Amosando publicacións coa etiqueta PLAMBE. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PLAMBE. Amosar todas as publicacións

15/04/21

ENCONTROS PLAMBE 2021


 Hoxe xoves 15 e mañá venres 16, celebranse os Encontros do PLAMBE (Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares) 2021.
De novo, son de forma telemática en sesións de tarde de 16 a 20 horas.

20/11/20

"BIBLIODIESTE" MOLA!



 Esta semana a nosa coordinadora da Biblioteca, Matilde de Cal, asistiu telemáticamente aos ENCONTROS DO PLAMBE (Plan de Bibliotecas Escolares) e atopouse cunha agradable sorpresa ao vernos mencionados nun estudio dunhas expertas catalás, entre elas Mónica Baró. Aparecemos citados nun comentario dunha profesora de primaria despois dunha visita de alumnado de 6º primaria á nosa biblioteca. 
Un comentario positivo que nos fai sentir moi orgullosos do traballo que estamos a facer e da biblioteca que temos. (Podedes ver o comentario na imaxe).

05/04/16

ENCONTROS DO PLAMBE 2016 EN COMPOSTELA

 Os vindeiros días 7 e 8 de abril terán lugar en Santiago de Compostela os "ENCONTROS DO PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES 2015/2016".

Trátase do encontro anual do profesorado que xestiona e coordina as Bibliotecas Escolares do PLAMBE.


09/03/13

ENCONTROS DO PLAMBE

Onte celebráronse no Palacio de Congresos de Santiago os Encontros anuais do PLAMBE, aos que asistimos os coordinadores de biblioteca dos 504 centros que actualmente pertencemos a este proxecto.
 
-Pola mañá asistimos á charla de Josep Manuel Pérez Tornero "Novos medios, novas alfabetizacións: estratexias e prácticas", da que destaco estas reflexións: 
   .Lemos en términos mediáticos: no móvil temos a información instantánea en calquer momento e case en calquera lugar.
   .non debemos depender da tecnoloxía senón que esta debe ser un instrumento noso e de inclusión social.
   .temos que ser rebeldes co sistema, reinventarnos, defender a lingoaxe da realidade, non a lingoaxe politicamente correcta.
   .o pivote da educacion está no equilibrio entre conservación e innovación.
Despois da charla chegou o momento das experiencias en centros. Elixin dúas:
   .Traballando sen libros de texto - CEIP Os Muinhos (Muxia)
   .Traballando con proxectos de ciencias - IES de Ames (A Corunha)
 
-Pola tarde tiveron lugar as reunións por zonas. Na zona d´A Coruña tratamos a presenza de profesorado e temáticas de ciencias nas actividades das bibliotecas; a biblioteca como compensadora de desigualdades sociais; a incorporación dos libros electrónicos á biblioteca; a hora de ler; os instrumentos de avaliación e a necesidade de establecer micro-redes entre as bibliotecas.


Finalmente no acto de clausura poidemos disfrutar dunha conferencia de Agustin Fernandez Paz na que nos falou das súas experiencias lectoras da nenez, da importancia das narracions orais,dos poucos libros que había na escola de enton, e os moitos tebeos: a forza motriz da lectura estaba na casa. Tamén leu citas para apoiar a importancia da narración no ser humano. Baixo o lema "agora entramos nós" referiuse aos mestres como factor de compensación para aqueles nenos aos que non lle contaron contos na casa, pero tendo en conta que o encontro da lectura darase se non se fai como exercicio. Afirmou que moitos lectores paran de ler na adolescencia, que cada etapa precisa de libros específicos, que a lectura en voz alta do profesor nunca é unha perda de tempo, que a escola debe propor boas lecturas, aínda que tampouco están de máis as lecturas banais. 
 
 
Entre as sesións da mañá e as da tarde houbo un tempo para intercambiar ideas, compartir traballos e, mesmo, inquedanzas e reivindicacións cunha taza de café ¡o mellor momento do día!

14/04/11

ENCONTROS DO PLAMBE

Os días 7 e 8 de abril celebráronse no Palacio de Congresos de Santiago os Encontros do PLAMBE. O xoves reunímonos aqueles centros que entramos a formar parte este ano por primeira vez do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares, ao redor de 75 centros. Faláronnos de cómo, por qué, para qué as bibliotecas escolares, do uso da páxina web de Meiga, dos fondos que debe ter a colección, de novidades tecnolóxicas. En fin, que acabamos un tanto "agobiados" polo traballo que se nos vén enriba: a renovación do PLAMBE o día 5 de maio, a memoria o 10 de xuño e, por medio unha morea de actividades, incluída a semana intercultural no noso centro. Pero entón veu a cea e, con ela, a música, a charla entre nós, a catarse. Aínda que din que "mal de muchos consuelo de tontos", a verdade é que consola ver que todos estamos igual. Ademais desa charla xurdiron colaboracións interesantes.
O día seguinte, xa todos xuntos, os 374 centros do PLAMBE, faláronnos de avaliación, reunímonos por zonas para intercambiar puntos de vista e futuras colaboracións, visitamos a exposición de tantos traballos que facemos actualmente desde as bibliotecas dos centros, comimos e tomamos café sentados no campo. A guinda final foi NEIRA VILAS, que gustazo escoitalo falar! Conserva aos seus 82 anos unha mente moi lúcida e unha conversa amena e chea de optimismo e vitalidade. Pediu perdón por estar vivo, MAIS EU AGRADÉZOLLO porque tiven a ocasión de asistir a unha charla moi agradable.
Como non levei a cámara de fotos, déixovos esta reportaxe fotográfica tomada prestada do blog o segrel do penedo, e un enlace ao espazo Moodle de Bibliotecas Escolares para que vexades a información.

ETIQUETAS

8-M ApadriñaLector Cosmos DIVERINTERCULTURAL DiversidadeCultural Galicia Gastronomía Grego HoraDeLer HªEscritura HªOlimpiadas LIBROS LibrosVivintes MUSE Nobel O CINE O MAR OPINIÓN Odisea P.Cervantes P.Dado PATRIMONIOGALEGO PLAMBE Pasapalabra PlanProxecta RD25Anos RadioNaBiblio Radiofiestra S.C.AntiguaGrecia Samaín XOGOSTRADICIONAIS a lingua acoso-bullying actividadeBiblio actualidade adolescencia alfin amor animación arqueoloxía arte astronomía audio audiovisual autores baile bibliotecas bioloxía blog cartel centenario certames cidades ciencia ciencia-ficción cine club de lectura comic compromiso concertos concursos conferencia congresos contacontos cuca cuestionario curta dereitos humanos deseño dicionarios didáctica discapacidade documentais educación efemérides encontros con escritores enl enlaces enquisas ensaios entrevista entroido exposicións expresión oral familias feminismo ficha filosofía fomento da lectura fondos formación de usuarios formularios fotografía francés física galego graduación guías historia homenaxe humor ilustración inglés iniciativas intercambio interculturalidade internet latín letras galegas linguas estranxeiras literatura manualidades matemáticas medio ambiente microrrelatos mitoloxía mochilas viaxeiras mulleres museos música nadal narrativa natureza noticias obituario obradoiro ortografía patrimonio paz pioneiros poesía premios presentación publicidade química radio recursos revista roteiros saúde semana cultural solidariedade teatro textos tics titoría traballo por proxectos traducción tríptico verán viaxes violencia de xénero votacións vídeos xadrez xeografía xogos xornadas xornalismo xubilación Ágora

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

ESTATÍSTICAS DE VISITAS

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER