28/06/14

TRABALLAR POR PROXECTOS

Hoxe estivemos tratando na CCP e no claustro cómo mellorar alguns aspectos que este curso non resultaron como nos propuxéramos. En concreto dedicamos bastante tempo a falar sobre unha cuestión que nos preocupa a todo o profesorado, cómo implicar a aqueles alumnos que non queren traballar. Alguns falamos de traballar con eles por proxectos. En calquera caso, quedamos emprazados para retomar o tema en setembro e comezar o curso que vén a traballar e organizarnos doutra maneira.
Pois ben ao longo deste curso fomos creando un apartado neste blog que, baixo o nome de "formación de usuarios", pretende ser un paso máis nese desexo de cambio para moitos imprescindible. Botádelle unha ollada e comprobaredes que hai moita información interesante para ir formándonos tecnolóxicamente, como paso previo para calquera cambio que emprendamos. Xa sabemos que "se fai camiño ao andar", pasiño a pasiño. 

FELICES VACACIONS A TODOS!

25/06/14

REMATAN ÁS CLASES, BO VERÁN


Chegou o día, remataron ás clases. Celebramos a chegada do verán na noite máxica. Hoxe teremos as calificacións. Boa sorte a todos, bo verán tamén. 

DESPEDIDA A ANA MARÍA MATUTE


Hoxe soubemos da morte da escritora Ana María Matute a un mes de cumprir os 89 anos no seu domicilio de Barcelona. É unha das grandes escritoras da posguerra, académica e Premio Cervantes 2010. A literatura realista, fantástica e infantil foron as tres características esenciais da súa obra cun estilo de sinxela apariencia que escondía a complexidade do ser humán. Aínda queda un libro póstumo por publicar. Dende aquí a nosa homenaxe. Máis información sobre ela no enlace inferior:

23/06/14

A TRADICIÓN DA NOITE DE SAN XOÁN


Esta noite celébrase a "Noite de San Xoán", unha tradición que afunde a súas raíces en tradicións previas á chegada do cristianismo y que se celebra en moitos lugares de Europa e América, aínda que está especialmente arraigada en España, Portugal, Dinamarca, Noruega, Suecia, Letonia, Lituania e Estonia.

Qué é o que se celebra?
Na súa orixe pagana celebrarase a chegada do solsticio de verán -o día máis longo do ano no hemisferio norte. Para conmemorar esta noite acendíanse fogueiras nas que se pretendía purificar e dar forza ao sol, porque a partir de entón os días ían facéndose máis curtos, ata chegar ao segundo solsticio do ano, o do inverno.

Por qué se celebra hoxe se o solsticio de verán foi o día 21?
A resposta é que, como en tantas outras festas populares de orixe pagana, tras a chegada do cristianismo, as tradicións paganas foron asimilados ao calendario cristiano e o costume de acender fogueiras quedou unida á celebración do nacemento de San Xoan Baptista, que dacordo coa Biblia naceu o 24 de xuño, unha data moi próxima ao solsticio de verán no hemisferio norte.

Pasádeo moi ben!

Versión en inglés @ ClickOnEnglish.

22/06/14

GUÍA DE LECTURA E PRÉSTAMO PARA VERÁN

Estes días estamos xa ultimando todos os asuntos para poder irnos de vacacións sen nada pendente. Lembrade que está aberto o PRÉSTAMO DE VERÁN para todos os usuarios e que podedes levar ata 3 documentos e devolvelos en setembro. Ademáis xunto coas notas os titores vos darán a GUÍA DE LECTURA PARA O VERÁN na que figuran os documentos que a biblioteca vos aconsella. 
Tamén queremos lembrarvos que todos os que teñades documentos pendentes de devolución (familiarmente "os morosos") debedes devolvelos antes do martes.

19/06/14

ASÍ CAMBIOU ESPAÑA EN 39 ANOS


Hoxe foi un día dos que fan historia, cambiamos de reinado. Botando a vista atrás, 39 anos, vemos que o país non é para nada o mesmo en moitísimos aspectos. Algúns deles están reflexados na infografía de Mariano Zafra para El País. Curiosa comparativa. Máis información no enlace inferior.

Enlace: OUTRO PAÍS, OUTRO MUNDO (El País)

A visión de dous días históricos, con 39 anos de diferencia:
- EN FOTOS (Cadena SER)
- EN AUDIOS. (Cadena SER)

15/06/14

MONARQUÍA OU REPÚBLICA


En pleno debate entre monarquía e república e na semana en que estrenaremos novo monarca, publicamos un mapa que mostra as monarquías e as repúblicas existentes polo mundo.

- en verde oscuro as monarquías: España, Reino Unido, Noruega, Suecia, Dinamarca, Holanda, Bélxica, Xapón , Marrocos, Arabía Saudí... (nun verde máis claro Canadá, Australia e Nova Zelandia, que pertenecendo a Commonwealth, comparten cabeza de estado co Reino Unido).

- en azul oscuro, as repúblicas.

Máis información sobre o mapa e as diferencias entre monarquía e repúblicas neste artigo de Europa Press.

Versión en inglés @ ClickOnEnglish.

13/06/14

PRÉSTAMO ESPECIAL VERÁN 2014

Este luns 16 de xuño todos os usuarios deberán devolver os préstamos que fixeron ao longo deste mes, mesmo os desta semana, e, por suposto, os préstamos non devoltos en prazo. A razón é facer balance dos libros e DVDs non devoltos e ter tempo para recuperalos. Se todos cumprimos coas normas o traballo é máis fácil sempre. Profesores do equipo e alumnos colaboradores iremos polas aulas reclamando aos "morosos" as devolucións retrasadas. Esperemos que este ano recuperemos todos os fondos emprestados.
A partir do luns 16 ábrese o PRÉSTAMO ESPECIAL PARA O
VERÁN: todos os usuarios poderemos pedir en préstamo para o verán ata tres documentos, que non teremos que devolver ata setembro. Ide mirando e seleccionade os que máis vos apetezan. Na columna de novidades puxemos unha selección das MÁIS APETITOSAS. Como todos os anos difundiremos tamén a GUÍA DE SUXESTIÓNS PARA O VERÁN polas aulas e neste blog.

  

11/06/14

PREMIOS GALEGOS 2014: XERAIS DE NOVELA, MERLÍN DE LITEARTURA INFANTIL E JULES VERNE DE XUVENIL


María Reimóndez, Premio Xerais 2014.
 Ledicia Costas, Premio Merlín de Literatura Infantil
 Eduardo Santiago, Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil.


O pasado sábado na Illa de San Simón en Redondela (Pontevedra) fallaronse os premios:
- PREMIO XERAIS DE NOVELA para María Reimóndez pola novela "DENDE O CONFLICTO".
- PREMIO MERLÍN DE LITERATURA INFANTIL para Ledicia Costas por "ESCARLATINA".
- PREMIO JULES VERNE DE LITERATURA XUVENIL para Eduardo Santiago por "O GRAN REINO".

Máis información sobre o acto neste artigo de "El País" e sobre os premiados no blog de Xerais.

10/06/14

PREVINDO O CIBERACOSO: LIMITA OS TEUS CONTACTOS.

Xa adicamos unha entrada anterior a recomendacións contra o acoso na rede (AQUÍ). Hoxe volvemos con outro video de Pantallas Amigas con máis consellos, pola rúa non te fas amigo de toda a xente que pasa... pois na rede non o fagas tampouco.

Video:

07/06/14

O PRÍNCIPE DE ASTURIAS DAS LETRAS 2014, PARA UN IRLANDÉS: JOHN BANVILLE


O 34º Premio Príncipe de Asturias das Letras foi concedido esta pasada semana ao novelista irlandés William John Banville, nacido en Wexford en 1945. É novelista, guionista, recoñecido pola súa prosa precisa, fría, forénsica e o seu humor negro. É considerado como un dos novelistas de lingua inglesa actual máis imaxinativos. Escribe baixo o nome de John Banville e tamén leva publicados  como Benjamin Black sete novelas policíacas.
O Príncipe de Asturias súmase aos numerosos premios acadados ao longo da súa carreira. O xurado destacou a súa "intelixente, honda e orixinal creación novelesca, e ao seu outro eu, Benjamin Black, autor de turbadoras e críticas novelas policíacas. Cada unha das súas creacións atrae e deleita pola maestría no desenvolemento da trama e no dominio dos rexistros e matices expresivos, e pola súa reflexión sobre os segredos do corazón humán."

Máis información sobre John Banville neste artigo de "EL PAÍS".

04/06/14

ENQUISA PROFESORADO FIN DE CURSO

Como sabedes andamos estes días ultimando a memoria de biblioteca e necesitamos adxuntar datos que nos axuden a avaliar as actividades e a marcha do curso. Decidimos limitar a enquisa a aquelas cuestións que consideramos prioritarias para o curso que vén, a saber: introducir cambios no proxecto de A Hora de Ler que melloren a implicación do profesorado; escoller o tema do PIC para a Semana Cultural e introducilo no curriculum das diferentes materias;o concurso de narración oral e o documento de búsqueda de información, proxectos que quedaron pendentes. Puxemos un enlace no escritorio de todos os ordenadores da sala de profesores e tamén o compartimos por google drive con todos. O importante é que contestedes antes do sábado, xa que o luns 9 de xuño é o último día para entregar a memoria. Grazas a todos os que colaborades nas distintas actividades programadas pola biblioteca.

03/06/14

MÁIS PREMIOS

Xa vos contamos hai días que varios alumn@s de 1º de ESO do noso centro, a instancias do equipo de biblioteca e dirixidos pola súa profesora de Lingua Española, se presentaron a un concurso de redacción convocado pola Biblioteca Municipal de Os Rosales; tamén se presentaron @s alumn@s de Grego de 1º de Bacharelato ao concurso de narración en soporte vídeo. Pois ben, HOUBO PREMIOS, en concreto dous primeiros premios, na categoría de 12 a 14 anos en redacción para Isabel Juncal de 1º ESO D, e na categoría de 16 a 18 en soporte vídeo para Sara Romero e Andrea Morano de 1ºBac.B. 
NORABOA A TODOS OS PREMIADOS!


Premios concurso redacción B.M.Los Rosales on PhotoPeach

ETIQUETAS

8-M a lingua acoso-bullying actividadeBiblio actualidade adolescencia Ágora alfin amor animación ApadriñaLector arqueoloxía arte astronomía audio audiovisual autores baile bibliotecas bioloxía blog cartel centenario certames cidades ciencia ciencia-ficción cine club de lectura comic compromiso concertos concursos conferencia congresos contacontos Cosmos cuca cuestionario curta dereitos humanos deseño dicionarios didáctica discapacidade DIVERINTERCULTURAL DiversidadeCultural documentais educación efemérides encontros con escritores enl enlaces enquisas ensaios entrevista entroido exposicións expresión oral familias feminismo ficha filosofía física fomento da lectura fondos formación de usuarios formularios fotografía francés galego Galicia Gastronomía graduación Grego guías HªEscritura HªOlimpiadas historia homenaxe HoraDeLer humor ilustración inglés iniciativas intercambio interculturalidade internet latín letras galegas LIBROS LibrosVivintes linguas estranxeiras literatura manualidades matemáticas medio ambiente microrrelatos mitoloxía mochilas viaxeiras mulleres MUSE museos música nadal narrativa natureza Nobel noticias O CINE O MAR obituario obradoiro Odisea OPINIÓN ortografía P.Cervantes P.Dado Pasapalabra patrimonio PATRIMONIOGALEGO paz pioneiros PLAMBE PlanProxecta poesía premios presentación publicidade química radio Radiofiestra RadioNaBiblio RD25Anos recursos revista roteiros S.C.AntiguaGrecia Samaín saúde semana cultural solidariedade teatro textos tics titoría traballo por proxectos traducción tríptico verán viaxes vídeos violencia de xénero votacións xadrez xeografía xogos XOGOSTRADICIONAIS xornadas xornalismo xubilación

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

ESTATÍSTICAS DE VISITAS

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER