31/01/20

CONMEMORANDO O BICENTENARIO DE CONCEPCIÓN ARENAL EN BIBLIODIESTE

Cartel anunciador do Bicentenario

Hoxe celebramos o bicentenario do nacemento da ferrolana CONCEPCIÓN ARENAL (Ferrol 31 xaneiro 1820 / 4 febreiro 1893) e imos recordala dende Bibliodieste con diferentes actividades a longo dos vindeiros días.
Porque Concepción Arenal foi unha precursora e pioneira na defensa do papel da muller en todos os ámbitos. Loitou pola igualdade entre homes e mulleres nunha época na que a educación era única e exclusivamente para os homes.


Durante este tributo imos expoñer libros seus e faremos (o vindeiro martes 4 de febreiro) un programa sobre ela en RadioFiestra, entrevistando a unha coñecedora da súa vida e obra coa profesora de Filosofía África López.
De todo isto, ampliaremos información.

29/01/20

UNHA VELLA CABINA DE TELÉFONO É AGORA UNHA MINIBIBLIO EN A CORUÑA


O pasado 24 de outubro, Día das Bibliotecas, expuxemos exemplos de bibliotecas peculiares (aquí) e mostramos exemplos de bibliotecas en cabinas teléfonicas reconvertidas ao bookcrossing en Inglaterra (aquí).
Pois resulta que non temos que ir tan lonxe para atopar exemplos. Aquí en Coruña tamén temos un caso de reciclaxe dunha antiga cabina de teléfonos, está na Cidade Vella e podedes ler sobre ela neste artigo:

[Por Brais Capelán en 'Quincemil'. Fotos do mesmo artigo por Picado]







Unha cabina de teléfonos da Cidade Vella de A Coruña, convertida en biblioteca


20/01/20

OBRADOIRO DE RADIO


Hoxe, luns 20 de xaneiro, tivo lugar a formación do alumnado que quere participar na radio do Instituto "RADIOFIESTRA". 25 rapaces e rapazas de todos os cursos asistiron ao obradoiro impartido por Luís, de radio Espora. Aprendemos como sacar partido á radio escolar, como traballar os contidos das materias, como gravar, como locutar…en fin un montón de cousas interesantes.
Para os alumnos e alumnas que quedastes na lista de espera faranse formacións nalgúns recreos. Pedide información na Biblioteca.


17/01/20

ÁNGEL CARRACEDO, UNHA EMINENCIA DA MEDICINA HOXE NO 'RAFAEL DIESTE'


Hoxe á mañá tivemos a sorte no instituto de contar coa presencia do Doutor en Medicina Ángel Carracedo que veu dar unha conferencia, "De xenética e estrelas...",  ao alumnado de ciencias de 4ºESO, 1º e 2ºBAC. Todo un luxo para o noso centro. Actividade organizada pola profesora do Departamento de Ciencias, Marisa Castiñeiras. 
Como outras visitas ilustres ao instituto, deixou firmada un dos seus traballos que pasará a gardarse xunto cos outros na nosa biblioteca. 
Ligazón a máis fotos do acto. AQUÍ.


Máis información sobre a biografía de Ángel Carracedo @ RafaelDiesteBlog

CAMPIONATO DE XADREZ 2020 NA BIBLIOTECA


Este luns 20 de xaneiro empeza o Campionato de Xadrez 2020 no 'Rafael Dieste'. Todas as partidas se xogarán no segundo recreo na Biblioteca.
Durante a semana do 13 ao 17 de xaneiro houbo xa clases de aprendizaxe tamén durante os segundos recreos.

Normas das partidas rápidas:

1- Tempo 10 minutos (5 para cada un dos xogadores).

2- Gaña cada partida a persoa que da xaque mate ao seu contrincante.

3- Se rematara o tempo dun xogador antes de que haxa xaque mate, perde quen esgotou o seu tempo (5 minutos) independentemente das pezas con que conte cada xogador.

4- A partida remata en tablas/empate se:
- un deles da xaque continuo ao seu contricante.
- só quedan os reis no taboleiro
- cando o xogador que debe mover non poder facer ningunha xogada e o seu rei non está en xaque (rei afogado).
- cando non hai pezas dabondo para que se poida dar xaque mate: un so cabalo, un so bispo, torre e rei contra torre e rei, dama e rei contra dama e rei.

5- Cada partida gañada é un punto. O empate supón 0'5 para cada contrincante.

6- Clasifícase o equipo que teña mais puntos.

7- Haberá dúas fases eliminatorias e unha terceira de liguilla, na que xogarán entre sí os mellores participantes.

Aquelas persoas que non se presenten sen aviso previo, quedarán eliminadas do torneo.
Todos os participantes que xoguen as súas partidas o día que lles toca, levarán un agasallo ao final do torneo. Os dous gañadores terán un premio especial. A persoa gañadora poderá participar contra os gañadores doutros institutos nun torneo intercentros.

Esta actividade está organizada polos Departamentos de Matemáticas, Filosofía e a Biblioteca do IES 'Rafael Dieste'.

15/01/20

EXPO DE CÉLULAS HUMANAS


Estes días temos expostos en distintos lugares do noso centro (entre eles a nosa biblioteca, pero tamén na aula de Bioloxía 110, secretaría e despacho de vicedirección-secretaría) unha exposición de traballos elaborados por alumnado de 3ºESO B, C e D nas clases da profesora María José Suárez Baulde, que reproducen células especializadas do corpo humán: un micocito ou célular muscular, un adipocito ou célula de grasa, un espermatozoide ou célula sexual masculina, unha neurona ou célula nerviosa.
Aquí tedes as fotos pero podedes pasar a velas nos lugares indicados.



07/01/20

CALENDARIO HORA DE LER NO 2ºTRIMESTRE 2019-20


Benvidos de volta ás clases. Queremos recordarvos o calendario da Hora de Ler para este 2º trimestre do curso 2019-20. Empezamos estes tres días coa 4ªhora para ir continuando a rotación das semanas como habitualmente.

ETIQUETAS

8-M a lingua acoso-bullying actividadeBiblio actualidade adolescencia Ágora alfin amor animación ApadriñaLector arqueoloxía arte astronomía audio audiovisual autores baile bibliotecas bioloxía blog cartel centenario certames cidades ciencia ciencia-ficción cine club de lectura comic compromiso concertos concursos conferencia congresos contacontos Cosmos cuca cuestionario curta dereitos humanos deseño dicionarios didáctica discapacidade DIVERINTERCULTURAL DiversidadeCultural documentais educación efemérides encontros con escritores enl enlaces enquisas ensaios entrevista entroido exposicións expresión oral familias feminismo ficha filosofía física fomento da lectura fondos formación de usuarios formularios fotografía francés galego Galicia Gastronomía graduación Grego guías HªEscritura HªOlimpiadas historia homenaxe HoraDeLer humor ilustración inglés iniciativas intercambio interculturalidade internet latín letras galegas LIBROS LibrosVivintes linguas estranxeiras literatura manualidades matemáticas medio ambiente microrrelatos mitoloxía mochilas viaxeiras mulleres MUSE museos música nadal narrativa natureza Nobel noticias O CINE O MAR obituario obradoiro Odisea OPINIÓN ortografía P.Cervantes P.Dado Pasapalabra patrimonio PATRIMONIOGALEGO paz pioneiros PLAMBE PlanProxecta poesía premios presentación publicidade química radio Radiofiestra RadioNaBiblio RD25Anos recursos revista roteiros S.C.AntiguaGrecia Samaín saúde semana cultural solidariedade teatro textos tics titoría traballo por proxectos traducción tríptico verán viaxes vídeos violencia de xénero votacións xadrez xeografía xogos XOGOSTRADICIONAIS xornadas xornalismo xubilación

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

ESTATÍSTICAS DE VISITAS

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER