O 8 de febreiro de 1835 nacía en Ponteceso un neno que chegaría a ser coñecido como o Bardo, voceiro da corrente celtista que surxiu na Coruña arredor da Cova Céltica e poeta que quixo facer do galego unha lingua culta.
O Bardo Pondal, influenciado polos historiadores galegos contemporáneos e por diversos materiais librescos, constrúe para Galicia un pasado mítico poboado de heroes, entre os que destaca Breogán, o pai da patria.
Esta poesía de carácter épico, que reivindica as raíces celtas como elemento singular e diferenciador do pobo galego fronte ao resto de España, e que ten no Himno Galego o seu exemplo máis coñecido, foi escrita cunha intencionalidade cívica: devolverlles aos galegos a conciencia da propia identidade e mostrarlles o camiño do futuro.
Pero ademais desta poesía de carácter político, Pondal escribiu tamén outra, máis lírica, que fala do paso do tempo, de liberdade, de nostalxia, de soidade, de misantropía, e nos achega máis ao lado humano do poeta.
Con todo, un elo de ferro vincula ambas liñas poéticas: o amor á terra. Na súa poesía a paisaxe de Bergantiños acada unha presenza transcendental, ben a través da toponimia ben a través da flora e a fauna, especialmente árbores e aves, cos que dialoga, unhas veces co desexo de apreixar os enigmas da nosa historia e outras querendo fundirse con eles, como se pode ver neste poema de Queixumes dos pinos que vos deixamos:Feros corvos de Xallas,
Que vagantes andás
En salvage compaña,
Sin hoxe nin mañán;
Quen poidera ser voso compañeiro,
Pola gandra longal!
Algo de vago e fero,
Do meu ser no profundo
Eu levo, como as brétomas
Dos curatos escuros;
E unha ruda e salvage
Inclinación dos seres vagamundos.
Algo do rudo vento
Que azouta o cabo Ougal;
Do salvage miñato
Que leva o vento soán;
E con nobre ufanía,
O esquivo mato registrando vai!
Algo das vagas brétomas,
Algo das uces altas,
Algo dos libres corzos,
E das feras bandadas
Dos corvos vagamundos,
Que se espallan de Xallas polas gandras.

Ningún comentario:
Publicar un comentario