIBRO 2020 EN CONFINAMENTO




Celebramos o Día do Libro 2020 aínda confinados na nosas casas (e xa van 39 días!).
Pero tamén podemos engadir que nunca tivemos tanto tempo para poder ler, porque a lectura é unhas das actividades que non están suspendidas polo Estado de Alarma.
Aproveitemos para ler. Bo Día do Libro 2020!

22/03/20

ACCESO A BIBLIOTECAS PÚBLICAS DURANTE A CUARENTENA

As Bibliotecas Públicas ofrecen a posibilidade de acceso a libros dixitais durante a cuarentena.


- eBIBLIO GALICIA

Para acceder ás bibliotecas da Rede de Bibliotecas de Galicia habilitouse a posibilidade de acceder ao préstamo dos libros en formato electrónico a través dun enlace, dispoñible na páxina web:

- REDE BIBLIOTECAS PÚBLICAS DE GALICIA 

Nesta Rede encontraredes case todos os libros de lectura obrigada da ESO e Bacharelato neste formato (ata dous libros en préstamo durante un período de 21 días).
As claves serán operativas mentres dure o confinamento e ata un mes despois de que finalice. Pasado ese tempo se non queres seguir como socio, eliminaranse automaticamente, non é preciso facer nada para cancelar esta subscrición, basta con non acudir a unha biblioteca a formalizar ese carné.



08/03/20

8 MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER: "DECIDEN ELAS"


Deciden elas. É o lema da campaña que o alumnado utiliza este curso para conmemorar o Día Internacional da Muller, que foi institucionalizado pola ONU en 1975. A partires do libro Mulleres que (nos) dan que pensar, de África López, se elaboraron carteis sobre galegas, célebres e non tan célebres, destacadas no seu momento en ámbitos e actividades diferentes:
- Ysabel Barreto, almirante pontevedresa do século XVI, 
Sofía Casanova, a escritora e xornalista, nacida en A Coruña no século XVIII, 
ata exemplos máis recentes como Ángeles Alvariño, oceanógrafa de Ferrol ou Antonia Ferrín, astrónoma ourensá, son mulleres que nos  axudan a repensar a nosa sociedade e nos aníman na tarefa da loita polos dereitos de todas as persoas.
Ademais, no instituto contamos  cunha exposición monográfica sobre Hildegarda de Bingen, música, teóloga, naturista, literaria na Alemania do século XII.
E para poñer a guinda, un grupo de alumnos e alumnas baixo a coordinación da orientadora Laura, encargouse de que quedara constancia de que o 8 de marzo é o Día da muller, non so na planta baixa do instituto, senón tamén nas plantas superiores.
Bo traballo e feliz 8 de marzo!!

Video presentación do traballo feito nesta LIGAZÓN


21/02/20

ENTROIDO 2020 NO 'RAFAEL DIESTE'


Como todos os venres previos aos días festivos do Entroido, celebramos unha festa de disfraces a partir da 13:00h. Houbo ás clases habituais ata ese momento. Durante a festa houbo un Concurso de Disfraces, patrocinado pola AMPA.
antes da festa...


durante a festa...


ETIQUETAS

8-M ApadriñaLector Cosmos DIVERINTERCULTURAL DiversidadeCultural Galicia Gastronomía Grego HoraDeLer HªEscritura HªOlimpiadas LIBROS LibrosVivintes MUSE Nobel O CINE O MAR OPINIÓN Odisea P.Cervantes P.Dado PATRIMONIOGALEGO PLAMBE Pasapalabra PlanProxecta RD25Anos RadioNaBiblio Radiofiestra S.C.AntiguaGrecia Samaín XOGOSTRADICIONAIS a lingua acoso-bullying actividadeBiblio actualidade adolescencia alfin amor animación arqueoloxía arte astronomía audio audiovisual autores baile bibliotecas bioloxía blog cartel centenario certames cidades ciencia ciencia-ficción cine club de lectura comic compromiso concertos concursos conferencia congresos contacontos cuca cuestionario curta dereitos humanos deseño dicionarios didáctica discapacidade documentais educación efemérides encontros con escritores enl enlaces enquisas ensaios entrevista entroido exposicións expresión oral familias feminismo ficha filosofía fomento da lectura fondos formación de usuarios formularios fotografía francés física galego graduación guías historia homenaxe humor ilustración inglés iniciativas intercambio interculturalidade internet latín letras galegas linguas estranxeiras literatura manualidades matemáticas medio ambiente microrrelatos mitoloxía mochilas viaxeiras mulleres museos música nadal narrativa natureza noticias obituario obradoiro ortografía patrimonio paz pioneiros poesía premios presentación publicidade química radio recursos revista roteiros saúde semana cultural solidariedade teatro textos tics titoría traballo por proxectos traducción tríptico verán viaxes violencia de xénero votacións vídeos xadrez xeografía xogos xornadas xornalismo xubilación Ágora

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

ESTATÍSTICAS DE VISITAS

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER