31/10/20

DO 17-M AO 31-O - DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020: RICARDO CARBALLO CALERO



Este ano 2020, a Real Academia Galega adica o Día das Letras Galegas á figura de Ricardo Carballo Calero.

Trinta anos costou que se lle adicara o Día de las Letras Galegas. A crise sanitaria adiou a celebración do 17 de maio e non é fácil saber se o autor soñaba con ser homenaxeado nesta data: un 31 de outubro. Pero hoxe celebramos a súa obra.

+ info sobre Carballo Calero.

30/10/20

FELIZ SAMAÍN 2020


 Esta fin de semana celebraríamos o Samaín 2020. Como tantas outras celebracións de este ano, toca facelo doutra maneira: con moito coidado e seguindo as indicacións de distancia social, hixiene e responsabilidade. 

NO 110º ANIVERSARIO DE MIGUEL HERNÁNDEZ


 Hoxe conmemórase o 110º aniversario do nacemento en Orihuela do poeta e dramaturgo Miguel Hernández.

[Biografía publicada polo Instituto Cervantes]
De familia humilde, ten que abandoar moi pronto a escola para poñerse a traballar; ainda así desenvolve a súa capacidade para a poesía grazas a ser un gran lector de poesía clásica española. Forma parte da tertulia literaria en Orihuela, donde coñece a Ramón Sijé e establece con él unha gran amizade.

A partir de 1930 comenza a publicar as súas poesías en revistas como El Pueblo de Orihuela ou El Día de Alicante. Na década de 1930 viaxa a Madrid e colabora en distintas publicacións, establecendo relación cos poetas da época. Á súa volta a Orihuela redacta Perito en Lunas (1933), donde reflexa a influencia dos autores que le na súa infancia e os que coñece na súa viaxe a Madrid.

Xa establecido en Madrid, traballa como redactor no diccionario taurino El Cossío e nas Misiones pedagógicas de Alejandro Casona; colabora ademáis en importantes revistas poéticas. Escribe nestes anos os poemas El silbo vulnerado (1934), Imagen de tu huella (1934), e o mais coñecido El Rayo que no cesa (1936).

Toma parte moi activa na Guerra Civil española, e ao terminar ésta intenta sair do país pero é detido na fronteira con Portugal.Condenado a pena de morte, conmútaselle pola de trinta anos pero non chega a cumplila porque morre de tuberculosis o 28 de marzo de 1942 na prisión de Alicante.

Durante a guerra compón Viento del pueblo (1937) e El hombre acecha (1938) cun estilo que se coñeceu como “poesía de guerra”. Na cárcel acabou Cancionero y romancero de ausencias (1938-1941). Na súa obra encóntranse influencias de Garcilaso, Góngora, Quevedo e San Juan de la Cruz.

26/10/20

DÍA DAS BIBLIOTECAS 2020 EN "BIBLIODIESTE": AS BIBLIOS EN TEMPOS DE PANDEMIA



 Quixemos conmemorar o Día das Bibliotecas 2020 recopilando nas distintas linguas estranxeiras que se ensinan no noso centro os consellos prácticos de prevención que estamos xa acostumados a ver e escoitar en galego e castelán por mor da pandemia. Como son estes consellos en...

GREGO E LATÍN





INGLÉS



+ on COVID PREVENTION plus videos (+ sobre prevención COVID en inglés con videos)

FRANCÉS




24/10/20

DÍA DAS BIBLIOTECAS 2020


 Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro, unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas. 

A Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura, a través da Subdirección Xeral  de Coordinación Bibliotecaria, impulsa a celebración do Día das Bibliotecas, este 24 de outubro de 2020. "A edición deste ano, baixo o lema 'Bibliotecas, sempre ao teu carón' céntrase en destacar o importante papel que xogan as bibliotecas ofrecendo acceso á cultura, ao coñecemento e ao entretemento en calquera lugar e circunstancia." Trátase de poñer en valor a capacidade de seguir ofertando servizos en circunstancias tan complexas como as que estamos a vivir.

As bibliotecas escolares galegas amosáronse, e continúan facéndoo, como unha ferramenta ao servizo da comunidade educativa ofrecendo recursos, información e apoio. Cómpre reivindicalo e celebrar que están sempre ao noso carón. 

19/10/20

DÍA DAS ESCRITORAS 2020


 

O Día das Escritoras é unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España en colaboración coa Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.

Como en edicións anteriores, a data elexida é o luns máis cercano á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro. A V Edición celébrase este ano 2020  o 19 de outubro baixo o lema "O esforzo cotián das mulleres". "Ben se podería dicir que a literatura escrita por mulleres está a miúdo esporeada por unha conciencia esencial do esforzo." , explica Elvira Lindo, comisaria desta V Edición do Día das Escritoras 2020.

Desde as bibliotecas escolares propoñen tamén que se visibilice a obra das escritoras galegas e nos dende Bibliodieste anunciamos que, como todos os cursos, no primeiro trimestre faremos unha homenaxe a un escritor galego. Unha vez mais será unha muller, a poetisa galega recientemente falecida LUZ POZO GARZA. Esta homenaxe póstuma será na última semana de decembro.



14/10/20

HORA DE LER 2020-21: HORARIO DO 1º TRIMESTRE


 A actividade da HORA DE LER, comezará o luns 19 de outubro e ata o 4 de decembro para este primeiro trimestre, cun total de nove semanas. 
Lembramos que a Hora de Ler consiste en 20 minutos diarios de lectura en todas as aulas da ESO, a primeira semana a 1ª hora, a segunda semana a 2ª hora e así sucesivamente.
En tempos de pandemia as modalidades poden ser varias:

-MODALIDADE 1: o alumnado trae o seu propio libro da casa ou pídeo en préstamo na biblioteca.  O importante é que todo o alumnado participe na HORA DE LER. Para evitar que se poidan pasar os libros uns aos outros sen control, sería conveniente que o primeiro día puxesen todos un marcapáxinas co seu nome dentro do documento que escollan para ler, e que se queren cambiar de libro transcorran polo menos esas cinco horas que están fixadas para a cuarentena. 

-MODALIDADE 2: proxectar lecturas e que lean da pantalla por turnos.

-MODALIDADE 3: lectura do profesor como modelo, etc

08/10/20

LOUISE GLÜCK, PREMIO NOBEL DE LITERATURA 2020


 Como todos os meses de outubro, a Academia Sueca ven de concederlle o premio Nobel de Literatura 2020 a poetisa norteamericana Louise Glück, "pola súa voz poética indiscutible que con unha beleza austera fai universal a existencia individual".

+ información sobre Louise Glück:

05/10/20

REABRIMOS "BIBLIODIESTE" CURSO 2020-21


 Hoxe luns 5 de outubro reabrimos a nosa biblioteca tras estar pechada durante todo o confinamento dende mediados de marzo para o servicio de préstamos nos recreos.
Reabrimos na nova normalidade, iso quere decir que hai que cumprir unha serie de normas:
A orde para entrar e quedar será pola fila que formedes previamente na porta da biblioteca. 
- Haberá un aforo limitado dun máximo 24 persoas sentadas nas zonas habilitadas e de 8 para recoller/entregar préstamos ou consultasPara coller prestado libros da biblioteca o devolvelos haberá que gardar unha fila coas distancias sinaladas no chan ata a mesa da biblioteca. No chan existe sinalización para colocarse e manter a distancia na cola do préstamo ou consulta.
Puxéronse dúas mamparas, unha para o sitio do profesor e outra para o sitio do alumnado colaborador.
Hai un xel hidroalcohólico á entrada e outro na mesa de préstamo que deberá ser obrigatoriamente utilizado á entrada por todos os usuarios. Hai tamén un spray con desinfectante para mesa, silla, ordenador etc e unha caixa con servilletas de papel. Hai que limpiar as mans con líquido hidroalcóholico e manter a limpeza na mesa.
- Só se poderán utilizar as cadeiras dispoñibles en cada unha das mesas, gardando as distancias marcadas. Nas mesas hai unha pegatina pequena de cor vermella, que sinala o centro onde ten que sentarse o alumno. Só se poderan utilizar os ordenadores marcados e tras ter o permiso do profesor encargado.
A cuarentena dos libros está fixada en 5 horas. Por tanto deixaremos os libros que se usen na sala e os do préstamo no carriño, no día correspondente e non se poderán volver a coller ata o día seguinte.

O equipo de biblioteca este curso está formado por sete profesores:

CARLOS BLANCO DÁVILA (club de lectura)

DORES CASTRO VILLAR (préstamo recreos)

BEATRIZ CUESTA GARCÍA (radio escolar)

RAMÓN NEIRA TENREIRO (préstamo recreo e blog biblioteca: arquivosdotrasno.blogspot.com)

MAR NOCHE DOMEC (rexistro e catalogación + axuda en organización e actividades)

ELOI RODRIGUEZ RODRIGUEZ (préstamo recreos)

MATILDE DE CAL CORTINA (coordinadora)

O alumnado que este curso vai colaborar co equipo é o seguinte:

MIRIAM SOBRADO GIMÉNEZ (B1ºD)

CECIA BAZÁN PAREDES (S3ºD)

PABLO IGLESIAS GARCÍA (S4ºC)

DIEGO IGLESIAS SALGUERO (S3ºC)

EMMA LYSS CASAIS ALEN (S4ºC)

01/10/20

DESPEDIMOS A QUINO, O PAI DE MAFALDA


 



Triste noticia para empezar as publicacións no noso blog neste curso. Pero onte soubemos do pasamento de Quino, Joaquín Salvador Lavado Tejón, humorista gráfico arxentino, pai de famosa Mafalda. O personaxe de Mafalda cumpliu precisamente os 56 anos da súa primeira publicación antonte.

Os contidos de Mafalda adoitan ser máis próximos. Mafalda preocúpase pola política mundial. O humor de Quino é típicamente acedo e cínico e profunda con frecuencia na miseria e o absurdo da condición humana. Outro recurso é a redución ao absurdo de situacións habituais. O enfoque pesimista da realidade non impide que as súas historias estén cheas de tenrura e simpatía polas vítimas da vida.




ETIQUETAS

8-M a lingua acoso-bullying actividadeBiblio actualidade adolescencia Ágora alfin amor animación ApadriñaLector arqueoloxía arte astronomía audio audiovisual autores baile bibliotecas bioloxía blog cartel centenario certames cidades ciencia ciencia-ficción cine club de lectura comic compromiso concertos concursos conferencia congresos contacontos Cosmos cuca cuestionario curta dereitos humanos deseño dicionarios didáctica discapacidade DIVERINTERCULTURAL DiversidadeCultural documentais educación efemérides encontros con escritores enl enlaces enquisas ensaios entrevista entroido exposicións expresión oral familias feminismo ficha filosofía física fomento da lectura fondos formación de usuarios formularios fotografía francés galego Galicia Gastronomía graduación Grego guías HªEscritura HªOlimpiadas historia homenaxe HoraDeLer humor ilustración inglés iniciativas intercambio interculturalidade internet latín letras galegas LIBROS LibrosVivintes linguas estranxeiras literatura manualidades matemáticas medio ambiente microrrelatos mitoloxía mochilas viaxeiras mulleres MUSE museos música nadal narrativa natureza Nobel noticias O CINE O MAR obituario obradoiro Odisea OPINIÓN ortografía P.Cervantes P.Dado Pasapalabra patrimonio PATRIMONIOGALEGO paz pioneiros PLAMBE PlanProxecta poesía premios presentación publicidade química radio Radiofiestra RadioNaBiblio RD25Anos recursos revista roteiros S.C.AntiguaGrecia Samaín saúde semana cultural solidariedade teatro textos tics titoría traballo por proxectos traducción tríptico verán viaxes vídeos violencia de xénero votacións xadrez xeografía xogos XOGOSTRADICIONAIS xornadas xornalismo xubilación

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

ESTATÍSTICAS DE VISITAS

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER