Para celebrar o Día das Letras Galegas deste ano, convocouse por segunda vez o concurso de microrrelatos. Na categoría da ESO, as gañadoras foron Laura Mora e Julieta Pérez. En Bacharelato, o premio é para Guillermo López.
Parabéns para os tres!
Parabéns para os tres!
Convocatoria do concurso As miñas bibliotecas
Como todos os anos, o día 24 de outubro é o Día Internacional da Bibliotecas. Para celebralo, a Biblioteca convoca un concurso de Selfies AS MIÑAS BIBLIOTECAS 2022 – 2023
O obxectivo do concurso é promover a visita ás bibliotecas da bisbarra e da cidade, ou cando menos, acercarse a elas e situalas. Rexerase polas seguintes bases:
I.- DESTINATARIOS. O concurso está dirixido a todo o alumnado do IES Plurilingüe Rafael Dieste. Pódese participar individualmente ou en grupos
II.- CONTIDO. Cada participante ou grupo de participantes debe facerse un selfie no que se vexa unha biblioteca real da cidade (non vale imaxe dunha biblioteca). As fotos poden ser individuais ou en grupo.
III.- PARTICIPACIÓN. A participación no Concurso farase enviando a devandita foto ao correo: bibliodieste21@gmail.com
No correo hai que indicar en asunto Concurso de selfies. Ademais, hai que achegar a foto en formato jpg, e indicar nome e apelidos, curso e grupo.
A Biblioteca encargase de imprimir as imaxes e poñelas no taboleiro da clase correspondente.
IV.- CALENDARIO. As imaxes poden enviarse ata o 31 de outubro.
A entrega do premio celebrarase nunha data, aínda por definir, dentro da primeira avaliación. As persoas gañadoras serán debidamente informadas desta data.
V.-
PREMIOS. – Hai varias categorías de premios:
- Premio individual ao mellor selfie. Invitación a unha excursión organizada pola biblioteca do centro.
- Premio para a foto con máis xente posando para o selfie. Invitación a unha excursión organizada pola biblioteca do centro.
- Premio para a clase que teña a porcentaxe máis alta de selfies. Premio para a clase.
Unha vez definidos os premios, faranse públicos a través do blog da Biblioteca.
VI.- MEMBROS DO XURADO. - O xurado estará integrado por 5 membros: unha persoa de dirección, un profesor o profesora do grupo da Biblioteca, un voluntario/a da Biblioteca, unha persoa do grupo DiverXentes e outra de persoal non docente do instituto.
VI.- DEREITOS DE IMAXE. - A participación no concurso implica ter entregado o permiso para utilizar a imaxe do alumno/a.
VII.- ACEPTACIÓN DAS BASES. - A participación no concurso implica a plena aceptación do contido destas bases. A Biblioteca, organizadora do concurso, resérvase o dereito de modificalos, comunicándollo aos participantes a través do blog da Biblioteca.
Ánimadevos!

Sen Vida.
Florencio non dixo máis nada. E que non podía dicir máis nada. De feito, aínda que poidera non o faría. Supoño que é o que se chama esto usen palabras, sen fala. Pero a Florencio ademáis faltáballe a propia boca……e as mans…….e as pernas…..
Todo isto quedara nunha Caixa baixo a terra e unha pedra co seu nome e as siglas D.E.P. gravadas. Para os que aínda tiñan boca e pernas, Florencio quedara nunha idea, nunha brisa, nun pasado. A pesar de que o que verdaderamente lle quedaba era unha eternidade….sen boca, sen….
Florencio non dixo máis nada. Tampoco facía falla, aquelas palabras sementaraqn a confusión na cara do seu compañeiro: “A partir de agora vou falar eu” O compañeiro observou a actitude decidida daqueles ollos abertos, a postura ríxida de Florencio e berrou “O meu boneco cobrou vida!”
Un curso máis, a biblioteca da cobertura ao Torneo de Xadrez. Comezamos cunha volta eliminatoria do máis rifada e a continuación faremos unha liguiña entre os da ESO por unha banda e os de Bacharelato, pola outra. Repetimos tamén con premio da Raíña do Taboleiro.
Moita sorte!!!
A actividade proposta pola biblioteca consiste en encher o cortizo do pasillo de cubertas de libros. Para iso todo o alumnado, profesorado e personal non docente poderá aportar unha imaxe en cor da cuberta ou tapa do libro que está a ler, enviándoa por correo a bibliodieste21@gmail.com ou entregándoa en pendrive ao profesor encargado de biblioteca nos recreos ou en vicedirección.
A biblioteca encargarase de imprimir as tapas que se presenten. A data límite para as entregas será o mércores 28 de abril. Rogamos a todo o profesorado, e moi especialmente aos titores, que den a máxima difusión a esta actividade para poder acadar unha participación importante de toda a comunidade educativa. Grazas a todos e FELIZ DÍA DO LIBRO!!!!
Tamén o concurso que o club de lectura propón para os seus membros de 4º de ESO. Este concurso ten como data límite o venres 30 de abril e o gañador recibirá como premio un vale para gastar nunha librería do barrio.