Amosando publicacións coa etiqueta xeografía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta xeografía. Amosar todas as publicacións

11/12/23

EXPOSICIÓN: LUGARES PARA SOÑAR



 


Unha exposición realizada polo alumnado de 1º ESO sobre lugares maravillosos do noso planeta.

Desde unha exótica praia a unhas illas paradisíacas, pasando por unha gran cordilleira, un fermoso val ou unha espectacular fervenza. Estes e moitos máis foron os recunchos elixidos polos rapaces e rapazas de 1º ESO neste traballo de xeografía.

Desta maneira exploramos lugares descoñecidos que nos gustaría contemplar ou son espazos que visitamos no pasado e gardamos nas nosas lembranzas.

E ti? Que lugar desexas visitar?

É unha actividade realizada en colaboración polo Departamento de Historia e a Biblioteca.




20/10/17

XEOGRAFÍAS LITERARIAS


Aventuras Literarias é unha editorial que vende mapas de cidades que xa non existen, porque están ligadas a unha obra literaria que capturou un momento da súa historia. 
Todos os mapas veñen ca súa versión dixital e a novela ou obra que a recolle: o Londres de Jane Austen (na foto superior) ou o de Sherlock Holmes, o Madrid de Pérez Galdós...









+ info:

Xeografías que perduran na literatura

[El País]

19/09/16

UNHA VISITA EN DRON ÁS MÉDULAS


Traémosvos para empezar unha visita virtual ás antiguas minas de ouro de As Médulas, na comarca leonesa de O Bierzo. Vinte séculos despois seguen a ser unha paisaxe de incalculable valor. Foron en época romana a máis grande explotación de ouro a ceo aberto agora son dende 2007, Patrimonio Mundial pola UNESCO. No enlace inferior podedes ver un video do lugar a vista de dron. Espectacular!

O tesouro de As Médulas a vista de dron

24/11/15

AS VÍCTIMAS DO TERRORISMO NO MUNDO.


Despois dos ataques terroristas da pasada semana en París e Mali, e as amenazas que seguen en todo o mundo, aquí tedes un map que mostra o número de víctimas en ataques terroristas o ano pasado arredor do mundo, según o Global Terrorsim Index que se publicou fai hoxe unha semana.
Boko Haram aparece como o grupo terrorista mais perigoso do mundo. Operando dende o norte de Nixeria, este grupo asesinou mais de 6.600 persoas o ano pasado. O grupo de EI ou ISIS foi o segundo matando a un pouco mais de 6.000 persoas. Ambos os dous grupos son responsables de mais de metade das mortes (51%) por terrorismo no ano mais mortífero de toda a historia., cun aumento do 80% en comparación co ano anterior.
32.654 persoas morreron o ano pasado en ataques terroristas (nove veces máis víctimas que no ano 2000). O 80% destes ataques ocurriron so en cinco países: Iraq, Afganistán, Pakistán, Nixeria e Siria.

Versión en inglés desta entrada @ ClickOnEnglish.

20/03/15

HOXE: XA É PRIMAVERA E HAY UN ECLIPSE SOLAR


Xa é primavera! Disfrutade do día festivo e da nova estación. 
Co doodle que ilustra esta entrada celebra Google este día.
Hoxe haberá ademáis un eclipse solar, que según comentan, terá a súa mellor visión na península Ibérica dende A Coruña, precisamente. Ainda que haberá que tomar precaucións para vela. Deixamosvos un video que o recrea.

Video:


Versión en inglés desta entrada @ ClickOnEnglish

10/11/14

GALICIA: A SÉPTIMA NACIÓN CELTA


Mentras Escocia e Irlanda asócianse maioritariamente co pobo celta, as raíces da cultura celta están espalladas ao longo de Europa. Fai mais dun milenio, unha tribu celta coñecidos como os Gallaeci asentáronse nunha área ao norte do río Douro. A rexión convertiuse na actual Galicia, no noroeste de España e considérase hoxe a séptima nación de orixe celta, xunto con Eire (Irlanda), Kernow (Cornualles), Mannin (a illa de Mann), Breizh (Bretaña francesa), Alba (Escocia) e Cymru (Gales).
As evidencias están por todas partes, dende a lingua galega -falada por máis de tres millóns de persoas e que contén un gran número de palabras de orixe celta- ata os festivais paganos e rituais que continúan a aflorar por toda a rexión. As pallozas datan de 2500 anos atrás e cren que son de orixe celta.
Pódese ler máis sobre esto grazas a Jim Richardson do National Geographic Creative neste enlace de BBC travel, pero xa en inglés.


Versión completamente en inglés desta entrada @ ClickOnEnglish.

06/10/14

PRIMEIRO LUNS DE OUTUBRO: DÍA MUNDIAL DO HÁBITAT



O Día Mundial do Hábitat celébrase anualmente o primeiro luns de outubro, en virtude da resolución 40/202, adoptada pola Asamblea Xeral en 1985.
Este ano, as Nacións Unidas elexiron o tema "VOCES DOS SUBURBIOS". Para o Día Mundial do Hábitat 2014 realizaránse campañas para recoñecer a vida nos barrios marxinais, dar voz aos habitantes dos tugurios co fin de mellorar a calidade das condicións de vida en estos lugares mediante os seguintes puntos:
- Crear maior conciencia das condicións de vida nos barrios pobres.
- Desenrolar procesos e ferramentas en definir a memoria histórica das persoas que viviron e viven nos barrios pobres.
- Demostrar, a través de historias reais, aos encargados de adoptar as decisións no ámbito urbán que os programas de mellora destes barrios poden conseguirse condicións de vida para os habitantes destes barrios,
- Compartir experiencias sobre a mellora dos barrios marxinais entre as cidades e as zonas  urbanas de todo mundo.

Enlaces a máis información:

El Día Mundial del Hábitat 2014 se centra en los barrios de tugurios


Video DÍA DO HÁBITAT 2011:

15/06/14

MONARQUÍA OU REPÚBLICA


En pleno debate entre monarquía e república e na semana en que estrenaremos novo monarca, publicamos un mapa que mostra as monarquías e as repúblicas existentes polo mundo.

- en verde oscuro as monarquías: España, Reino Unido, Noruega, Suecia, Dinamarca, Holanda, Bélxica, Xapón , Marrocos, Arabía Saudí... (nun verde máis claro Canadá, Australia e Nova Zelandia, que pertenecendo a Commonwealth, comparten cabeza de estado co Reino Unido).

- en azul oscuro, as repúblicas.

Máis información sobre o mapa e as diferencias entre monarquía e repúblicas neste artigo de Europa Press.

Versión en inglés @ ClickOnEnglish.

ETIQUETAS

8-M ApadriñaLector Cosmos DIVERINTERCULTURAL DiversidadeCultural Galicia Gastronomía Grego HoraDeLer HªEscritura HªOlimpiadas LIBROS LibrosVivintes MUSE Nobel O CINE O MAR OPINIÓN Odisea P.Cervantes P.Dado PATRIMONIOGALEGO PLAMBE Pasapalabra PlanProxecta RD25Anos RadioNaBiblio Radiofiestra S.C.AntiguaGrecia Samaín XOGOSTRADICIONAIS a lingua acoso-bullying actividadeBiblio actualidade adolescencia alfin amor animación arqueoloxía arte astronomía audio audiovisual autores baile bibliotecas bioloxía blog cartel centenario certames cidades ciencia ciencia-ficción cine club de lectura comic compromiso concertos concursos conferencia congresos contacontos cuca cuestionario curta dereitos humanos deseño dicionarios didáctica discapacidade documentais educación efemérides encontros con escritores enl enlaces enquisas ensaios entrevista entroido exposicións expresión oral familias feminismo ficha filosofía fomento da lectura fondos formación de usuarios formularios fotografía francés física galego graduación guías historia homenaxe humor ilustración inglés iniciativas intercambio interculturalidade internet latín letras galegas linguas estranxeiras literatura manualidades matemáticas medio ambiente microrrelatos mitoloxía mochilas viaxeiras mulleres museos música nadal narrativa natureza noticias obituario obradoiro ortografía patrimonio paz pioneiros poesía premios presentación publicidade química radio recursos revista roteiros saúde semana cultural solidariedade teatro textos tics titoría traballo por proxectos traducción tríptico verán viaxes violencia de xénero votacións vídeos xadrez xeografía xogos xornadas xornalismo xubilación Ágora

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

ESTATÍSTICAS DE VISITAS

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER