29/09/10

A LECTURA POR PRACER OU O PRACER DA LECTURA?

Nestes días nos que todos estamos a aportar suxestións para organizar o mellor posible A HORA DE LER, parécenos moi oportuna esta reflexión do poeta e ensaísta británico W.H. Auden:
"O pracer non é de ningunha maneira unha ferramenta crítica infalible, pero si a menos falible.
A lectura do neno guíase polo pracer, pero o seu pracer é indiferenciado; non pode distinguir, por exemplo, entre o pracer estético e os praceres da aprendizaxe ou a ensoñación. Na adolescencia comprendemos que hai diferentes clases de praceres, algúns dos cales non poden disfrutarse simultaneamente, pero para diferencialos aínda necesitamos axuda. Se trate de comida ou de literatura, o adolescente busca un mentor cuxa autoridade sexa convincente. Come ou le o que o seu mentor lle recomenda e, isto é inevitable, hai momentos nos que se ve obrigado a enganarse un pouco; ten que esaxerar a súa afección ás aceitunas ou a Guerra e Paz."

27/09/10

Collemos prestado do blogue RAIOTECA, do CEIP de Andrade-Pontedeume, este decálogo da lectura que pensamos pode axudar ás familias a desenvolver o hábito lector nos seus fillos. Trataremos de difundilo a través dos titores e da APA para que entre todos consigamos que a lectura forme parte da vida dos nosos alumnos.

26/09/10

ALUMNOS COLABORADORES

Este curso que agora comeza gustaríanos contar de novo cun grupo de alumnos que queiran axudar na biblioteca. Podedes axudar no préstamo de libros nos recreos, na organización das actividades ou no blogue. Todos os que queirades apuntarvos deberedes dirixirvos aos profesores do equipo de biblioteca antes do 6 de outubro, xa que elixiremos por orde de chegada.

Ah! Lémbrovos que cada alumno só poderá coller un recreo á semana.

DÁDEVOS PRESA E ANOTÁDEVOS AXIÑA!

AS RELACIÓNS PROFESOR-ALUMN@

A convivencia dentro dunha comunidade do tipo que sexa é un tema fundamental para os seus integrantes. Se non existe, porque cada un vai polo seu lado, ou se non é boa, porque os enfrontamentos son permanentes, repercutirá en todo o que se faga. Un exemplo disto pode verse a continuación dentro da pequena comunidade dunha aula.
Agora que aínda estamos comezando o curso é o momento de telo en conta.

MÁIS VALE PREVIR QUE CURAR!

25/09/10

PREMIO NACIONAL DE ILUSTRACIÓN

A pintora, ilustradora e escritora valenciana Ana Juan foi galardoada co Premio Nacional de Ilustración 2010 polo conxunto da súa obra. Este premio, concedido polo Ministerio de Cultura, recoñece o labor que leva realizado no ámbito do libro e a literatura.
Se non coñecedes os seus debuxos, podedes ver unha pequena mostra a continuación:

22/09/10

LER E ESCOITAR


A Consellería de Educación, a través da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, publica hoxe no Portal Educativo a convocatoria do I Concurso de Lectura en voz alta, "LER E ESCOITAR", destinado ao alumnado de 3º Ciclo de Primaria e 1º Ciclo de ESO. O concurso terá unha primeira fase no centro e unha fase autonómica, da que sairán os finalistas da fase última do concurso que se resolverá nun acto de lectura pública. O concurso contempla as modalidades individual e de grupo. Haberá premios para as lectores e os lectores e para os centros de procedencia.
Aquí tedes o TEXTO DA CONVOCATORIA.

A QUE É APETECIBLE?

POIS, ÁNIMO, E ADIANTE!!!!

21/09/10

IN MEMORIAM

"Habrá un día en que todos al levantar la vista veremos una tierra que ponga libertad".
In memoriam para ti, J.A. Labordeta e para todos os que caestes gritando liberdade.



Imos facer co futuro un canto á esperanza

20/09/10

CLÁSICOS CON CLASE

Hoxe foron xa moitos os alumnos que se achegaron a nós para preguntarnos cando comenzabamos as actividades na biblioteca e cando podían pasar a coller libros. Pois ben, botádelle un ollo á porta da biblioteca de cando en vez, porque alí aparecerán os horarios en canto os teñamos listos.

Mentres, para que vos vaiades familiarizando cos clásicos de todos os tempos, lede o que vos deixamos a continuación:

"AS PALABRAS SON TODO O QUE TEMOS" (Samuel Beckett)

19/09/10

A HORA DE LER


Esta semana comezaremos na biblioteca as xuntanzas para organizar o mellor posible a HORA DE LER.

Como punto de partida queda aquí esta reflexión que Daniel Pennac escribiu no seu libro
Como unha novela: “Un neno non sente gran curiosidade por perfeccionar un instrumento co que o atormentamos; pero conseguide que ese instrumento sirva ao seu pracer e non tardará en aplicarse a el a pesar voso". (1993).

AGARDAMOS AS VOSAS IDEAS, ESTRATEXIAS E SUXESTIÓNS!!!

17/09/10

BENVID@S UN ANO MÁIS


Hoxe o instituto encheuse de novo de voces e risas. Todos chegabamos nerviosos coma novatos, tanto os que pisaban as aulas por primeira vez coa inseguridade dos primeiros pasos coma os veteranos, contentos, non obstante, de poder contactar de novo cos colegas que levaban tempo sen ver.

Xa nos informaron a todos dos cambios que se van producir este curso, dos profesores que van dar clase nas diferentes aulas, das titorías, dos compañeiros que coincidirán na mesma aula... Pero aínda queda moito por descubrir a partir da semana que vén.

A biblioteca tamén vos garda algunhas sorpresas.

VÉMONOS A SEMANA QUE VÉN!!!!

ETIQUETAS

8-M a lingua acoso-bullying actividadeBiblio actualidade adolescencia Ágora alfin amor animación ApadriñaLector arqueoloxía arte astronomía audio audiovisual autores baile bibliotecas bioloxía blog cartel centenario certames cidades ciencia ciencia-ficción cine club de lectura comic compromiso concertos concursos conferencia congresos contacontos Cosmos cuca cuestionario curta dereitos humanos deseño dicionarios didáctica discapacidade DIVERINTERCULTURAL DiversidadeCultural documentais educación efemérides encontros con escritores enl enlaces enquisas ensaios entrevista entroido exposicións expresión oral familias feminismo ficha filosofía física fomento da lectura fondos formación de usuarios formularios fotografía francés galego Galicia Gastronomía graduación Grego guías HªEscritura HªOlimpiadas historia homenaxe HoraDeLer humor ilustración inglés iniciativas intercambio interculturalidade internet latín letras galegas LIBROS LibrosVivintes linguas estranxeiras literatura manualidades matemáticas medio ambiente microrrelatos mitoloxía mochilas viaxeiras mulleres MUSE museos música nadal narrativa natureza Nobel noticias O CINE O MAR obituario obradoiro Odisea OPINIÓN ortografía P.Cervantes P.Dado Pasapalabra patrimonio PATRIMONIOGALEGO paz pioneiros PLAMBE PlanProxecta poesía premios presentación publicidade química radio Radiofiestra RadioNaBiblio RD25Anos recursos revista roteiros S.C.AntiguaGrecia Samaín saúde semana cultural solidariedade teatro textos tics titoría traballo por proxectos traducción tríptico verán viaxes vídeos violencia de xénero votacións xadrez xeografía xogos XOGOSTRADICIONAIS xornadas xornalismo xubilación

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

ESTATÍSTICAS DE VISITAS

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER