31/10/18

FELIZ SAMAÍN 2018 DENDE 'BIBLIODIESTE'!

Foto: profilepictures.com

Xa volve a ser o Samaín! Disfrutade do día e a longa fin de semana que este ano temos!

29/10/18

CONCURSO XOGANDO COA CDU

Convocouse o certame "XOGANDO COA CDU" destinado aos equipos de bibliotecas dos centros educativos galegos, coa finalidade de estimular a creación de materiais para as actividades de formación de persoas usuarias da biblioteca escolar.
O prazo  para presentar as propostas ao concurso remata o 23 de novembro.

24/10/18

"ANTÍGONA" NO 'RAFAEL DIESTE'


Esta mañá o alumnado de 4º da ESO e 1ºBAC-C  tiveron a oportunidade de ver a representación de "ANTÍGONA" en galego por parte dos membros do grupo de teatro "Sin ir más lejos" da Casa de Castilla-A Mancha de A Coruña.

24-OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS. "POÉTICAS DIVERSAS" LEMA 2018


O 24 de outubro está marcado como o Día Da Biblioteca dende que hai máis de 20 anos a Asociación Española de Amigos do Libro Infantil y Juvenil propuxo esta celebración.
Dende 2008, a Consellería de Educación edita un cartel específico para celebrar este día tamén nas Bibliotecas Escolares. Cada ano cun lema para dar a coñecer e difundir as moitas posibilidades que ofrece unha biblioteca escolar activa. Este curso a ilustradora é Nuria Díaz. O cartel xa está exposto na entrada da nosa biblioteca e o podedes contemplar nesta entrada.
Poéticas Diversas na Biblioteca Escolar é o lema que a Consellería de Educación propón para este curso 2018-19. "Para descubrir a poseía que nos rodea dende os recursos e as posibilidades das bibliotecas escolares. Convídase a asolagar as aulas de poesía, a tratar con poetas, a perderlle o medo á metáfora, a xogar coa palabra e coa imaxe, a coñecer a excelente e variada creación poética galega e a permitir que o alumnado galego poña voz e dea vida á tradición lírica galega dende Rosalía ata todas e todos os poetas que foron e son."

23/10/18

ALMUDENA GRANDES, PREMIO NACIONAL DE NARRATIVA 2018

Foto: El Mundo-EFE

A escritora e columnista Almudena Grandes ven de ser premiada co Nacional de Narrativa 2018 pola súa novela "Los Pacientes del Doctor García". Só 7 mulleres conseguiron este premio frente a 68 homes.

+ info:

22/10/18

CONCERTOS DA III SEMANA DAS MÚSICA DO AUDIOVISUAL (SEMUA)




Como unhas primeiras actividades preparatorias da nosa Semana Cultural 2019 adicada ao Cine, o alumnado de música de 2º da ESO participan hoxe e mañá na III Semana das Músicas do Audiovisual (SEMUA) que se celebra no Teatro Colón.
O concerto da Banda Municipal de A Coruña, presenta dúas cortometraxes "O XIGANTE" e "VILLA PELUSA" con música de Nani García e Marcos Mato e dúas suites con música de Charles Chaplin e de "O PANTASMA DA ÓPERA" de Andrew Lloyd Webber, que se interpretan acompañadas de imaxes das películas.
A presentación foi a cargo de Nani García, quen falou da importancia da relación de música e a imaxe.

18/10/18

PROXECTO "O SAMAÍN"


O proxecto "O Samaín", organizado polos departamentos de Lingua Galega, Teconoloxía e o apoio da biblioteca, pretende acercar ao noso alumnado A FESTA DO SAMAÍN intentando ofrecerlles a relación estreita que esta festa ten coa celebración anglosaxona do Halloween. Leremos e dramatizaremos textos narrativos e poéticos tanto dos nosos autores coma da tradición oral popular tratando de conculcar na xuventude do noso centro o valor das tradicións afincadas no noso medio natural ao que o pobo galego estivo sempre moi ligado e aínda segue, e sobre todo o código que usamos para expresármonos, a lingua. 
Por outra parte, procuraremos tamén establecer pontes entre a tradición de noso e os costumes ancestrais vinculados á cultura universal, en que o tema da morte se filtra na idiosincrasia de numerosos pobos. Esas actividades arredor da morte, como diciamos, realizábanse no noso medio natural pero, co progreso, a natureza vese alterada cun produto creado polo home, o primeiro material sintético, o plástico. Este, calquera que sexa a súa composición, propiedades, aplicacións e técnicas de fabricación está a ser un gravísimo problema para o noso medio natural e cómpre urxentemente a súa reciclaxe ou substitución mesma deste.

Ligazón á escolma de textos traballados no Proxecto "O Samain": AQUÍ

ANA PENYAS, PREMIO NACIONAL DO CÓMIC 2018


A artista valenciana Ana Penyas ven de ser galardoada co Premio Nacional do Cómic 2018 pola súa novela gráfica "ESTAMOS TODAS BIEN". É a primeira muller que consegue este premio. E o xurado selecionouna por "rescatar, a partir dunha historia familiar, a voz dunha xeración silenciada; pola innovación e a frescura da posta en escea gráfica, ademáis da habilidade para integrar recursos do cómi e doutros medios".
O cómic tédelo á vosa disposición na nosa biblioteca.
+ info (Noticia @ eldiario.es)

10/10/18

XA TEMOS 10.000 LIBROS EN "BIBLIODIESTE"!



Hoxe temos algo que celebrar na nosa biblioteca.
Hoxe fichamos o libro 

nº10.000 

do catálogo. Trátase do libro "22 SEGUNDOS" da autora EVA MEJUTO que vedes na foto. É un dos libros dos moitos clubes de lectura que temos en funcionamento no instituto este curso.
E a seguir sumando...!

02/10/18

O NOSO EX-ALUMNO IAGO MORA, PREMIO CERTAMEN ENSAIO SUBVERSIVO DO IES 'XELMÍREZ I'


Rescatamos hoxe unha noticia do pasado verán. O alumno noso de 2ºBAC foi premiado como mellor Ensaio Subversivo na VI edición de premios do Certame de Banda Deseñada e Ensaio Subversivo que organiza o IES 'XELMÍREZ I' de Santiago de Compostela, o pasado 22 de xuño. Noraboa Iago e sorte na túa nova andaina fora do noso centro!

01/10/18

BIBLIODIESTE ABRE A SÚAS PORTAS AO CURSO 2018-19


Co mes de outubro ábrense de novo as portas da Biblioteca do IES Plurilingüe "Rafael Dieste" a toda a comunidade escolar. Incluímos información relevante para este novo curso:

A semana cultural 2018-19 terá lugar do 29 de abril ao 3 de maio de 2019 (de luns a venres, tende en conta que o mércores 1 de maio é festivo) Están invitados todos os profesores e departamentos a participar cos grupo/s de alumnos que decidan e xa estamos recollendo ideas. Esta semana cultural terá como lema “O CINE”. Quen queira máis información e falar de como quere participar nela pode falar/escribir a Mercedes Garrote, Matilde De Cal e Beatriz López-Suevos.

Outras actividades da biblioteca: Ademáis da Semana Cultural ao longo do curso hai moitas actividades desenvolvidas na biblioteca: Mes da biblioteca, a Semana da paz, … Este blog da biblioteca recolle todas estas actividades e informa dos proxectos e actividades desenvolvidas ao longo do curso.

Adquisicións de libros e outro material audiovisual para os departamentos:
Disporemos este curso dun orzamento procedente do PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares). Este orzamento do PLAMBE destinarase principalmente ás lecturas obrigatorias dos departamentos.

Catálogo da biblioteca en rede:
Neste enlace podedes consultar o catálogo da biblioteca en rede do instituto: AQUÍ
Hai tamén unha ligazón aos fondos da biblioteca dende a páxina do blog.

Hora de ler:
Por decisión de claustro, imos fortalecer a actividade de HORA DE LER establecendo por horas e días ese momento de lectura obrigatoria de lecer, para así pasar por todas as materias e horas do curso. A actividade é para todos o alumnado da ESO.
A organización quedaría así:
Cada trimestre dedicaríanse seis semanas, quedando libres aquelas máis próximas ás avaliacións. Todos os días de cada unha desas seis semanas dedicaríanse vinte minutos á actividade:
1ª semana------ a 1ª hora todos os días da semana (20 primeiros minutos)
2ª semana------ a 2ª hora todos os días da semana (20 primeiros minutos)
3ª semana------ a 3ª hora todos os días da semana (20 primeiros minutos)
(Así sucesivamente ata rematar as seis semanas)

Ao facelo deste xeito o tempo que cada materia adica para a actividade queda equilibrada e todo o alumnado da ESO ten a "Hora de ler" no mesmo momento, polo que se lle da moita visibilidade.

Utilización da biblioteca para as clases:
O horario do equipo da biblioteca está no taboleiro da entrada. Para poder utilizar a biblioteca para alguna actividade nas horas de clase hai que anotarse con antelación no cadro de horarios de reserva de aula na Conserxería para non coincidir con outro profesor. En principio non se pode utilizar a biblioteca nas horas de traballo do equipo porque temos que ter disponible o ordenador.
Pedimos tamén que se use a biblioteca nas clases para aquelas actividades que impliquen a búsqueda de información e a lectura.
Non se permite ao alumnado estar so na biblioteca. Se un profesor está facendo a garda e quere ir á biblioteca cun grupo pequeno de alumnos ten que estar con eles en todo momento.

Mochilas viaxeiras:
Comezaremos coas mochilas viaxeiras no primeiro ciclo da ESO en outubro. O segundo ciclo unha semana despois. Coordinará esta actividade Beatriz López-Suevos en colaboración cos titores da ESO.

Novos carnets:
Xa están incorporados case todos os novos profesores do centro ao programa informatizado da biblioteca para que poidan levar en préstamo libros e outro material a casa. Contamos con rematar esta tarefa en dúas semanas. Os libros préstanse quince días e as películas 3 días (cun fin de semana en medio). Pero temos un préstamo especial para aquel material que os profesores levan para utilizar nas clases, e que facemos polo tempo que se necesita ese material na aula (1 mes, 1 trimestre,…). Ao alumnado novo se lles farán os carnets ao longo das primeiras semanas.

Blog da biblioteca
Este blog recolle as actividades e novidades dos proxectos e actividades desenvolvidas ao longo do curso. O encargado do blog é Ramón Neira polo que se queredes que se avise dunha actividade ou se recollan imaxes dunha xa levada a cabo podedes escribirlle para que a publique.

Club de lectura:
O coordinador desta actividade é Carlos Blanco No curso pasado tivemos clubes de lectura en toda a ESO e Bacharelato, a cargo de moitos profesores: Carlos Blanco, Mercedes Garrote, Matilde de Cal, Eloi Rodríguez, Ana Vidal, Manuel Agromayor, Luisa Blanco, Sarah Dumesnil, Isabel Couceiro, Begoña Santamaría, Manuel Santos, Lucía Sesto, Nazareth Rizo e Ben Davidson.

Por último, recordade que estamos á vosa disposición en todo aquelo que vexades que pode axudarvos a biblioteca.

O equipo de biblioteca está formado este curso 2018-19 polos seguintes profesores:

Carlos Blanco 
Dores Castro 
Matilde De Cal 
Mercedes Garrote
Beatriz López-Suevos 
Ramón Neira 
Eloi Rodríguez 
Lucía Sesto 

ETIQUETAS

8-M a lingua acoso-bullying actividadeBiblio actualidade adolescencia Ágora alfin amor animación ApadriñaLector arqueoloxía arte astronomía audio audiovisual autores baile bibliotecas bioloxía blog cartel centenario certames cidades ciencia ciencia-ficción cine club de lectura comic compromiso concertos concursos conferencia congresos contacontos Cosmos cuca cuestionario curta dereitos humanos deseño dicionarios didáctica discapacidade DIVERINTERCULTURAL DiversidadeCultural documentais educación efemérides encontros con escritores enl enlaces enquisas ensaios entrevista entroido exposicións expresión oral familias feminismo ficha filosofía física fomento da lectura fondos formación de usuarios formularios fotografía francés galego Galicia Gastronomía graduación Grego guías HªEscritura HªOlimpiadas historia homenaxe HoraDeLer humor ilustración inglés iniciativas intercambio interculturalidade internet latín letras galegas LIBROS LibrosVivintes linguas estranxeiras literatura manualidades matemáticas medio ambiente microrrelatos mitoloxía mochilas viaxeiras mulleres MUSE museos música nadal narrativa natureza Nobel noticias O CINE O MAR obituario obradoiro Odisea OPINIÓN ortografía P.Cervantes P.Dado Pasapalabra patrimonio PATRIMONIOGALEGO paz pioneiros PLAMBE PlanProxecta poesía premios presentación publicidade química radio Radiofiestra RadioNaBiblio RD25Anos recursos revista roteiros S.C.AntiguaGrecia Samaín saúde semana cultural solidariedade teatro textos tics titoría traballo por proxectos traducción tríptico verán viaxes vídeos violencia de xénero votacións xadrez xeografía xogos XOGOSTRADICIONAIS xornadas xornalismo xubilación

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

ESTATÍSTICAS DE VISITAS

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER