Amosando publicacións coa etiqueta HoraDeLer. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta HoraDeLer. Amosar todas as publicacións

16/10/24

Novas bibliotecas de aula

Para a Hora de ler, cada alumno ou alumna pode traer o seu libro para ler. De todas maneiras hai organizadas xa unhas pequenas bibliotecas de aula. Os libros están seleccionados por idades e son de temáticas e xéneros variados tendo en conta a diversidade no grupo.

O alumnado axudante de biblioteca (2 por aula) será o encargado de manter en orde e con mimo esta pequena biblioteca de aula. Queremos evitar que os libros estean tirados nun recuncho ou espallados por andeis sen ton nin son.

En cada aula estará colocado un cartel moi visual cunha cita sobre a importancia de ler. Estes forman parte desta campaña desde a Biblioteca para fomentar o gusto pola lectura, por un lado, e coidar os espazos e a Hora de Ler, por outro.

Mimemos estes espazos, que sexan bonitos e coidados polo alumnado!





14/10/24

Comeza a Hora de ler

A hora de ler ten como obxectivo principal fomentar o gusto pola lectura entre os rapaces e rapazas. Está dirixida a todos os cursos de ESO.

Cada día dedicamos 20 minutos dunha sesión á lectura. 

  • Na semana que comezou o 7 de outubro: 20 minutos na 1º sesión da mañá
  • Na semana que comeza o 14 de outubro: 20 minutos na 2ª sesión da mañá
  • Na semana que comeza o 21 de outubro: 20 minutos na 3ª sesión da mañá

E así ata a segunda semana de decembro na que faremos un parón por mor da proximidade da avaliación. Os calendarios están visibles en cada aula.

O alumnado axudante será o encargado de lembrar o horario cada día ou semana aos seus compañeiros e aos profes, por se nos esquecemos.

O docente pode decidir na súa clase como establecer a Hora de Ler: o comezo ou ao final da sesión, lectura individual en silencio, lectura en alto, dramatizacións etc.



10/10/22

HORA DE LER 2022-23: HORARIOS TRIMESTRAIS


 Esta semana empezamos coa actividade de "HORA DE LER". Son 20 minutos diarios adicados a lectura nunha das sesións de clase, cambiando a hora da sesión cada semana correlativamente. Empézase á primeira hora da xornada na primeira semana e cambia á segunda, terceira... sesións consecutivamente ata chegar á sexta para volver a empezar de novo.
Achegamos tamén os horarios da actividade para cada un dos trimestres do curso.
Boa lectura a tod@s!







21/03/22

HORA DE LER 2021-22: HORARIO 3º TRIMESTRE


 A actividade da HORA DE LER no terceiro trimestre, comeza o LUNS 4 de abril NA SEGUNDA HORA durante toda esta primeira semana e continuará rotando as semanas seguintes: terceira hora, cuarta, etc... ata a última semana o 23 ao 27de maio.

Lembramos que a Hora de Ler consiste en 20 minutos diarios de lectura en todas as aulas da ESO, cambiando sucesivamente a hora cada semana.


10/01/22

HORA DE LER 2021-22: HORARIO 2º TRIMESTRE

Dende a Biblioteca desexamos que tiverades unas boas vacacións. Empezamos o curso coa hora de ler 2. Van adxuntos o horario e as indicacións sobre como se organiza esta actividade. Bo ano. Saúdos.



 

06/04/21

HORA DE LER 2021 - HORARIO TERCEIRO TRIMESTRE

 


Benvidos ás aulas de novo. A actividade da HORA DE LER no terceiro trimestre, comeza o MARTES 6 de abril NA SEXTA HORA durante toda esta primeira semana e continuará rotando as semanas seguintes: primeira hora, segunda, etc... ata a última semana o 31 de maio ao 4 de xuño.

Lembramos que a Hora de Ler consiste en 20 minutos diarios de lectura en todas as aulas da ESO, cambiando sucesivamente a hora cada semana.

Para ver modalidades posibles da hora de ler durante a pandemia, mirade AQUÍ

08/01/21

HORA DE LER 2020-21: HORARIO DO 2º TRIMESTRE


 Benvidos ás aulas de novo. A actividade da HORA DE LER no segundo trimestre, comezará o vindeiro luns 11 de xaneiro ata o 19 de marzo, cun total de dez semanas. 

Lembramos que a Hora de Ler consiste en 20 minutos diarios de lectura en todas as aulas da ESO, cambiando sucesivamente a hora cada semana.

Para ver modalidades posibles da hora de ler durante a pandemia, mirade AQUÍ

14/10/20

HORA DE LER 2020-21: HORARIO DO 1º TRIMESTRE


 A actividade da HORA DE LER, comezará o luns 19 de outubro e ata o 4 de decembro para este primeiro trimestre, cun total de nove semanas. 
Lembramos que a Hora de Ler consiste en 20 minutos diarios de lectura en todas as aulas da ESO, a primeira semana a 1ª hora, a segunda semana a 2ª hora e así sucesivamente.
En tempos de pandemia as modalidades poden ser varias:

-MODALIDADE 1: o alumnado trae o seu propio libro da casa ou pídeo en préstamo na biblioteca.  O importante é que todo o alumnado participe na HORA DE LER. Para evitar que se poidan pasar os libros uns aos outros sen control, sería conveniente que o primeiro día puxesen todos un marcapáxinas co seu nome dentro do documento que escollan para ler, e que se queren cambiar de libro transcorran polo menos esas cinco horas que están fixadas para a cuarentena. 

-MODALIDADE 2: proxectar lecturas e que lean da pantalla por turnos.

-MODALIDADE 3: lectura do profesor como modelo, etc

07/01/20

CALENDARIO HORA DE LER NO 2ºTRIMESTRE 2019-20


Benvidos de volta ás clases. Queremos recordarvos o calendario da Hora de Ler para este 2º trimestre do curso 2019-20. Empezamos estes tres días coa 4ªhora para ir continuando a rotación das semanas como habitualmente.

04/10/19

HORA DE LER 2019-20

Recordámosvos que a data de comezo da HORA DE LER 2019-20 é este luns 7 de outubro. 
Esta primeira semana (do 7 ao 11 de outubro) leremos todos os días vinte minutos nas aulas da ESO a 1ª hora, todas as materias. A semana do 14 ao 18 de outubro leremos a segunda hora e así sucesivamente todas as semanas ata a sexta semana que tocará a sexta hora.
Despois volvemos a comezar a primeira hora, e así sucesivamente ata o 6 de decembro.
Deixamos libres as dúas semanas finais de trimestre polos exames e as avaliacións.
Polo tanto haberá HORA DE LER todos os días lectivos dende o 7 de outubro ata o 6 de decembro.
O calendario estará exposto en todos os taboleiros de todas as aulas da ESO, e tamén no televisor do patio central.
O alumnado ten que traer os libros da casa e tamén pode pedilos en préstamo na biblioteca. Precisamente hai un andel na biblioteca, ao fondo, xunto ás ventás do fondo con lecturas axeitadas por cursos. Pero hai que pasar por préstamo. 

29/03/19

HORA DE LER (3º TRIMESTRE)

Comenzamos o terceiro trimestre do curso e dende a Biblioteca queremos recordar sobre a HORA DE LER nos grupos da ESO.
Retomamos o calendario que rematara na semana do 11 ao 15 de marzo que era unha semana que tivo a hora de ler na 6ª sesión do horario. Polo tanto, empezamos coa hora de ler neste trimestre na 1ª sesión do horario e iremos rotando ata a semana do 10 ao 14 de xuño, agás a semana do 29 de abril ao 3 de maio, que por ser a SEMANA CULTURAL, non faremos esta actividade.



1 a 5 de abril: 1ª hora
8 a 12 de abril: 2ª hora
23 a 26 de abril:  3ª hora
29 de abril a 3 de maio: Semana Cultural
6 a 10 de maio: 4ª hora
13 a 16 de maio: 5ª hora
20 a 24 de maio: 6ª hora
27 a 31 de maio: 1ª hora
3 a 10 de xuño: 2ª hora

10 a 14 de xuño: 3ª hora






08/01/19

RECORDATORIO SOBRE A HORA DE LER (2º TRIMESTRE)

Comenzamos xa o segundo trimestre do curso e dende a Biblioteca queremos recordar sobre a HORA DE LER nos grupos da ESO.
Retomamos o calendario que rematara na semana do 3 ao 5 de decembro que era unha semana que tiña a hora de ler na 3ª sesión do horario. Polo tanto, empezamos coa hora de ler neste trimestre na 4ª sesión do horario e iremos rotando ata a semana do 11 ao 15 de marzo, agás se semana de Entroido e deixando a seguinte semana libre por ser previa á avaliación.





Xaneiro: 8-14 3ªh / 14-18 4ªh / 21-25 6ªh / 28-1 1ªh
Febreiro: 4-8 2ªh / 11-15 3ªh / 18-22 4ªh / 25-1 5ªh
Marzo: 11-15 6ªh


RECORDATORIO
A actividade é para todo o alumnado da ESO. A organización é así:
Cada trimestre dedicaríanse seis semanas, quedando libres aquelas máis próximas ás avaliacións. Todos os días de cada unha desas seis semanas dedicaríanse vinte minutos á actividade:
1ª semana------ a 1ª hora todos os días da semana (20 primeiros minutos)
2ª semana------ a 2ª hora todos os días da semana (20 primeiros minutos)
3ª semana------ a 3ª hora todos os días da semana (20 primeiros minutos)
(Así sucesivamente ata rematar as seis semanas)

26/11/18

HORA DE LER 2018-19


Todo o claustro do 'Rafael Dieste', no pasado mes de xuño, adoptamos o compromiso de fortalecer a actividade de HORA DE LER diaria para todos o alumnado da ESO establecendo por horas e días ese momento de lectura obrigatoria de lecer, para así pasar por todas as materias e sesións do curso.
Dende a biblioteca organizamos o horario e aportamos os materiais que foron necesarios para levalo a cabo.
Agora que xa pasaron as primeiras seis semanas da "Hora de ler", estamos comprobando que é unha actividade que está a funcionar moi ben, que os alumnos a acollen con agrado, e son eles mesmos quen lembran ás veces aos profesores. Os profesores tamén fan unha valoración moi positiva desta actividade.

ETIQUETAS

8-M ApadriñaLector Cosmos DIVERINTERCULTURAL DiversidadeCultural Galicia Gastronomía Grego HoraDeLer HªEscritura HªOlimpiadas LIBROS LibrosVivintes MUSE Nobel O CINE O MAR OPINIÓN Odisea P.Cervantes P.Dado PATRIMONIOGALEGO PLAMBE Pasapalabra PlanProxecta RD25Anos RadioNaBiblio Radiofiestra S.C.AntiguaGrecia Samaín XOGOSTRADICIONAIS a lingua acoso-bullying actividadeBiblio actualidade adolescencia alfin amor animación arqueoloxía arte astronomía audio audiovisual autores baile bibliotecas bioloxía blog cartel centenario certames cidades ciencia ciencia-ficción cine club de lectura comic compromiso concertos concursos conferencia congresos contacontos cuca cuestionario curta dereitos humanos deseño dicionarios didáctica discapacidade documentais educación efemérides encontros con escritores enl enlaces enquisas ensaios entrevista entroido exposicións expresión oral familias feminismo ficha filosofía fomento da lectura fondos formación de usuarios formularios fotografía francés física galego graduación guías historia homenaxe humor ilustración inglés iniciativas intercambio interculturalidade internet latín letras galegas linguas estranxeiras literatura manualidades matemáticas medio ambiente microrrelatos mitoloxía mochilas viaxeiras mulleres museos música nadal narrativa natureza noticias obituario obradoiro ortografía patrimonio paz pioneiros poesía premios presentación publicidade química radio recursos revista roteiros saúde semana cultural solidariedade teatro textos tics titoría traballo por proxectos traducción tríptico verán viaxes violencia de xénero votacións vídeos xadrez xeografía xogos xornadas xornalismo xubilación Ágora

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

ESTATÍSTICAS DE VISITAS

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER