30/04/19

CONCURSO XSC: FOTOGRAMAS DO SEGUNDO DÍA

A QUE PELÍCULAS CORRESPONDEN ESTES CINCO FOTOGRAMAS?
 Nº6
 Nº7
 Nº8
 Nº9
Nº10

X SEMANA CULTURAL: CINEMA, WORK & ACTIVITIES IN ENGLISH

Póster: Resultados enquisa "Cinema & teenagers"
Póster: 'Cinema classics'

Fixéronse distintos traballos dende a asignatura de Inglés para a X Semana Cultural:

CINEMA & TEENAGERS, A SURVEY
(Unha enquisa feita entre o alumnado do noso centro para saber sobre os seus gustos en materia cinematográfica: película favoritas, xéneros, actores, preferencias (español-estranxeiro, en casa ou no cine). 
Primeiro póster superior e ligazón á infografía CINEMA & TEENAGERS SURVEY.

- ACTOR BIOGRAPHIES
(Biografías en inglés de actores elexidos polo noso alumnado: Angelina Jolie, Belén Rueda, Chloe Grace Moretz, Chris Hemsworth, Eduardo Casanova, Julia Roberts, Rowan Atkinson & Emma Watson).
Podedes velos @ ClickOnEnglish/ActorBiographies.

- CINEMA CLASSICS
(Unhas pequenas descripcións en inglés dunha serie da clásicos do cine, elexidos pola alumna: "The Phantom of the Opera", "Breaking Dawn", "Casablanca", "Dirty Dancing", & "Grease"). Segundo póster superior.

Estes tres apartados citados están expostos no patio central:


- FILM SCENES
(Recreación en inglés de esceas de películas: "Billy Elliot", "Bohemian Rapsody", "Forrest Gump" e un popurri de varias películas que inclúe: "Casino Royale"/"Harry Potter"/"The Fault in our Stars"/"Sleeping Beauty"/"Rings"/"The Hunger Games"/"Dirty Dancing"). 
Podedes ver os videos @ ClickOnEnglish/FilmScenes.

Toda a información completa dos traballos e actividades en inglés 
@ ClickOnEnglish/Cinema

29/04/19

CONCURSO XSC: FOTOGRAMAS DO PRIMEIRO DÍA

A QUE PELÍCULAS CORRESPONDEN ESTES CINCO FOTOGRAMAS?
 Nº1
 Nº2
 Nº3
 Nº4
Nº5 Recordatorio bases do concurso.

X SEMANA CULTURAL: EXPOSICIÓN INFOGRAFÍAS DE I.T.I

A exposición do departamento de Grego para a materia de ITI de 2º ESO foi elaborada como práctica da explicación de cómo se fai unha infografía, é dicir, unha presentación tipo póster con información seleccionada e hipervínculos ou enlaces para poder ampliar algúns aspectos. Eliximos o tema do cine como forma de traer o tema da semana cultural ao currículo da materia. Cada alumno enfocou o tema do cine con total liberdade.
























28/04/19

X SEMANA CULTURAL: PROXECCIÓNS DE PELÍCULAS POLO DEPARTAMENTO DE CIENCIAS



Máis proxeccións previstas na X Semana Cultural, esta vez polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía. Preparáronse fichas técnicas, carteis e questionarios para cada unha. Serán específicamente por niveis e neste horarios:

- "EL GIGANTE DE HIERRO" (1ºESO). Martes 30 de 12:30 a 14:00.


- "MARTE" (1ºBAC ou/e 4ºESO). Luns 29 de 8:30 a 10:10.


- "GATTACA" (Cultura Científica 1ºBAC) na clase de Cultura Científica.


27/04/19

X SEMANA CULTURAL: O CINE, A EXPO DA BIBLIOTECA


Xa a punto de inaugurar a X Semana Cultural-O CINE, o luns empezaremos a publicar entradas expoñendo os traballos preparados por asignaturas e as actividades que imos facendo cada día ao longo de toda a semana. Hoxe mostramos a exposición preparada na Biblioteca.

A biblioteca expón algúns dos seus fondos relacionados coa sétima arte. Desde o tratado sobre a transmisión do cinema na escola (La hipótesis del cine, de Alain Bergala), a entrevista-conversación que mantiveron Alfred Hitchcock e François Truffaut (El cine según Hitchcock de François Truffaut) ou a Historia del cine en Galicia (1896-1984). El papel de las mujeres en el cine, da estudiosa Pilar Aguilar Carrasco, fala da relación entre as mulleres e o cinema e recolle a súa presenza neste ámbito.
A edición española de The Story of Filme de Mark Cousins recolle a historia do cinema en 5 DVD cunha duración total de 900 minutos nos que se explica cunha grande realización a gramática fílmica básica. Tamén expoñemos a colección de grandes directores elaborada por Cahiers du Cinéma con algúns dos títulos dispoñibles en DVD.
Para poñernos ao día coas últimas novidades podemos consultar os últimos números da revista Caimán-Cuadernos de cine e algún dos títulos en DVD recentemente galardoados cos Premios Goya e Óscar.




26/04/19

X SEMANA CULTURAL: O PROGRAMA DE ACTIVIDADES

 O programa definitivo das actividades previstas na semana cultural:



Así luce o noso patio central para a Semana Cultural:

23/04/19

X SEMANA CULTURAL: PROXECCIÓNS DE PELÍCULAS SOBRE DIVERSIDADE


Con motivo da Semana Cultural, o Departamento de Orientación propuxo o visionado dunhas películas relacionadas coa diversidade.
Propoñen traballarlas un pouquiño na sesión de tutoría que teñamos na semana previa ou nesa mesma. 


Serán as siguintes e no seguinte horario:





1º ESO = "Campeones".  Xoves, día 2: de 12´30 a 14´10





2º ESO = "Rain Man".  Martes, día 30: de 16´30 a 18´10





3º ESO = "Forrest Gump".  Venres, día 3: de 8´30 a 10´10





4º ESO = "Una mente maravillosa".  Venres, día 3: de 12´30 a 14´10


X SEMANA CULTURAL: PROXECCIÓN DA PELÍCULA "EL VERDUGO" NO ÁGORA

 

Durante a Semana Cultural haberá a proxección da película "El Verdugo", de Luis García Berlanga no Centro Ágora, o martes 30 ás 16.30h da tarde. Organizamos esta proxección en colaboración co CGAI, que proporciona a película e o Concello de A Coruña cede o auditorio do Ágora. Asistirán o alumnado do centro de 3º e 4º ESO, e 1º e 2º de Bacharelato. Invitamos a que nos acompañen tamén nais, pais, avoas e avós... 
Entregaremos unha folla de sala con información da película preparada polo alumnado, e farán tamén unha breve presentación antes da proxección. O aforo do Ágora é de máis de 500 asentos, e a entrada é libre ata completalo. A película dura aproximadamente 1h 30',  contamos con terminar a actividade en torno ás 18.15 h. Citamos a todo o alumnado destes cursos de estar no Ágora ás 16:15h para que empece a proxección ás 16:30h.

22/04/19

X SEMANA CULTURAL: "VAICHE UNHA DE MEDO?", O CONCURSO SOBRE PELÍCULAS DE TERROR


X  SEMANA  CULTURAL 
IES  RAFAEL  DIESTE


CONCURSO: VAICHE UNHA DE MEDO?





Con motivo da celebración da Semana Cultural, dedicada nesta ocasión ao cinema, desde a Biblioteca propoñémosvos o seguinte concurso.
Cada día expoñeremos nun panel no patio central do instituto cinco imaxes vinculadas a cinco películas de terror. Trátase de que recoñezades a que películas pertencen esas imaxes e escribades os seus títulos exactos nas fichas numeradas que diariamente atoparedes nunha mesa á beira do panel expositor. Nesa mesma mesa haberá unha caixa para que deixedes as fichas unha vez estean completadas. As mesmas imaxes numeradas que se expoñan no panel subiranse, tamén diariamente, a este blogue.
Deste xeito, poderedes buscar axuda na casa para responder correctamente. Por este motivo as fichas poderán depositarse na caixa, ou ben o propio día que se expoñan as imaxes, ou ao día seguinte. Nunca máis tarde. O concurso rexerase polas bases que figuran a continuación.

BASES DO CONCURSO VAICHE UNHA DE MEDO?

1.      Poden  participar  todo o alumnado  do  instituto.

2.      O  concurso  desenvolverase durante  seis  días  lectivos  (do  luns,  29  de abril, ao  martes,  7  de maio). Cada  día  expoñeranse nun panel no patio  central  do  instituto  cinco  imaxes vinculadas a cinco películas  de terror distintas,  cuxos  títulos  exactos  deben  ser  escritos  na ficha  correspondente  de cada día.  Estas fichas estarán  numeradas  e  os participantes poderanas  recoller  da mesa  que  se colocará á beira do  panel  expositor.

3.      Cada estudante que participe  só  poderá  entregar  unha  ficha  por cada día  de concurso. En total, seis  fichas.

4.      Para que sexan consideradas válidas, as fichas deben conter os datos persoais (nome e apelidos, nivel e grupo) de cada participante.

5.      As  fichas  teranse    que  depositar  nunha    caixa  destinada  a tal fin  e  situada  na mesa  á beira do  panel  expositor.  Como  as  fichas  están  numeradas,  só  se validarán    as  do  propio  día  ou  as  do  día  anterior.  Toda  ficha  que  non  cumpra  este requisito será  invalidada.

6.      Dous  profesores  do  equipo  da Biblioteca  recollerán  diariamente  as  fichas  depositadas  na caixa,  e  corrixiranas.

7.      Pasados os seis días de concurso, a caixa deixarase un día máis no patio central (o mércores 8 de maio), para que se poidan entregar as fichas do día anterior. Posteriormente a esa data non se recollerá ningunha ficha.

8.      Unha vez corrixidas todas as fichas proclamaranse tres gañadores, segundo o número de acertos que tivesen ao dar o título exacto das películas representadas nas distintas imaxes expostas durante os seis días de duración do concurso.

9.      En caso de empate en o número de acertos, o concurso resolverase mediante un sorteo.

10.  PREMIOS: Outorgaranse tres premios:

 Primeiro premio: unha sesión de cinema en familia. Será en Yelmo Cine Los Rosales, en día e hora a convir coa organización do concurso.
 Segundo e terceiro premios: unha película a cada un (cun valor aproximado de 20€ a elixir polos premiados, para poder gozar do cinema en casa.

X SEMANA CULTURAL: O CARTEL


Facemos hoxe a presentación oficial do cartel anunciador da X Semana Cultural do IES 'Rafael Dieste' 2019, adicado este curso 'O CINE' durante os días 29 de abril ao 3 de maio.
Iremos informando en próximas entradas.

12/04/19

25 ANOS DE 'RADIO 5'



Coordinado pola biblioteca, o instituto tivo a sorte de asistir o pasado 9 de abril ao programa especial de conmemoración dos 25 anos de Radio 5, radiofórmula informativa de Radio Nacional de España. 
Tendo como escenario a Domus, o programa do centro territorial de Galicia contou coa participación de todas as emisoras locais de Galicia, a actuación musical de Sés,  a participación do público e a narración da actualidade máis cercana de Galicia.
Nestes tempos en que estase a cuestionar o traballo do xornalismo, seguimos reivindicando o labor dos profesionais comprometidos coa información.

10/04/19

CHARLA DE NANDO LÓPEZ


Esta mañá, alumnado de 4ºESO asistiron a charla de Nando López, escritor e dramaturgo español, que fora anteriormente profesor de secundaria, e autor especializado en literatura infantil e xuvenil. 

02/04/19

CONFERENCIA DE ANDRÉS NEUMAN



Hoxe recibimos no 'Rafael Dieste' a visita do narrador, poeta, traductor, blogueiro e columnista hispanoarxentino Andrés Neuman, que veu a ofrecer unha conferencia sobre o seu traballo e a súa obra ao alumnado de 1ºBAC.

ETIQUETAS

8-M a lingua acoso-bullying actividadeBiblio actualidade adolescencia Ágora alfin amor animación ApadriñaLector arqueoloxía arte astronomía audio audiovisual autores baile bibliotecas bioloxía blog cartel centenario certames cidades ciencia ciencia-ficción cine club de lectura comic compromiso concertos concursos conferencia congresos contacontos Cosmos cuca cuestionario curta dereitos humanos deseño dicionarios didáctica discapacidade DIVERINTERCULTURAL DiversidadeCultural documentais educación efemérides encontros con escritores enl enlaces enquisas ensaios entrevista entroido exposicións expresión oral familias feminismo ficha filosofía física fomento da lectura fondos formación de usuarios formularios fotografía francés galego Galicia Gastronomía graduación Grego guías HªEscritura HªOlimpiadas historia homenaxe HoraDeLer humor ilustración inglés iniciativas intercambio interculturalidade internet latín letras galegas LIBROS LibrosVivintes linguas estranxeiras literatura manualidades matemáticas medio ambiente microrrelatos mitoloxía mochilas viaxeiras mulleres MUSE museos música nadal narrativa natureza Nobel noticias O CINE O MAR obituario obradoiro Odisea OPINIÓN ortografía P.Cervantes P.Dado Pasapalabra patrimonio PATRIMONIOGALEGO paz pioneiros PLAMBE PlanProxecta poesía premios presentación publicidade química radio Radiofiestra RadioNaBiblio RD25Anos recursos revista roteiros S.C.AntiguaGrecia Samaín saúde semana cultural solidariedade teatro textos tics titoría traballo por proxectos traducción tríptico verán viaxes vídeos violencia de xénero votacións xadrez xeografía xogos XOGOSTRADICIONAIS xornadas xornalismo xubilación

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

ESTATÍSTICAS DE VISITAS

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER