Amosando publicacións coa etiqueta narrativa. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta narrativa. Amosar todas as publicacións

16/05/14

ENTREGA DE PREMIOS

Varios alumn@s de 1º de ESO do noso centro presentáronse a un concurso de redacción convocado pola Biblioteca Municipal de Os Rosais, animados pola súa profesora de Lingua Española. Tamén se presentou o alumnado de Grego de 1º de Bacharelato ao concurso de narración en soporte vídeo, convocado pola mesma Biblioteca. A entrega de premios terá lugar o venres 30 de maio ás 19.
Aquí tedes o cartel. ESPERÁMOSVOS ALÍ E...SORTE!

21/10/13

OBRADOIRO DE ESCRITURA CREATIVA

Se tes entre 12 e 16 anos e che gusta escribir, 

os días 11 e 18 de novembro ás 19:30 h. 

tes unha cita na Biblioteca do Forum Metropolitano 

con Francisco Castro

que impartirá un obradoiro gratuito de iniciación á escritura

centrada no desenvolvemento da creatividade, a 

experimentación literaria e o pracer de escribir.


Concibido desde unha perspectiva lúdica e moi participativa, os asistentes teredes a oportunidade de plasmar sobre o papel todo o que caiba na vosa imaxinación, literaturizar vosa vida, xogar a crear mundos coas palabras, escribir poemas, relatos e contos a partir de actividades sorprendentes. En definitiva, a gozar da experiencia literaria e da creación escrita porque desde o minuto uno do obradoiro escribiredes literatura.
Francisco Castro proporcionaravos actividades que actuarán como catalizadores da creatividade. Despois, sobre os resultados obtidos (os poemas, os relatos, a descrición dos personaxes, a literaturización dalgún aspecto da realidade), será o momento de teorizar e mostrar como grandes autores e autoras da literatura universal construían o seu universo de ficción.
O Obradoiro é eminentemente práctico e participativo e ten como obxectivo escribir e gozar do feito de crear literatura, así como aprender as técnicas básicas da creación literaria.
Non o penses máis e incríbete! Tes ata o 5 de novembro para apuntarte. Pásate pola Biblioteca Forum, chámanos ao Teléfono 981184298 ou envía un correo electrónico a bforum@coruna.es indicando os teus datos.

19/09/13

SUXESTIÓN DE LECTURA PARA OS ALUMNOS DE BACH.

Agora que aínda estamos a comezar o curso e non temos enriba os apuros e os nervios de exames e traballos é o momento ideal para ir collendo o ritmo coa lectura de libros interesantes e, á vez, amenos. Este é o caso da novela El lector de Julio Verne de Almudena Grandes, un libro que, estou segura, vos namorará dende a primeira páxina.

El lector de Julio Verne é o segundo libro da serie “Episodios de una guerra interminable”, que se inicia con Inés y la alegría, na que a autora nos conta episodios da Historia de España da segunda metade do século XX dunha forma sinxela e entretida. Nesta obra son os ollos dun neno de nove anos a través dos que vemos o que sucede ao longo de dous anos nun pobo andaluz da España profunda da posguerra, onde a guerra civil parece non ter rematado aínda pola presenza dos maquis e as accións da garda civil. Neste ambiente de medo, inseguridade, dor e humillación, a triste e solitaria vida do neno vai cambiar coa chegada dun forasteiro, que se vai converter no seu amigo, e a relación cunha anciá que lle vai abrir a porta ao mundo dos libros. Porque El lector de Julio Verne é "un canto ao amor e á amizade, unha loa ao amor aos libros e á convivencia, unha chamada á dignidade do ser humano e ao respecto aos mortos, sexan da cor que sexan, sen partidismos nin revanchismos e, dende logo, unha homenaxe ben sentida a esas literaturas que son o xerme da obra de Almudena Grandes, ao fantástico Xulio Verne que tanta imaxinación proporcionou á escritora e a don Benito Pérez Galdós, seu pai literario, o culpable, en palabras da autora, de que nacera nela a vocación de escritora."
Se queredes más información sobre o libro, entrade AQUÍ.

24/02/13

CONCURSO DE NARRACIÓN



Urco, a editora pioneira na edición de literatura fantástica en lingua galega convoca o: I Premio Urco de Relato Fantástico. Toda a información no enlace inferior:




07/02/12

BICENTENARIO DE CHARLES DICKENS

Hoxe celébrase en todo o mundo o bicentenario do nacemento de Ch. Dickens, un dos escritores ingleses máis lidos e coñecidos de todos os tempos. As súas novelas, nas que os nenos teñen un protagonismo especial, describen a pobreza dos suburbios de Londres de mediados do s. XIX que tan ben coñeceu.
Tedes na biblioteca as novelas e as películas Oliver Twist e David Copperfield agardando por vós e tamén os Contos de Nadal.
E se non coñecedes a vida de Ch. Dickens botádelle unha ollada a esta curta de animación ao tempo que practicades inglés.

04/04/11

EXPOSICIÓN NA BIBLIOT. GLEZ. GARCÉS


A Biblioteca González Garcés da Coruña acolle desde o día 1 de abril a exposición Querido Balbino. 1961-2011 Cincuenta anos de Memorias dun neno labrego, un percorrido pola vida de Xosé Neira Vilas a partir de fotografías, documentos, vídeos e cartas a través dos que podemos coñecer diferentes momentos da súa biografía: exilio en Arxentina e Cuba, amizade con outros exiliados, casamento con Anisia Miranda... e por outro lado a traxectoria da obra máis lida e traducida da literatura galega, da que se teñen feito ademais numerosas adaptacións teatrais e audiovisuais, a partir de fotografías de época e reproducións das múltiples edicións e traducións realizadas. A exposición conta tamén coa proxección dun documental sobre Balbino, 10 traballos dos pintores galegos Paco Lareo, Chema Pazos, Rofer, Esperanza Lema, Federico Fernández, Xoán Domato, Antón Pulido, Herminda Salgueiro, Siro López e o Xaquín Marín, que renden a súa homenaxe á obra, e unha carta do propio autor titulada “Carta a Balbino, que pecha a exposición.

A mostra, que percorrerá as principais bibliotecas e museos de Galicia, foi inaugurada polo propio escritor, que recibiu ademais unha homenaxe: foi nomeado socio de honra da Asociación galega do libro infantil e xuvenil (Gálix) e foi agasallado cun libro que recolle cartas dirixidas a Balbino, escritas na actualidade por persoas relevantes da cultura e da sociedade galega.

A mostra conta tamén cun catálogo explicativo ilustrado por comentarios aparecidos ao longo deste medio século de vida de Memorias dun neno labrego.

03/04/11

ESTREA D'A CASA DA LUZ


Hoxe á tarde terá lugar no Teatro Rosalía de Castro a estrea de A casa da Luz, unha película de Carlos Amil baseada na novela homónima de Xabier P. Docampo que fora gañadora do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil.
A través dunha historia plantexada como un xogo na que un grupo de nenos vai á percura dun pintor e profe de debuxo desaparecido nun mundo descoñecido e misterioso, a película A casa da luz "quere convidar aos nenos - e tamén ós que deixaron de selo - a unha viaxe na que descubran por medio da diversión, as emocións e a sorpresa que cada día podemos volver a casa máis sabios se conseguimos superar o medo ó descoñecido, que a amizade é máis indestrutible do que supoñiamos e que a solidariedade e a unión entre os pequenos permite vencer aos poderosos.” (Vimbio Films).

Un proxecto integramente galego dende a dirección, produción, dirección artística, actores, lingua da rodaxe e recreación do mundo pictórico ao que alude o texto, obra do ilustrador Xosé Cobas, autor tamén das ilustracións do libro.

06/01/11

50 ANOS DE MEMORIAS DUN NENO LABREGO

En primeiro lugar FELIZ ANO A TOD@S!!!
Iniciamos o ano cunha celebración que nos cae moi de preto, os 50 anos de Memorias dun neno labrego, un libro fundacional da narrativa infantil e xuvenil galega, editado en B. Aires o 5 de xaneiro de 1961. Quen lle ía dicir a Neira Vilas que o xénero que acababa de inaugurar en galego acadaría un desenvolvemento tan importante na nosa lingua.

Memorias dun neno labrego é o libro máis lido e máis traducido ata este momento na literatura galega. E aínda que hoxe o prototipo de neno galego xa non é rural senón urbano, continúa a ser unha obra de referencia para que os rapaces das vilas e cidades de Galicia coñezan como vivían os seus avós ou os seus pais hai tan só 50 ou 60 anos nesas aldeas abandonadas ás que se cadra van pasar dous ou tres días nas vacacións.

O protagonista destas memorias chámase Balbino, e comeza presentándose así:

"EU SON...

BALBINO. Un rapaz da aldea. Coma quen dis, un ninguén. E ademais, probe. Porque da aldea tamén é Manolito, e non hai quen lle tusa, a pesares do que lle aconteceu por causa miña.
No vrao ando descalzo. O pó quente dos camiños faime alancar. Magóanme as areas e nunca falta algunha brocha pra espetárseme nos pés. Ergome con noite pecha, ás dúas ou tres da mañán, pra ir co gando, restrevar ou xuntar monllos. Cando amañece xa me doi o lombo e as pernas. Pero o día comenza. Sede, sol, moxardos.
No inverno, frío. Ganas de estar arreo ó pé do lume. Muiños apeados. Faladurías de neves e lobos. Os brazos son coma espeteiras pra encolgar farrapos. Murnas, fridas, dedos sin tentos.
¡Qué saben desto os nenos da vila!
Eles iñoran o que eu penso mentras boto ó corpo un gurruncho de caldo con broa. Ou o que sinto cando estou no monte pingando, aterecido, vendo por entre a chuvia un pantasma bretemoso en cada árbore. [...]
Eu quixera andar mundo. Ir por mares e terras que non coñezo. Nacín e crieime na aldea pero agora síntoa pequena, estreita. [...] Teño pensamentos que non lle podo contar a ninguén. Algúns non me entenderían e outros chamaríanme tolo. Por eso escribo. [...]
Son Balbino. Un rapaz de aldea. Un ninguén."

SE AÍNDA NON COÑECEDES AS MEMORIAS DE BALBINO É O MOMENTO DE COÑECELAS. SEGURO QUE NON VOS DEIXARÁN INDIFERENTES.

24/05/10

LA EVOLUCIÓN DE CALPURNIA TATE

La evolución de Calpurnia Tate da neozelandesa Jacqueline Kelly é unha novela xuvenil, mais o certo é que a súa lectura resulta apropiada, atractiva e agradable para calquera idade.

Malia ser a primeira novela da autora, acadou un éxito extraordinario entre os lectores e obtivo a Medalla de Honra Newberry.

A tradución ao español realizada por Isabel Margelí foi publicada o pasado mes de marzo por Roca Editorial que nos fai a seguinte sinopse:

"Calpurnia, Callie Vee, é unha nena que vive nun pobo de Texas a finais do s. XIX. Malia que a súa nai insiste en que aprenda a tocar o piano, coser e cociñar, ela está máis interesada no que ocorre tras a porta pechada da biblioteca, ou no laboratorio do seu avó. Pouco a pouco irá gañando a este señor un tanto túzaro e comezará a colaborar con el nas súas observacións do medio natural, aprenderá quén é Darwin, qué son as especies e as subespecies e tamén o idiotas que se volven os irmáns maiores cando se namoran."

Vede o que di a propia Calpurnia:
"Entonces el abuelo me contó unas cosas increíbles. Me explicó maneras de llegar a la verdad de cualquier tema, no sólo sentándote a pensar en ello como Aristóteles (un señor griego, listo pero confundido), sino saliendo a mirar con tus propios ojos; me habló de hacer hipótesis e idear experimentos, y de comprobar mediante observación y llegar a una conclusión."

Os capítulos inícianse con frases do libro de Ch. Darwin "A orixe das especies" e van mesturando momentos de humor con outros máis serios nos que Calpurnia se enfronta á sociedade machista do seu tempo e ao seu destino de ama de casa. Como sinala José SanClemente "Calpurnia é a nena apaixonada que nos tería gustado ser e o exemplo que lle poñeríamos aos nosos fillos".


“El eslabón perdido entre Mark Twain y Charles Darwin. Una gran novela de aprendizaje cuyos lectores se convertirán en buenos lectores, buenos científicos y, sobre todo, jóvenes curiosos y apasionados. En Calpurnia está el origen de una admirable especie de supervivientes”. Ricard Ruiz Garzón .

«La evolución de Calpurnia Tate es la novela más deliciosa que he leído en muchos, muchos años… La lucha de Callie porque le permitan tener curiosidad intelectual resulta refrescante, divertida y muy acertada incluso para la época en que vivimos.» —The New Yorker.

«Cada uno de los capítulos de esta irresistible novela empieza con una cita de El origen de las especies. Calpurnia y su abuelo estudian la obra maestra de Darwin, lo que lleva a Callie a tener ideas revolucionarias con respecto a lo que podría conseguir ella.» —New York Times Book Review.

AQUÍ
tedes as primeiras páxinas para que vos animedes a continuar.

20/05/10

DIVÍRTETE COAS MATEMÁTICAS

Forges ilustra e Millás enche os bocadillos, ou o escritor elixe o friame para que o humorista gráfico o emparede. A orde non está clara, e mellor non preguntar por se che explican un sistema de traballo pouco ortodoxo. O caso é que a unión destes dous xenios pariu un libro sobre a vida soñada do sistema métrico decimal, aquí un sistema asimétrico paranormal. Leva por título Números pares, impares e idiotas e seguro que vos ides divertir moito léndoo.
Ilustración e texto están intrínsecamente relacionados, cun mesmo ton, irónico e á vez tenro, como se pode ver na ilustración e o fragmento que tedes a continuación:

“No es que fuera fácil contar y numerar con los números romanos, pero eran mejor que nada.

- Yo tengo XXX años.
- Yo quiero V kilos de patatas.
- Pedro me ha quitado VI cromos.
- A mi hijo le han salido XV granos en la cara.

Entre tanto, había en África unos números árabes muy fáciles de entender y muy prácticos para contar y para numerar las cosas, que al enterarse de las dificultades europeas decidieron emigrar en busca de un trabajo aritmético digno.”

Ou no capítulo "El caso del número discapacitado" que podedes ler premendo sobre as letras do título.

E cando rematedes con este podedes seguir con estoutros:



Mirade ben cales vos resultan máis chamativos e logo pasade pola biblioteca a solicitar o préstamo.

E se queredes dar un paseiño matemático pola historia da literatura só tedes que facer clic AQUÍ.

05/04/10

EL GRAN BAZAR DEL FERROCARRIL

Aínda que comecen mañá as clases, quen nos impide seguir viaxando? Non se necesita facer reserva de billete nin facer a maleta..., e ademais é gratis. Só temos que entrar en El gran bazar del ferrocarril e deixarnos levar pola máquina.
Paul Theroux, o autor do libro, sente unha atracción especial polos trens dende neno e cada vez que escoita o aubío dun tren non pode reprimir a tentación de subir a el. Tanta é a súa teima que un día sobe a un na estación Victoria de Londres disposto a coñecer todos os que hai de alí a Tokio. Así pois, o libro é a crónica da súa viaxe nos diversos trens a través de Europa, Turquía, Extremo Oriente e Siberia.
Preparados para comezar? Pois, boa viaxe!

16/03/10

DONDE APRENDEN A VOLAR LAS GAVIOTAS

Arturo, un rapaz de quince anos estudante de 3º da ESO, vai pasar as vacacións do verán en Noruega, lonxe da súa familia, para practicar inglés. Alí con Erick, o seu anfitrión, descubrirá unha misteriosa caixa enterrada no xardín da casa, edificada onde estivera situado un bunker dun campo de concentración nazi durante a segunda guerra mundial. A caixa levaraos a reconstruír a historia da avoa de Erick, enferma de Alzheimer.
Una novela que une emoción, aventura, humor e que fai reflexionar sobre temas moi variados.
Se queredes coñecer máis detalles entrade AQUÍ.

15/03/10

A ACTUALIDADE DOS MITOS HOMÉRICOS

Cando a xornalista Begoña Caamaño presentou o seu libro Circe ou o pracer do azul na Coruña, comentou que os mitos seguen a ter unha actualidade asombrosa. E iso podémolo comprobar na súa novela, na que realiza unha reescritura de Homero desde un punto de vista feminista.

Porque como di Oriana Méndez " o fundamental nas protagonistas non son as súas respectivas condicións de deusa e de mortal, senón a condición compartida de muller."

En Circe ou o pracer do azul, Penélope, case convencida da morte do seu home despois de agardar por el durante once anos, recibe un día unha carta dunha misteriosa muller chamada Circe que lle di que o seu home vive con ela un romance apaixonado e que lle escribe porque non podería ser "digna da felicidade que agora posúo de non vos facer partícipe da verdade." A partir deste momento comenza entre ambas unha relación epistolar na que falan e reflexionan tamén sobre outras mulleres famosas como Helena, Medea, Andrómaca...e que provocará unha serie de cambios nas súas vidas.

"A Circe que defende Caamaño é unha muller libre, antes que unha deusa pérfida. Apaixónase, pero tamén coñece o cálculo, polo que a terrible sona que a acompaña está incluso prevista e premeditada",
lembra O. Méndez, quen nos fala tamén de Penélope nestes termos: "Ademais de se perfilar como a esposa prudente, xuizosa, firme e leal ao seu reino e ao seu rei ausente, cala os acontecementos e os motivos que lle outorgan razón de ser á novela, xa que quizais de Penólope ser só o que aparenta ser, non podería manter o pulso a Circe nas cartas que anunciaban a perda de Ulises."

13/03/10

DELIBES, CAZADOR DE PALABRAS

Miguel Delibes foi algún tempo profesor, logo periodista e sempre narrador de obras inesquecibles da literatura española do século XX. Quen non leu algún dos seus libros de referencia El camino, El príncipe destronado, Los Santos Inocentes, Cinco Horas con Mario, Las ratas, El hereje...?

Delibes era un mestre do idioma, un cazador de palabras, unha desas poucas persoas que teñen o talento de facer que un idioma siga vivo eternamente. A RAE botará en falta o seu bornal.

Imos lembralo coa lectura duns fragmentos da súa novela El hereje, a historia de Cipriano Salcedo, cuxa nai morre ao pouco del nacer, algo que seu pai non lle perdonará nunca. Cipriano medrará ao pé das saias da súa ama de cría nunha época convulsa desde o punto de vista político e relixioso, na España do s. XVI, ata que é separado dela á forza. Xa adulto, entrará en contacto co movemento protestante que se está a introducir en España clandestinamente, o que repercutirá fatalmente no seu destino.

"El destete de Cipriano, como no podía ser menos, repercutió en el cuerpo de Minervina. Sus pechos, de por si pequeños, se achicaron un poco más, se apretaron, mientras su cuerpo espigaba y los miembros recuperaban la felina elesticidad enervada con la crianza. Engolosinado con el sexo, a don Bernardo no le pasó inadvertida esta leve metamorfosis. Su mirada se iba tras la muchacha cuando aparecía en sus dominios y la seguía placenteramente con la vista sin dejarlo. En ocasiones, cuando portaba en sus manos levantadas algún objeto delicado de loza o porcelana y temía que su contenido se derramara, sus pisadas se hacían mínimas, y deliciosa su cadencia, el leve ondular de sus caderas. El niño la perseguía por todas partes. Desde que arrancó a andar pasaban tantas horas en el piso de las buhardillas, donde dormían, como en el principal."
(Cap. IV, pax. 139)

"Cipriano cerró los ojos. Lo primero que pensó no fue en la delación sino en la amargura que aquellas palabras habrían producido en el espíritu de doña Ana. Luego pensó en las plumas del sombrero de fray Domingo al disfrazarse para la huída. Sintió hacia él, de pronto, una cierta aversión, tan engreído, tan pagado de si mismo, tan sesgo. Su crueldad para con doña Ana no había sido precisamente un acto cristiano. El dominico se había comportado brutalmente con la niña, había destruído su armazón espiritual sin miramientos." (Cap. XV, pax. 434).

Lemos na contraportada: El hereje es
"un canto apasionado por la tolerancia y la libertad de conciencia, unha novela inolvidable sobre las pasiones humanas y los resortes que las mueven."

09/03/10

EL LIBRO SALVAJE

El Libro salvaje de Juan Villoro sae por primeira vez en novembro do 2008 editado polo Fondo de Cultura Económica con ilustracións de Gabriel Martínez Meave. Hoxe temos nas nosas mans a edición de Siruela de 2009.

Juan Villoro
é un dos escritores mexicanos actuais máis importantes e escribe tanto literatura para adultos como literatura infantil.

El libro salvaje
é un libro de literatura infantil que poden ler tamén os adultos, unha homenaxe ao mundo dos libros cunha trama que atrapa ao lector dende o comezo. O protagonista e narrador da historia é un neno de trece anos que ten que pasar unhas vacacións de verán na casa dun tío solteiro, medio chiflado e apaixoado polos libros, onde vivirá a maior aventura da súa vida: vaise iniciar no pracer da lectura e vaise namorar dunha nena chamada Catalina. A casa do tío de Juan é unha inmensa biblioteca, un labirinto no que conviven todo tipo de libros, entre eles El libro salvaje, un libro que se resiste a ser lido e que Juan deberá atopar e atrapar para descubrir o segredo que agocha entre as súas páxinas.

Que estrañas características posuirá ese libro? Por que se resiste a ser lido? Iso só o poderedes saber se vos mergullades nas súas páxinas.

04/02/10

SONATA DE AMOR

Sonata de amor é o primeiro volume da tetraloxía Cuarteto de cuerda da escritora Blanca Álvarez.

Carme, unha estudante de violín de dezasete anos, busca compañeiros para formar un cuarteto e dar concertos coa fin de xuntar cartos para facer unha viaxe a Normandía co seu mozo. Pon un anuncio no conservatorio e axiña recibe as chamadas de tres rapazas: Carla, Celia e Cloe. Os ensaios irán forxando unha amizade entre elas: xuntas compartirán durante un tempo alegrías, tristezas, desexos e decepcións, á vez que descobren a historia que envolve a "Sonata de amor" do compositor e pianista Glen Gondelier.

O amor, un dos temas fundamentales da obra, está tratado dunha forma moi ampla: atopamos o amor non correspondido, a elección da parella adecuada, as contradiccións do amor, o amor sacrificado ou o amor que fai entolecer ata levar á morte.

Pero tamén atopamos neste libro a paixón pola música e a tenacidade, o esforzo e o sacrificio que conleva.

Podedes ler o primeiro capítulo premendo sobre a portada do libro.

01/02/10

PARA AS/OS ROMÁNTICAS/OS

Outro libro que vos pode gustar é 97 formas de decir "te quiero" de Jordi Sierra i Fabra. Resumímosvos o argumento para que vos fagades unha idea:

Cristóbal, un rapaz que leva unha vida máis ou menos tranquila, coñece un día a unha rapaza chamada Daniela que lle conta unha desconcertante historia de amor, á que a morte, segundo ela, puxo punto e seguido. A partir dese momento Cristóbal vaise converter, sen pretendelo, en protagonista desa historia, a reencarnación dun rapaz que viviu hai vinte anos unha apaixoante historia de amor cunha rapaza que se suicidou ao día seguinte da súa morte. Incrédulo, comeza a investigar, e pouco a pouco vaise ver atrapado por uns sentimentos que o conducirán a sentirse enganado. Un incrible desenlace vaino axudar a madurar e a definir o seu futuro.

APRENDERÁ CRISTÓBAL AS 97 MANEIRAS DE DICIR "QUÉROTE"?

COMPROBÁDEO E LOGO FALAMOS.

22/01/10

ESKORIA


Entre o luns 25 de xaneiro e o venres 29, a biblioteca celebrará a Semana Escolar da Non Violencia e a Paz con diversas actividades que vos iremos anunciando cada día, entre elas unha exposición de libros que teñen relación con este tema.
Eskoria é un deses libros que non poden faltar nesa exposición porque trata un tema que nos toca a todos moi de preto: o tema do acoso escolar.
Eskoria conta a historia dun rapaz que sofre todo tipo de insultos, ameazas e golpes por parte duns compañeiros, e non é quen de comprender o porqué desa situación. Isto vaino conducir pouco a pouco a illarse do seu conntorno sen que ninguén se dea conta. Ata que coñece a outro rapaz que se atopa nunhas condicións parecidas e consegue saír do inferno no que vivía para volver a ser coma antes.
OS QUE QUEIRADES SABER MÁIS SOBRE ESTA OBRA E SEU O AUTOR PODEDES INFORMARVOS AQUÍ.
E SE QUEREDES INFORMARVOS SOBRE O ACOSO ESCOLAR E A PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DESDE A FAMILIA PREMEDE AQUÍ.

13/01/10

EL JUEGO DE LA LUNA


Caeu nas nosas mans un precioso álbum de banda deseñada, obra do guionista Enrique Bonet e do debuxante J. L. Munuera que queremos recomendarvos. Trátase de El juego de la luna, unha historia a medio camiño entre o conto fantástico tradicional, o relato de aventuras e o drama.

A historia está ambientada en Aldea, un pobo illado no que os seus habitantes sobreviven a duras penas e onde os nenos xogan e fantasean rodeados de vellos que lles contan as extrañas historias do monstro do pozo.

Os protagonistas da historia son Artemisa e o seu irmán pequeno. Artesima sente unha atracción especial pola lúa e un día decide internarse no bosque co seu irmán para vela mellor. Mais alí vai ter lugar un suceso que marcará as súas vidas para sempre.

Neste simulacro de entrevista aparecida en irreverendos, os autores falan sobre a súa obra:

"MUNUERA: Señor Bonet, con ocasión de la aparición en las librerías de El juego de la Luna, publicado en España por Astiberri y en Francia por Dargaud, ¿podría usted contarnos de que demonios trata la cosa?

BONET: Que jodida pregunta... Siendo muy breve, diría que es la historia de una niña fascinada por la luna. Como eso suena poco prometedor, hemos ido añadiendo elementos para sustanciarlo: una aldea recóndita y anclada en el tiempo, un pozo abandonado, un monstruo que habita en su interior, un juego nocturno plagado de niños corriendo por un inmenso bosque, un suceso trágico, un tirano hijodeputa, un extranjero medio mago, medio charlatán capaz de sortear el paso del tiempo, un oso sanguinario, un extraño héroe enamorado que habla con los animales... Y si nos ponemos tontuelos y trascendentes habría que decir que El juego de la luna, aunque no es un tebeo de miedo, trata sobre todo del miedo: del miedo a crecer, del miedo a superar nuestros propios temores y a tomar las riendas de nuestra vida, ¿no cree usted?

MUNUERA: Completamente de acuerdo, querido. Siempre he admirado su capacidad de síntesis. En efecto, es una historia de desarrollo, de madurez, que cuenta el paso de la infancia (y sus temores) a la edad adulta (con terrores aún más temibles, bien que menos metafísicos).

El juego de la luna foi elixida a mellor obra nacional de Expocomic 2009 polos internautas.
Se queredes ver máis cousas sobre o álbum entrade AQUÍ.

12/01/10

AVENTURAS NA NEVE

Que mellor maneira de lembrar a un escritor que ler unha das súas obras?

Pois hoxe gustaríanos que lembrásedes a Jack London, lendo algún dos seus libros. Quen non escoitou falar algunha vez de Cairo branco, A chamada da selva ou Lobo de mar.

London, que naceu o 12 de xaneiro de 1876 en San Francisco, levaba a aventura no sangue, e ese espírito transmitiullelo ás súas novelas e contos, que ambienta en lugares tan distantes como os xeos do Ártico ou os mares do Sur, escenarios que lle son familiares porque formaron parte da súa vida de aventureiro.

Entre os personaxes das sus obras soe introducir animais, como é o caso da novela que hoxe vos recomendamos, Cairo branco, que ten como protagonista a un lobo gris que se adaptará á convivencia cos homes.

Para saber máis sobre este autor premede AQUÍ.

E se queredes recrearvos nas imaxes que London describe no seu libro, podedes ver, ao finalizar a lectura do libro, a versión cinematográfica que vos deixamos a continuación.

ETIQUETAS

8-M ApadriñaLector Cosmos DIVERINTERCULTURAL DiversidadeCultural Galicia Gastronomía Grego HoraDeLer HªEscritura HªOlimpiadas LIBROS LibrosVivintes MUSE Nobel O CINE O MAR OPINIÓN Odisea P.Cervantes P.Dado PATRIMONIOGALEGO PLAMBE Pasapalabra PlanProxecta RD25Anos RadioNaBiblio Radiofiestra S.C.AntiguaGrecia Samaín XOGOSTRADICIONAIS a lingua acoso-bullying actividadeBiblio actualidade adolescencia alfin amor animación arqueoloxía arte astronomía audio audiovisual autores baile bibliotecas bioloxía blog cartel centenario certames cidades ciencia ciencia-ficción cine club de lectura comic compromiso concertos concursos conferencia congresos contacontos cuca cuestionario curta dereitos humanos deseño dicionarios didáctica discapacidade documentais educación efemérides encontros con escritores enl enlaces enquisas ensaios entrevista entroido exposicións expresión oral familias feminismo ficha filosofía fomento da lectura fondos formación de usuarios formularios fotografía francés física galego graduación guías historia homenaxe humor ilustración inglés iniciativas intercambio interculturalidade internet latín letras galegas linguas estranxeiras literatura manualidades matemáticas medio ambiente microrrelatos mitoloxía mochilas viaxeiras mulleres museos música nadal narrativa natureza noticias obituario obradoiro ortografía patrimonio paz pioneiros poesía premios presentación publicidade química radio recursos revista roteiros saúde semana cultural solidariedade teatro textos tics titoría traballo por proxectos traducción tríptico verán viaxes violencia de xénero votacións vídeos xadrez xeografía xogos xornadas xornalismo xubilación Ágora

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

ESTATÍSTICAS DE VISITAS

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER