21/12/19

INAUGURAMOS "RADIOFIESTRA": O PRIMEIRO PROGRAMA, UNA ENTREVISTA A PILAR PALLARÉS


O pasado xoves inauguramos as emisións de "RADIOFIESTRA" cunha convidada moi especial. Aproveitando o acto de homenaxe á Pilar Pallarés, Premio Nacional de Poesía 2019, no noso instituto fixémoslle unha entrevista na nosa nova emisora.


A partir de agora, poderes acceder aos programas de "RadioFiestra" na ligazón que teremos na columna dereita deste blogue picando neste icono:


19/12/19

GALERÍA DE FOTOS DA HOMENAXE A PILAR PALLARÉS EN DETALLE

Máis fotos do acto de homenaxe a Pilar Pallarés celebrado hoxe no noso instituto que completa a entrada previa.

A prensa local recolle o evento en "La Opinión de A Coruña": 


Alumnado recita diferentes poemas de Pilar:









O profesor de Francés do noso centro Carlos Lens, foi alumno de Pilar Pallarés no instituto de Zalaeta, e quixo recordar a súa experiencia con ela sendo a súa profesora de lingua e literatura galegas en 3ºBUP, con moito cariño e admiración.




























Profesorado que tamén recita as súas poesías:


O tamén ex-profesor de galego César Morán interpreta cantando unha poesía de Pilar:


Entrega de agasallos e agradecementos:


Pilar firma no noso libro de ilustres autores visitantes:

Pilar Pallarés foi a nosa primeira invitada no estreno de "Radiofiestra", a nosa 'Radio na Biblio':

PILAR PALLARÉS, PREMIO NACIONAL DE POESÍA 2019, DE VISITA HOXE NO 'RAFAEL DIESTE'


A coordinadora de Biblioteca Matilde de  Cal na presentación do acto de homenaxe.

Pilar Pallarés entre os profesores de galego César Morán (esquerda) e o Xefe de Departamento de Galego do noso centro Eloi Rodríguez (dereita).


Hoxe, dentro das homenaxes que cada curso facemos dende a nosa biblioteca a distintos autores galegos, recibimos á Premio Nacional de Poesía 2019, PILAR PALLARÉS. Veciña da nosa cidade e que tamén foi profesora de instituto.

Alumnado de 4ºESO, 1º e 2ºBAC acudirán ao salón de actos para escoitar unha presentación sobre esta autora e o recitado de poesías por parte dalgún alumnado, e tamén a interpretación cantada dalgún poema seu por parte de César Morán. E por último, a propia Pilar falará para todos nos.

É a primeira vez que recibimos en vivo á persoa que homenaxeamos e doblemente nun ano no que foi premiada con tan importante galardón. 

Pasapalabra sobre Pilar Pallarés: 

15/12/19

A NOSA RADIO XA TEN NOME: "RADIOFIESTRA"


Xa temos nome para a nosa radio: 

"RADIOFIESTRA"

De todas as suxestións que recibimos, está é a selecionada. O seu autor, SERGIO POUSADA, de 1º de Bacharelato C lémbranos coa súa  proposta que unha das principais obras do escritor Rafael Dieste titulase "A Fiestra Valdeira".

Grazas a todos e todas pola participación!

05/12/19

XI SEMANA CULTURAL 2020: O MAR


Este curso o tema para a nosa decimo primeira Semana Cultural é:

O MAR

Un tema moi amplo no que podemos traballar, estamos abertos ás vosas suxestións...

A semana cultural será este curso entre o 30 de marzo e o 3 de abril.

Video "MAREAS VIVAS", Mercedes Peón:


25/11/19

'BIBLIODIESTE' NO 25-N 2019: DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES





Un ano mais 'BiblioDieste' quere participar na conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Temos preparado este mural ás portas da nosa biblioteca e esta 'Escaleira da Violencia de Xénero' para intentar concienciar do problema dentro das actividades que o centro preparou.



25 de novembro de 2019, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

Para sinalar e conmemorar esta data haberá unha concentración do alumnado no patio central ás 12:00 para a lectura dun comunicado de concienciación elaborado polo alumnado de 1º de Bacharelato. 

Fotos da concentración no recreo a continuación.





Entrada xemelga @ IESRafaelDiesteBlog
Versión en inglés @ ClickOnEnglish

18/11/19

OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SUSTENTABLE DENDE AS BIBLIOTECAS


Dende o ámbito bibliotecario considéranse importantes os Obxectivos da Axenda 2030 para constituir as bibliotecas como espazos para ofrecer acceso e oportunidades para todas as persoas. Fomentando unha educación de calidade, unha protección do patrimonio, a inclusión do acceso ás tecnoloxías da información e a comunicación.
Na seguinte ligazón hai toda a información sobre este tema: 

15/11/19

PREMIO CERVANTES 2019: JOAN MARGARIT


O poeta catalán Joan Margarit ven de gañar onte o Premio Cervantes 2019, o premio máis relevante das letras en castelán que concede o Ministerio de Cultura, na súa edición número 44.
 O xurado asegurou que Margarit "enriqueceu tanto a lingua castelá como a catalana (as dúas nas que escribe) e representa a pluralidade da cultura peninsular".

Ellas no te abandonarán.
El tiempo pasará, se borrará el deseo
-esta flecha de sombra-
y los sensuales rostros, bellos e inteligentes,
se ocultarán en ti, al fondo de un espejo.
Caerán los años. Te cansarán los libros.
Descenderás aún más
e, incluso, perderás la poesía.
El ruido de ciudad en los cristales
acabará por ser tu única música,
y las cartas de amor que habrás guardado
serán tu última literatura.
- No tires las cartas de amor (1998)

14/11/19

CONVOCATORIA CONCURSO: A RADIO DO DIESTE BUSCA NOME



Buscamos nome para a radio do instituto e precisamos da túa colaboración. Inspírate no noso o trasno radiofónico, na toponimia, no instituto, no que ti queiras e manda a túa proposta ao correo da Biblioteca: bibliodieste21@gmail.com
Tes ata o 13 de decembro para participar. Lembra poñer o teu nome, apelidos e curso.
O/A gañador/a leva premio!

08/11/19

RECIBIMOS A JOSÉ OVEJERO


Os profesores de lingua e literatura e alumnado de 2ºBAC do noso centro recibimos hoxe ao escritor José Ovejero quen ofreceu una conferencia sobre o seu traballo a todos eles.

07/11/19

RECOMÉNDOCHE...


En BiblioDieste rematamos a celebración do o Día das Bibliotecas Escolares -no noso caso, o mes- facendolle unha pregunta a a parte do alumnado de 1º e 2º da ESO:

Que libro lle recomendarías aos teus compañeiros e compañeiras?

Con todas esas interesantísimas recomendacións fixemos debuxos e un vídeo onde podes inspirarte se non tes claro que ler. 

Video: RECOMÉNDOCHE:


01/11/19

BIBLIOTECAS ESCOLARES 2019: VIVEIRO DE CIDADANÍA


Aquí tedes o cartel (diseñado por Óscar Villán) e lema para as Bibliotecas Escolares durante este curso 2019-20. Bibliotecas Viveiro de Cidadanía.
+ info.

31/10/19

A CORUÑESA PILAR PALLARÉS, PREMIO NACIONAL DE POESÍA 2019

Foto: Víctor Echave para 'La Opinión de A Coruña'

Hoxe informouse que a coruñesa Pilar Pallarés gañou o Premio Nacional de Poesía 2019 pola súa obra "TEMPO FÓSIL". Licenciada en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago, traballou como profesora de Lingua e Literatura Galegas nun instituto de cidade e colabora en distintos medios de comunicación.

+ info: 
- 'La Opinión de A Coruña' A coruñesa Pilar Pallarés, Premio Nacional de Poesía

SAMAÍN 2019: ORIXES DAS TRADICIÓNS


[Texto orixinal publicado en 'Orgullo Galego']
Estes días estades a pedir unha reflexión sobre Samaín, Halloween, Defuntos e todo o que se encontra arredor disto. Queremos aclarar que nós non somos expertos nesta cuestión polo que o que imos expor nesta publicación está baseado nos nosos pequenos coñecementos, na lectura de documentos e na tradición oral dos nosos maiores polo que podemos cometer erros e obviamente non podemos detallar con profesionalidade estas tradicións. Agardamos que vos aporte algo e poidades darlle difusión.

Primeiro: Que é Halloween?
All Hallows' Evening ou Noite de tódolos Santos é unha festa anual que se celebra principalmente nos Estados Unidos na noite do día 31 de outubro. A verba «Halloween» é usada como tal por vez primeira no século XVI, e provén dunha variación escocesa da expresión inglesa «All Hallows' Even» (tamén usada «All Hallows' Eve») que significa «véspera de Todos os Santos». O Halloween ten a súa orixe na festividade céltica coñecida como Samaín (forma galega de Samhain, que deriva do irlandés antigo e significa fin do verán. No Samaín celebrábase o final da tempada de colleitas na cultura celta e era considerada como o «Aninovo celta», que comezaba coa estación escura. Os antigos celtas crían que a liña que liga este mundo co Outro Mundo estreitábase coa chegada do Samaín, permitindo aos espíritos (tanto bos como maos) pasar a través. Os antergos familiares eran convidados e homenaxeados mentres que os espíritos daniños eran afastados. Disque o uso de traxes e máscaras débese á necesidade de facer fuxir os maos espíritos. En 1840 esta festividade chega aos Estados Unidos e ao Canadá, onde fica fortemente arraigada. Os inmigrantes irlandeses transmitiron versións da tradición durante a Gran Fame irlandesa. Foron eles quen espallaron o costume de tallar os jack-o'-lantern (calacús ocos cunha candea dentro).
Segundo: Samaín en Galicia
En Galicia o termo Samaín é un préstamo do gaélico-irlandés para unificar as diferentes denominacións existentes arredor deste festexo tradicional como pode ser Noite dos Calacús, Noite dos Mortos, Noite Meiga, Noite das Ánimas ou incluso Magosto o cal se pensa que é o herdeiro directo desta festividade pagá. En Galicia esta data tiña moito peso, a vinculación da nosa cultura coa morte e o mundo das ánimas é enorme inda que na actualidade moitas tradicións case desapareceron, temos testigos orais e documentación escrita que recollen a súa presenza na sociedade galega ata os anos 80 e 90.
Que era tradicional nesta época?. Tallar nabos e cabazas para colocalos nos cruces de camiños, nas portas das casas ou mesmo nos cemiterios. Tamén as Constitucións Sinodais de 1541 do bispo de Mondoñedo, Antonio de Guevara recollen a incomodidade da igrexa perante a tradición da sociedade galega consistente en pedir pan, carne, viño, freixós, pixóns e outras cousas e mesmo facer ofrendas con estes alimentos aos seus finados. Temos moitísimas tradicións relacionadas coa morte que persistiron na cultura galega ao longo dos séculos como o da Santa Compaña e outras que podedes ver estes días nas nosas publicacións. Destacar tamén que moitos séculos atrás a sociedade galaica colocaba os cráneos dos inimigos nos cruces de camiños e unha tradición moi extendida na sociedade galega era a de preparar a comida para os defuntos que nos viñan visitar esa noite.

Terceiro: Día dos Fieis Defuntos
A data escollida relaciónase con festividades pagás europeas coma o Samaín ou o magosto. Segundo León Denis, o estabelecemento dunha data específica para a conmemoración dos mortos é unha iniciativa dos druídas, persoas encargadas das tarefas de aconsellamento, ensino, xurídicas e filosóficas dentro da sociedade celta, que creían na continuación da existencia despois da morte. Reuníanse nos lares, e non nos cemiterios, no primeiro día de novembro, para homenaxear e evocar os mortos. Na lareira da casa colócanse cirios ou lámpadas de aceite polas ánimas dos mortos. En Cambados, por exemplo, crese que o día de defuntos non se debe ir ao mar para evitar coller mortos ou os seus restos na rede [6]. En Tui e noutros concellos tiñan o costume de botar un gran leño ao lume para que as ánimas dos devanceiros mortos puidesen quentarse, rito celta que adoita celebrarse normalmente no Nadal, é o chamado tizón de Nadal. As celebracións de Defuntos mestúranse nun turbio pasado coas celebracións pagás do Samaín, recuperadas dende hai pouco en Galicia, e dos magostos (quizais o vestixio pagán máis propio).
Cuarto: Os magostos
Unha celebración tradicional de Galicia que está estreitamente relacionada co que estamos a explicar é o magosto que tamén ten un simbolismo de festa dedicada ós nosos defuntos, non por nada a súa celebración coincide co mes de Santos. Polo San Martiño, no mes de novembro, as castañas xa maduras empezan a abri-los ourizos e a caer ó chan. Comeza entón a época dos magostos en Galicia. Esta celebración simbólico-culinaria cínguese normalmente ás datas comprendidas entre o 1 de novembro —Día de Tódolos Santos— e o 11 de novembro —festividade de San Martiño—, aínda que tamén se poden celebrar nos días anteriores ou posteriores a estas datas ou mesmo dende mediados de outubro ata mediados de novembro. O portugués Leite de Vasconcelos consideraba o magosto como un vestixio dun antigo sacrificio en honor dos mortos e refire que en Barqueiros era tradición preparar, a media noite, unha mesa con castañas para que os defuntos da familia fosen comer; ó día seguinte ninguén tocaba esas castañas pois críase que estaban “babadas dos defuntos”.
En canto ó aspecto simbólico dos froitos típicos do magosto, a castaña podería simboliza-la inmortalidade ó ser un froito que provén dunha árbore de longa vida. En Galicia era costume —e aínda o é en moitas aldeas de Ourense— durante estas celebracións mancha-la cara coa borralla do lume. Alexander Carmichael fálanos da celebración da festividade céltica do Samaín en Escocia durante o século XIX e afirma que na véspera desta data se acendían fogueiras nos claros do bosque para a celebración dunha especie de xuntanza lúdica da que se volvía coa cara manchada pola borralla das cinzas da fogueira, práctica que buscaba simular unha aparencia fantasmal que asustase os veciños cando, xa entrada a noite, volvían para as aldeas. Curiosamente, é o mesmo costume que aínda se mantén na celebración dos magostos na nosa terra. Nos magostos tamén era frecuente a realización doutros tipos de xogos como saltar por riba da fogueira para purificarse —como se fai na noite de San Xoán—, contar historias ou cantar e bailar.

En resumo, foi no século IX cando a Igrexa destinou o primeiro de novembro ó día de Tódolos Santos e no século XII o día seguinte como Día de Defuntos, cristianizando deste xeito as antigas festas pagás dos mortos. En Galicia os nenos percorrían nestas datas as casas da aldea pedindo carne, pan, viño e doces, que gardaban nas súas bolsas para consumilos despois nas súas casas. Este costume, que hoxe nos parece propio do Halloween americano pero que nace en Europa, era tradición común en Galicia ata tal punto que no século XVI o inquisidor, humanista e bispo de Mondoñedo Frei Antonio de Guevara sancionou este tradicional costume. Malia as prohibicións e os intentos anatemizantes da Igrexa, moitas destas crenzas e tradicións perduraron ata os nosos días mesturadas co cristianismo e integradas como algo normal e típico da Noite de Defuntos, Das Ánimas, Dos Calacús ou Das Meigas.
Podemos concluir entón o seguinte:
1.O Halloween foi exportado aos Estados Unidos pola inmigración Irlandesa pero non deixa de ser o Samaín que se celebraba en Irlanda, Escocia, Galicia ou Bretaña. Na actualidade ten un cariz consumista e moitas asociacións loitan para recuperar as verdadeiras tradicións.
2.Samaín en Galicia: Na nosa terra celebramos esta tradicións desde hai moitísimos séculos, na actualidade denomínase Samaín mais según a zona podemos coñecelo como Noite das Ánimas, Noite Meiga, Noite dos Calacús, Noite dos Mortos, Defuntos ou mesmo Magosto.

25/10/19

ROTEIRO POLA CIDADE CON XURXO SOUTO


O escritor, cantante, actor e profesor coruñés Xurxo Souto acompañou ao noso alumnado dos tres grupos de 1ºBAC a un roteiro cultural pola cidade vella nestes dous últimos días.
Precisamente Xurxo estivo facendo unha sustitución como profesor de latín no noso centro estes días.

XORNADA "BIBLIOTECA CREATIVA" EN SANTIAGO: PREPARANDO A "RADIO NA BIBLIO"

Foto: Matilde, Pablo Portabales* e Beatriz nas xornadas

O programa "Radio na Biblio" arranca hoxe coa xornada "Biblioteca creativa. Comunicación e cidadanía" en Santiago de Compostela. A coordinadora da biblioteca do instituto, Matilde De Cal, e a profesora Beatriz Cuesta asistiron a esta xornada informativa na que poideron coñecer as experiencias que outros centros están a ter coa radio na biblioteca: como empezar, tipos de programas, implicación do alumnado, potencialidades curriculares cooperativas e inclusivas deste medio.
Así que coa mochila chea de ideas, BiblioDieste empeza a camiñar na súa propia experiencia radiofónica.
Boa sorte!

*Na foto as nosas compañeiras aparecen xunto a Pablo Portabales durante esta xornada informativa. Pablo leva no mundo da radio mais de 25 anos. Empezou a súa andadura profesional en Radio Ecca Vigo e máis adiante incorporouse a Radio 80 en A Coruña. En 1990 comenza a súa colaboración en Antena 3 Radio y en febreiro 1992 empeza a presentar o programa "Viva la gente" nesa radio. Na actualidade dirixe o programa "Voces de A Coruña" en RadioVoz e colabora diariamente en La Voz de Galicia cunha sección propia na edición de A Coruña. Son máis de 12.000 horas de radio así que hai moito que aprender da súa experiencia.

24/10/19

24-0: DÍA DAS BIBLIOTECAS 2019 @ 'BIBLIODIESTE'


A nosa biblioteca



A nosa expo de bibliotecas

No Día das Bibliotecas 2019, BiblioDieste quere facer unha visita ás bibliotecas máis interesantes en todo o mundo coa exposición que podedes ver no pasillo xunto á entrada da nosa biblioteca (fotos superiores). Como podedes ver hai bibliotecas nos sitios máis inverosímiis... (unha antiga cabina telefónica*, nunha praia, a lombos dun burro...) 

[*Versión en inglés desta entrada @ ClickOnEnglish, donde podedes ver un video en inglés que explica como reciclan vellas cabinas telefónicas en mini-biblios donde facer bookcrossing (intercambio de libros)]

Tamén expoñemos todos os carteis anunciadores das nosas semanas culturais.  (Foto inferior).



Ademáis o alumnado do noso centro fixo recomendacións de lecturas que tamén están expostos no patio central do instituto. (Foto inferior).



Biblioteca pública de Estocolmo (Suecia)

Na ligazón que incluímos podedes botar unha ollada a esas outras bibliotecas:

BIBLIOTECAS DO MUNDO

ETIQUETAS

8-M a lingua acoso-bullying actividadeBiblio actualidade adolescencia Ágora alfin amor animación ApadriñaLector arqueoloxía arte astronomía audio audiovisual autores baile bibliotecas bioloxía blog cartel centenario certames cidades ciencia ciencia-ficción cine club de lectura comic compromiso concertos concursos conferencia congresos contacontos Cosmos cuca cuestionario curta dereitos humanos deseño dicionarios didáctica discapacidade DIVERINTERCULTURAL DiversidadeCultural documentais educación efemérides encontros con escritores enl enlaces enquisas ensaios entrevista entroido exposicións expresión oral familias feminismo ficha filosofía física fomento da lectura fondos formación de usuarios formularios fotografía francés galego Galicia Gastronomía graduación Grego guías HªEscritura HªOlimpiadas historia homenaxe HoraDeLer humor ilustración inglés iniciativas intercambio interculturalidade internet latín letras galegas LIBROS LibrosVivintes linguas estranxeiras literatura manualidades matemáticas medio ambiente microrrelatos mitoloxía mochilas viaxeiras mulleres MUSE museos música nadal narrativa natureza Nobel noticias O CINE O MAR obituario obradoiro Odisea OPINIÓN ortografía P.Cervantes P.Dado Pasapalabra patrimonio PATRIMONIOGALEGO paz pioneiros PLAMBE PlanProxecta poesía premios presentación publicidade química radio Radiofiestra RadioNaBiblio RD25Anos recursos revista roteiros S.C.AntiguaGrecia Samaín saúde semana cultural solidariedade teatro textos tics titoría traballo por proxectos traducción tríptico verán viaxes vídeos violencia de xénero votacións xadrez xeografía xogos XOGOSTRADICIONAIS xornadas xornalismo xubilación

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

ESTATÍSTICAS DE VISITAS

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER