29/03/16

UNHA PIONEIRA GALEGA: ÁNXELA RUIZ ROBLES E O PRIMEIRO E-BOOK


Benvidos de novo, tras as vacacións. Se onte abríchedes Google encontraríades o doodle que está encima adicado a unha pioneira, leonesa de nacemento, pero que viviu e traballou en Galicia: Ánxela Ruiz Robles, unha mestra, escritora e inventora do que pode considerarse o primeiro ebook ou libro electrónico. Onte foi o 121º aniversario do seu nacemento. Aqui deixámosvos coa súa invención e mais información sobre ela.

15/03/16

AS SUFRAXISTAS: QUEN ERAN?



[Fotos: Á esquerda: Annie Kenny e Christable Pankhurst fundadoras do WSPU (Women's Social & Political Union) (A Unión Política e Social das Mulleres). Á dereita, a líder do movemento Emmerline Pankhurst sendo detida diante do Palacio de Buckingham en maio 1914]

Traballando para a Semana Cultural, o Departamento de Inglés está a procura de información sobre varias aspectos dos pioneiros.
- Os pioneiros Americanos, que establecéndose en todo o oeste do continente norteamericano.
- Biografías en inglés de personalidades pioneiras  para conformar unha pequena "Pioneerpedia" e a proposta dun "Pioneer Quiz".
- Información sobre o movemento sufraxista británico de principios do século XX que loitaron por conseguir o dereito de voto das mulleres. Neste enlace ao blog de inglés SUFFRAGETTE, podedes ver videos e atopar outros enlaces á información sobre as Sufraxistas, todo en inglés. Recordade que xa falamos delas aquí anteriormente pola estrea da película "SUFRAXISTAS", a finais do ano pasado.



14/03/16

VERSOS FEMININOS

Achegámosvos hoxe unha presentación feita polo 
IES "SAN PAIO" para conmemorar o Día da Muller 2016 recopilando poemas de Manuel María e ilustracións de Luís Seoane baixo o título:
"VERSOS FEMININOS"



Ilustración de Luís Seoane: Mater Gallaeciae (1961)
Presentación Issuu:

10/03/16

CERVANTES E SHAKESPEARE CARA A CARA

Xa comentamos nunha entrada anterior a efeméride do 400 aniversario do falecemento, este 2016, de dous grandes autores da literatura universal: Cervantes e Shakespeare. Cada un dende o seu xénero, estilo e linguas nas que escribiron, seguen a ser considerados pilares fundamentais da literatura 400 anos despois. Ca anécdota de que morreron incluso o mesmo día, segue estudiándose o que teñen en común ou de diferentes entre eles. Deixámosvos un enlace a un artigo e audio sobre este tema, da Cadena SER.

08/03/16

8 DE MARZO: DÍA DA MULLER TRABALLADORA. "UN DÍA PODEREMOS..."


Como cada 8 de marzo, hoxe conmemórase internacionalmente o Día da Muller. Aquí vos deixamos cun enlace con información xeral sobre este día de compromiso. E o doodle (video) que preparou Google para este día baixo o lema "ONE DAY I WILL", ou sexa, que "UN DÍA PODEREI". Que é tamén o hashtag a utilizar nas redes sociais hoxe #OneDayIWill.

+ info.

Video o doodle de Google para o Día da Muller 2016: "Un día poderei..."
 

07/03/16

XI PREMIO LITERARIO "RITA SUÁREZ AMADO"

Por undécimo ano celebrouse o Premio Literario "RITA SUÁREZ AMADO" organizado polo IES Plurilingüe Eusebio da Garda de A Coruña para recordar a unha das súas alumnas que morreu prematuramente. O pasado venres 4 de marzo fixeron entrega dos premios.
Nesta edición, dúas das nosas alumnas están entre as galardoadas. Noraboa a ambas as dúas.

- Raquel Torres Díaz (2ºESO-A)
- Mar Álvarez Varela (3ºESO-A)


01/03/16

E TI, QUE VÉS LENDO?


A Federación de Libreiros de Galicia estrea hoxe unha nova edición do concurso "E ti, que vés lendo?". O concurso ábrese hoxe e remata o 30 de xuño de 2016.
É unha plataforma para que todas persoas, sen límite de idade, amantes da lectura ou lectores casuais queiran compartir os seus gustos literarios por medio das súas propias recomendacións. Ademáis de dar a túa opinión, poderás descubrir a túa seguinte lectura
Os participantes recibirán un  presente ao entregar cada cupón de participación nas librarías asociadas á Federación. Ademáis, os gañadores recibirán un vale de 20 euros para gastar en libros que poderá canxearse ata o 30 de setembro de 2016.
Aquí vos deixamos o enlace ás BASES DO CONCURSO.

ETIQUETAS

8-M a lingua acoso-bullying actividadeBiblio actualidade adolescencia Ágora alfin amor animación ApadriñaLector arqueoloxía arte astronomía audio audiovisual autores baile bibliotecas bioloxía blog cartel centenario certames cidades ciencia ciencia-ficción cine club de lectura comic compromiso concertos concursos conferencia congresos contacontos Cosmos cuca cuestionario curta dereitos humanos deseño dicionarios didáctica discapacidade DIVERINTERCULTURAL DiversidadeCultural documentais educación efemérides encontros con escritores enl enlaces enquisas ensaios entrevista entroido exposicións expresión oral familias feminismo ficha filosofía física fomento da lectura fondos formación de usuarios formularios fotografía francés galego Galicia Gastronomía graduación Grego guías HªEscritura HªOlimpiadas historia homenaxe HoraDeLer humor ilustración inglés iniciativas intercambio interculturalidade internet latín letras galegas LIBROS LibrosVivintes linguas estranxeiras literatura manualidades matemáticas medio ambiente microrrelatos mitoloxía mochilas viaxeiras mulleres MUSE museos música nadal narrativa natureza Nobel noticias O CINE O MAR obituario obradoiro Odisea OPINIÓN ortografía P.Cervantes P.Dado Pasapalabra patrimonio PATRIMONIOGALEGO paz pioneiros PLAMBE PlanProxecta poesía premios presentación publicidade química radio Radiofiestra RadioNaBiblio RD25Anos recursos revista roteiros S.C.AntiguaGrecia Samaín saúde semana cultural solidariedade teatro textos tics titoría traballo por proxectos traducción tríptico verán viaxes vídeos violencia de xénero votacións xadrez xeografía xogos XOGOSTRADICIONAIS xornadas xornalismo xubilación

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

ESTATÍSTICAS DE VISITAS

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER