3) PROGRAMA DE 'RADIOFIESTRA': LUZ POZO SEGUNDO OLGA PATIÑO. [Segunda entrega da homenaxe que realizamos no IES Rafael Dieste a Luz Pozo, esta vez, da man da escritora Olga Patiño, quen comparte con nós as súas vivencias, lembranzas e a pegada que nela deixaron os momentos compartidos con Luz Pozo. Presentan o programa Emma e Kamille, asiduas xolaboradoras de Radiofiestra.]
Quixemos conmemorar o Día das Bibliotecas 2020 recopilando nas distintas linguas estranxeiras que se ensinan no noso centro os consellos prácticos de prevención que estamos xa acostumados a ver e escoitar en galego e castelán por mor da pandemia. Como son estes consellos en...
O Departamento de Grego con motivo da X Semana Cultural 'O CINE' preparou co seu alumnado da materia de Cultura Clásica dúas actividades:
- A primeira consistiu nunha homenaxe ao teatro grego, principal actividade audiovisual da Grecia antiga, coa representación de dúas partes da traxedia de Eurípides "As Bacantes". En concreto representouse o monólogo inicial do deus Dionisio reclamando a súa identidade ante a cidade de Tebas, e o posterior agón dialéctico entre o rei Penteo e Dionisio. Este enfrontamento, debido a que o rei rexeita os ritos deste deus, termina co apresamento de Dionisio, que finalmente se liberará e enlouquecerá ao rei como vinganza. Agradecemos aos alumnos a súa participación nesta actividade, moi especialmente a Adrián Jiménez, alumno de Cultura Clásica de 4ºC, que interpretou ao deus Dionisio.
- A segunda consistiu na realización de presentacións audiovisuais sobre os deuses gregos, mediante a elaboración de videos con imaxes, texto e música. Proexectáronse como exemplos as do deus Poseidón e a deusa Hera. Video:
A exposición do
departamento de Grego para a materia de ITI de 2º ESO foi
elaborada como práctica da explicación de cómo
se fai unha infografía, é dicir, unha presentación
tipo póster con información seleccionada e
hipervínculos ou enlaces para poder ampliar algúns
aspectos. Eliximos o tema do cine como forma de traer o tema da
semana cultural ao currículo da materia. Cada alumno enfocou o
tema do cine con total liberdade.
Onte, alumnado (41) de Cultura Clásica e Latín de 4ºESO e de Latín e Grego de Bacharelato do noso centro participaron nunha excursión de xornada completa coordinada polos Departamentos de Latín e Grego para estudar as pegadas da romanización e asistir a dúas obras de teatro: a traxedia As Troianas de Eurípides e a comedia Anfitrión de Plauto.
Nesta segunda foto o noso alumno de 4ºC Adrián Jiménez vestido de Taltibio, o heraldo de Agamenón, na traxedia As Troianas que se representou hoxe en Lugo.
Esta mañá o alumnado de 4º da ESO e 1ºBAC-C tiveron a oportunidade de ver a representación de "ANTÍGONA" en galego por parte dos membros do grupo de teatro "Sin ir más lejos" da Casa de Castilla-A Mancha de A Coruña.
Durante estes primeiros días da semana cultural o departamento de Grego montou un stand no que o alumnado de Grego de 1º de Bacharelato, e o de ITI de 2º de ESO explicou a outros grupos as características principais da gastronomía grega antiga e moderna. Ao final destas exposicións, nos recreos, ofrecimos diferentes platos de comida grega, como: SAGANAKI, BAKLAVÁ, HUMMUS, TZATZIKI, MUSAKA, TARTALETAS DE QUESO E IOGUR CON MEL, todo acompañado por pan de pita e preparado polos alumnos de Cultura Clásica de 4º de ESO. Aqui tedes algunhas fotos da decoración do stand e da degustación gastronómica.
MÉRCORES: 10.10-11.20 (musaka) // 11.20-12.30 (tartaletas de queso)
O alumnado será o encargado de explicar as características e produtos de Grecia, así como de elaborar receitas diferentes cada día de apertura.
Para poder asistir debedes anotarvos na folla de reserva que mandou ao correo o equipo de biblioteca. Como só abrimos cinco períodos, decidimos ampliar dous pases máis no salón de actos, serán o venres a segunda e terceira hora.