Amosando publicacións coa etiqueta linguas estranxeiras. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta linguas estranxeiras. Amosar todas as publicacións

26/10/20

DÍA DAS BIBLIOTECAS 2020 EN "BIBLIODIESTE": AS BIBLIOS EN TEMPOS DE PANDEMIA



 Quixemos conmemorar o Día das Bibliotecas 2020 recopilando nas distintas linguas estranxeiras que se ensinan no noso centro os consellos prácticos de prevención que estamos xa acostumados a ver e escoitar en galego e castelán por mor da pandemia. Como son estes consellos en...

GREGO E LATÍN





INGLÉS



+ on COVID PREVENTION plus videos (+ sobre prevención COVID en inglés con videos)

FRANCÉS




21/02/19

DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA 2019


Día internacional da Lingua Materna

O recordatorio de que hoxe celébrase o Día Internacional da Lingua Materna que foi proclamado pola Conferencia Xeral da UNESCO en novembro de 1999 e celébrase anualmente dende o 21 de febreiro de 2000 cos obxectivos de promover o plurilingüismo e a diversidade cultural. 
A Xunta de Galicia e a Rede de Dinamización Lingüística veñen sumándose nos últimos anos a esta celebración, contextualizándoa na nosa comunidade e orientándoa á promoción e transmisión da lingua galega.

21/02/17

DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA 2017


O 21 de febreiro celébrase, como cada ano, o Día Internacional da Lingua Materna. Νο mundo hai mais de 7000 idiomas, dos que probablemente o 50% perderanse en poucas xeracións. Dos que sobrevivan, o 96% serán linguas faladas só polo 4% da poboación mundial. O resto falará uns poucos idiomas que convertiranse en maioritarios. Iste ano, esta celebración está adicada á educación plurilingüe.

+ info: A verdadeira riqueza está na lingua materna [El País]

21/02/15

DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA 2015: QUINCE ANIVERSARIO


O termo lingua materna refírese á primeira lingua ou idioma que aprende unha persoa. Chámase "materna" porque é a muller quen a transmite aos fillos. Tamén se refiere á  lingua que se coñece mellor no caso dos fillos de pais con idiomas distintos ou no caso de ser unha persoa que coñece moitas linguas. Así como, á lingua adquirida de forma natural sen intervención pedagóxica.
A importancia da lingua materna, explícanos a UNESCO, é unha que merece gran reflexión e atención. En primeiro lugar, as linguas son dunha riqueza cultural incalculable, trátase nada menos que dunha forma única de interpretar a realidade, un ben cultural que conxunta identidade, integración social, comunicación. 
Este ano cúmplense 15 años de accións e "estructura de vixilancia operativa" que realiza a Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO). Ano a ano, dende o 2000, levaron ao tema a distintos aspectos culturais nos que resalta o valor e a atención ás linguas maternas.
Este ano 2015 o tema é A educación inclusiva por medio do idioma – Os idiomas contan. Resulta un tema moi complicado e importante debido ao traballo que se ten por diante: capacitación docente, sensibilización social e integración de materiais educativos de calidade.
Para coñecer máis sobre a lingua materna e a riqueza destes podes visitar o sitio Endangered lenguages, "un proxecto destinado á preservación e documentación de linguas de todo o mundo". En ese sitio se explica que das 7 mil linguas que se falan actualmente se espera que o 50% desaparezan antes do vindeiro século.

21/01/15

APRENDENDO LINGUAS ESTRANXEIRAS "ONLINE"


Están a proliferar plataformas na rede para aprender e practicar linguas estranxeiras "online", e nalgúns casos de forma gratuita, como se explica neste artigo de "El País". En calquer caso, vale a pena darse un paseo por estes sitios web e ver se nos pode axudar como complemento ás clases do instituto.
Enlaces a plataformas web para aprender/practicar linguas estranxeiras:

19/12/14

PASADE UNHAS BOAS VACACIÓNS DE NADAL 2014! (E MIRADE CÓMO PODEDES FELICITALAS EN 24 IDIOMAS DIFERENTES)

Aquí a nosa entrada para desexarvos unhas boas vacacións de Nadal 2014. Á vez podedes aprender 24 formas distintas de felicitar o Nadal, vendo o video que está máis abaixo.
Felicitando o Nadal en 24 idiomas distintos, mira o video:


Versión en inglés @ ClickOnEnglish.

25/09/14

DÍA EUROPEO DAS LINGUAS 2014


Como cada ano, celebrase o Dia Europeo das Linguas, este ano o 25 de setembro en lugar do 26, unha iniciativa que lanzaron conxuntamente a Comision Europea e o Consello de Europa dende o ano 2011 en que se celebrou o Ano Europeo das Linguas. Os 42 estados membros do Consello de Europa animan aos mais de 800 millons de europeos a aprender mais linguas a calquera idade, dentro e fora das ámbito educativo. Convencidos de que a diversidade lingüística é unha ferramenta para lograr unha mellor comprensión intercultural, é un elemento importante na rica herdanza cultural do noso continente, o Consello de Europa promove o plurilingüsmo en toda Europa.
Así este xoves 25 de setembro os institutos culturais europeos abren as súas portas para celebrar este Día Europeo das Linguas 2014, para despertar o interese polos idiomas, invitar a acercarse a culturas menos coñecidas e descubrir aos artistas e a gastronom'ia propia doutras rexions. Poderase disfrutar da actividades culturais e propostas diferentes: minicursos de idiomas para cativos, rapaces e adultos, feiras gastronómicas, bookcrossing, visitas guiadas, exposicións, contacontos, lecturas dramatizadas, música, proxeccións... 
Aos que participen nas actividades e visiten as instutucións se lles fará entrega dun "Pasaporte lingüístico" co que poderán gañan premios.
Máis información neste enlace: web EUNIC.

Pero ainda con este Día Europeo das Linguas, hai 21 idiomas europeos en perigo de poder sobrevivir nesta era dixital, como podedes ler neste enlace:
21 idiomas europeos, en perigo de extinción dixital




16/05/14

PROXECTO GAELAICO


Parece que houbo unha unión lingüística de Europa atlántica previa ao Latín, alomenos eso din os autores do Proxecto Gaelaico, que demostran que existiu unha clara relación entre Irlanda, Escocia, a illa de Man e Galicia  
Esa identidade compartida vese incluso nos nomes das súas linguas: gaeilge (irlandés), gàidhlig (escocés), gaelg (da illa de Man) e galego. Tamén sosteñen que esta influencia consérvase en Galicia nos topónimos:
- Ézaro (palabra gaélica que significa "cascada"),
- Tordoia (= "pedra longa"),
- Manzaneda (= "montaña de neve").

Máis sobre este proxecto nos seguintes enlaces:
- Artigo de "LA VOZ DE GALICIA".
- A páxina web do Proxecto Gaelaico.

18/03/14

ROSALÍA MÁIS INTERNACIONAL


A escritora máis famosa de Galicia segue mostrando a súa internacionalidade. Unha mestra galega Xela Cuñarro, que está a ensinar en Irlanda, quería mostrar ao seu alumnado o legado desta escritora. Tanto Galicia como Irlanda teñen en común a temática da emigración, que Rosalía aborda na súa obra. Así que Xela escolleu "Adiós ríos, adiós fontes", un dos poemas máis universais da literatura galega. Aquí está o resultado, o alumnado da Escola de Santa María de Mullaghbawn, de Irlanda do Norte, recitan o seu poema en Galego, Inglés e Gaélico, como podedes ver no video.




Enlace á noticia na prensa ("La Voz de Galicia"):

El emocionante «Adiós ríos, adiós fontes» de los niños de Irlanda


Versión en inglés desta entrada @ ClickOnEnglish.

26/09/13

DÍA EUROPEO DAS LINGUAS 2013


O  Día Europeo das Linguas celebrase hoxe, 26 de setembro, tal e como foi proclamado polo Consello de Europa, o 6 de decembro do 2011, ao remate do Ano Europeo das Linguas (2001), que se organizou conxuntamente polo Consello de Europa e a Unión Europea. O seu obxectivo é promocionar a aprendizaxe das linguas en toda Europa.

   Os obxectivos xerais deste Día Europeo das Linguas son:
  • concienciar á xente da importancia da aprender idiomas e diversificar a gama de linguas que se aprenden para aumentar o plurilingüismo e o entendimento intercultural.
  • promocionar a rica diversidade lingüística e cultural de Europa.
  • animar á aprendizaxe das linguas ao longo de toda a vida dentro e fora do sistema escolar.
Cumprindo estes obxectivos, anímase á xente de todas as idades a estudiar un idioma ou a sentirse orgulloso das propias habilidades lingüísticas de cada un. Tamén se anima aos responsables en proporcionar o acceso á aprendizaxe de linguas, a facilitar que a xente aprenda unha ampla variedade de linguas e a apoiar iniciativas políticas que promocionen  as linguas.

Hai aproximadamente 225 linguas vernáculas en Europa -casi o 3% do total do mundo. A maioria das linguas europeas son de orixe indoeuropea. Dende finais do século XVIII, o idioma máis extendido de Europa (tanto xeográficamente como polo número de falantes) foi o ruso, que substituiu ao francés. Contando só falantes nativos, aproximadamente 150 millóns de europeos falan ruso diariamente, seguidos polo alemán (aprox. 95m), o turco (aprox. 80m), o inglés e o francés (65m cada un), o italiano (60m), o castelán e o polaco (40m cada un), o ucraniano (30m) e o rumano (26m). En canto á aprendizaxe de linguas estranxeiras, o inglés é a lingua estranxeira mais popular en Europa, seguido polo alemán, o francés, o italiano, o ruso e o castelán.

  

Versión en inglés desta entrada @ ClickOnEnglish.

ETIQUETAS

8-M ApadriñaLector Cosmos DIVERINTERCULTURAL DiversidadeCultural Galicia Gastronomía Grego HoraDeLer HªEscritura HªOlimpiadas LIBROS LibrosVivintes MUSE Nobel O CINE O MAR OPINIÓN Odisea P.Cervantes P.Dado PATRIMONIOGALEGO PLAMBE Pasapalabra PlanProxecta RD25Anos RadioNaBiblio Radiofiestra S.C.AntiguaGrecia Samaín XOGOSTRADICIONAIS a lingua acoso-bullying actividadeBiblio actualidade adolescencia alfin amor animación arqueoloxía arte astronomía audio audiovisual autores baile bibliotecas bioloxía blog cartel centenario certames cidades ciencia ciencia-ficción cine club de lectura comic compromiso concertos concursos conferencia congresos contacontos cuca cuestionario curta dereitos humanos deseño dicionarios didáctica discapacidade documentais educación efemérides encontros con escritores enl enlaces enquisas ensaios entrevista entroido exposicións expresión oral familias feminismo ficha filosofía fomento da lectura fondos formación de usuarios formularios fotografía francés física galego graduación guías historia homenaxe humor ilustración inglés iniciativas intercambio interculturalidade internet latín letras galegas linguas estranxeiras literatura manualidades matemáticas medio ambiente microrrelatos mitoloxía mochilas viaxeiras mulleres museos música nadal narrativa natureza noticias obituario obradoiro ortografía patrimonio paz pioneiros poesía premios presentación publicidade química radio recursos revista roteiros saúde semana cultural solidariedade teatro textos tics titoría traballo por proxectos traducción tríptico verán viaxes violencia de xénero votacións vídeos xadrez xeografía xogos xornadas xornalismo xubilación Ágora

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

ESTATÍSTICAS DE VISITAS

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER