31/01/13

A L.I.X. SEGUE DE NORABOA: AGUSTÍN FDEZ. PAZ DOCTOR HONORIS CAUSA



Agustín Fernández Paz foi nomeado doctor honoris causa pola Universidade de Vigo.
O autor de múltiples libros para a infancia e a mocidade, o dinamizador de movementos de renovación pedagóxica e defensor da lingua, ve así recoñecida a súa achega á cultura e ao saber deste país.
Conta con numerosos premios entre os que destacan o Nacional de Literatura Infantil por O único que queda é o amor, o Lazarillo por Contos por palabras,o Edebé infantil con A escola dos piratas e o xuvenil por Trece anos de Branca, o Merlín por As flores radiactivas, o premio Rañolas por Cartas de inverno ...
Os seus libros están traducidos a múltiples idiomas. A súa voz chega cada vez a máis lugares. Segue a falar e a escribir, Agustín!
Publicado por Asesoría Bibliotecas Escolares para Rede Lectura
 A nosa máis sinceira noraboa a este escritor ao que tanto lle debe a Literatura Infantil e Xuvenil.
Fai ben pouco (19/12/2012), publicábamos outra entrada sobre Agustín neste blog: Premio da Crítica 2012.


SEMANA DA PAZ-CANCIÓNS (4): "NADA PARTICULAR"


Pasou o día, pero continuamos coa semana da paz. A cuarta canción é de 1993 "NADA PARTICULAR" de Miguel Bosé. A canción trata o tema dos desarraigamentos da xente que ten que desprazarse pola destrucción que producen as guerras no seus países. Nos anos 90, a guerra dos Balcanes estaba tendo lugar no propio "civilizado" continente europeo.

Video "NADA PARTICULAR", Miguel Bosé:


30/01/13

SEMANA DA PAZ 2013. CANCIÓN (3): "IMAGINE"

Outro ano mais, como cada 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar da Non-violencia e a Paz (DENIP), xornada educativa non gubernamental fundada en España en 1964 polo poeta e pacifista mallorquín Llorenç Vidal Vidal como punto de partida e de apoio para unha educación non-violenta e pacificadora de carácter permanente e que se comemora cada ano na mesma data, no aniversario da morte de Mahatma Gandhi. Incluímos enlaces. A canción de hoxe é un clásico da paz "IMAGINE" ("Imaxina") de John Lennon, co video orixinal subtitulado en inglés e castelán.

Enlace a outros Días da Paz en Arquivos.
Enlace á paxina web DENIP.

Video "IMAGINE", John Lennon (con subtitulos inglés/castelán):

Versión en inglés desta entrada en ClickOnEnglish.

29/01/13

ACTO NA BIBLIOTECA POLA PAZ


MÚSICA E LITERATURA NA BIBLIOTECA


[1 de Febreiro de 10.30 a 11,20 na Biblioteca ]

Presentación

APERTURA: Audición ou ¿karaoke? ROSARIO FLORES “No dudaría” http://www.youtube.com/watch?v=GthTsTBBzWc&feature=player_embedded
LECTURA:
           1. Los nadies, ED. GALEANO
 
      2. A illa en rebelión, LANGSTON HUGHES
     
      3.Heal the world, MICHAEL JACKSON
http://www.youtube.com/watch?v=tUnz4Bu0m9s&feature=player_embedded#!
 
       4. Coma lobos, C. CASARES
 
      5. Rosa de la paz, AMARAL
 
       6. Verdad que sería estupendo
 
      7. Verdad que sería estupendo, CÓMPLICES
      http://www.youtube.com/watch?v=YTqf9L8X8JM

8. Moitos xeitos de matar, B. BRECHT
 
      9. One love, Playing for change
 
      10. Blowin´ in the wind
 
      11. Blowin´in the wind, BOB DYLAN

 CIERRE : Lectura dramatizada de La muralla a cargo dos alumnos de S1ºC e D
 
            La muralla de Ana Belén

UNA ESCRITORA DE L.I.X. NA ACADEMIA GALEGA: FINA CASALDERREY


Estamos de noraboa. A literatura infantil y xuvenil (L.I.X.) está de noraboa. A razón é que unha escritora, que ten regalado tantas horas de lecer a nenos e mozos galegos, acaba de ser nomeada académica numeraria da Real Academia Galega. Trátase de Fina Casalderrey, autora da que atoparedes unha morea de libros na biblioteca. Esperámosvos no mostrador de préstamo.
Este enlace á páxina de Rede Lectura da Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia:
- UNA ESCRITORA DE L.I.X. NA ACADEMIA.


Xosefa Casalderrey Fraga, nada en Xeve (Pontevedra) o 11 de agosto de 1951, é unha escritora galega.Exerceu como mestra dende os dezanove anos, xubilándose no 2011 como profesora de ensino secundario. Foi no ensino onde comezou a crear e dirixir pezas teatrais representadas polo seu alumnado, algunhas recollidas en Edicións Xerais.
Unha das súas inquedanzas é a investigación etnográfica, onde gañou concursos diversos premios co seu alumnado. Outra inquietude é a gastronomía, e así publicou, xunto con Mariano García, O libro da empanadaFestas gastronómicas de Galicia e Repostería en Galicia.
Colabora na prensa, revistas, congresos, xurados, pregóns, charlas-coloquio, mesas redondas... sobre literatura, gastronomía, entre outros temas.
En 1991 deuse a coñecer no mundo das publicacións coa novela xuvenil Mutacións xenéticas. No ano 1996 foille concedido o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil coa novela O misterio dos fillos de Lúa. A maior parte da súa obra está traducida ás linguas peninsulares, isto é, ao catalán, éuscaro, asturiano, aragonés, castelán e portugués.
En 2013 foi elixida membro da Real Academia Galega, ocupando a vacante deixada por Xaime Illa Couto

SEMANA DA PAZ-CANCIÓNS (2): "LA MURALLA"


A segunda canción da paz é un poema de Nicolás Guillén que foi cantado por varios intérpretes latinoamericanos pero que en España convertiron en clásico Ana Belén e Víctor Manuel "LA MURALLA" dende que a grabaron nun concerto en 1976. É unha canción que sempre cantan no seus directos xuntos, como no video que incluímos.

Video "LA MURALLA", Ana Belén e Víctor Manuel no Teatro Romano de Mérida:


28/01/13

SEMANA DA PAZ-CANCIÓNS (1): "ANOTHER DAY IN PARADISE"

Na semana na que se celebrará o Día da Paz (30 xaneiro) imos adicar entradas a repasar cancións que teñen que ver co tema. Escomenzamos coa canción de 1989 "ANOTHER DAY IN PARADISE" ("Outro día no paraíso") do británico Phil Collins. A canción trata da xente que non ten fogar, tema de gran actualidade polos desafiuzamentos que teñen lugar por mor da crise. Non se pode lograr unha paz verdadeira cando a inxusticia social se manifesta a cotio. Incluímos o video da canción, subtitulada en inglés e castelán.

Video "ANOTHER DAY IN PARADISE", Phil Collins:

Versión inglesa desta entrada en ClickOnEnglish.

25/01/13

ACTIVIDADES DA SEMANA DA PAZ




Este ano celebraremos de novo a
SEMANA DA PAZ
(do 28 de xaneiro ao 1 de febreiro) 
lendo textos literarios. Esta vez a lectura será nas aulas, na hora de titoría, e os textos estarán no blog. Serán os titores os encargados de abrir os enlaces que previamente lles faremos chegar dende a biblioteca.
Como acto final,
o venres 1 de febreiro
haberá un acto na biblioteca a 3ª hora (10:30h),
no que os alumnos de 1ºESO C e D
lerán uns textos e dramatizarán unha canción.

Ademáis, cada día, durante toda a semana, habera unha nova entrada no blog da biblioteca co video dunha canción en favor da paz e os dereitos humanos.

24/01/13

DÉIXATE APADRIÑAR

Khanimambo significa grazas en shangana, unha lengua ancestral do sur de Mozambique. Na que falan os rapaces apadriñados por esta fundación. Con esta palabra empezou o soño, que hoxe é o de moitos nenos de Xai-Xai. Os nosos problemas son nimiedades en comparación coa súa situación pero...

A que entran gañas de sorrir cando os miras? Contaxian a risa!


Mais información sobre a Fundación Khanimambo AQUÍ.

17/01/13

CONSPIRACIÓN CONTRA O LIBRO E A LECTURA



O pasado día 10 de xaneiro, o xornal El País publicou un interesante artigo de Juan Cruz da cruzada existente en contra do libro e da lectura. Podedes leelo neste enlace:
CONSPIRACIÓN CONTRA EL LIBRO, Juan Cruz, El País (10/01/2013).

11/01/13

"CARTAS DE INVERNO" EN FORMATO CÓMIC

A novela de Agustín Fernández Paz Cartas de inverno acaba de ser pasada a banda deseñada por ANTONIO SEIJAS. Celebramos poder ter esta obra en dous xéneros tan diferentes. Según comenta o propio Fernández Paz:
“Este Cartas de inverno de Antonio Seijas recolle a historia, os personaxes e os ambientes que creei no seu día, comezando pola omnipresente mansión onde todo sucede. Trátase da mesma historia, narrada a través da linguaxe do cómic e a través doutra mirada. A capacidade de suxerir que teñen as palabras trasládase aquí ás elipses narrativas. A tensión creada coas palabras trasládase ás imaxes e á montaxe das viñetas. Os estados de ánimo atopan a súa correspondencia na paleta de cores utilizada polo autor. Todas as pezas encaixan para conformaren unha obra con valor de seu. De aí que declare a miña alegría ante a publicación destas novas Cartas de inverno.”


O noso propósito é que ao longo deste mes de xaneiro poida estar a disposición de todos os usuarios da nosa biblioteca.

ETIQUETAS

8-M a lingua acoso-bullying actividadeBiblio actualidade adolescencia Ágora alfin amor animación ApadriñaLector arqueoloxía arte astronomía audio audiovisual autores baile bibliotecas bioloxía blog cartel centenario certames cidades ciencia ciencia-ficción cine club de lectura comic compromiso concertos concursos conferencia congresos contacontos Cosmos cuca cuestionario curta dereitos humanos deseño dicionarios didáctica discapacidade DIVERINTERCULTURAL DiversidadeCultural documentais educación efemérides encontros con escritores enl enlaces enquisas ensaios entrevista entroido exposicións expresión oral familias feminismo ficha filosofía física fomento da lectura fondos formación de usuarios formularios fotografía francés galego Galicia Gastronomía graduación Grego guías HªEscritura HªOlimpiadas historia homenaxe HoraDeLer humor ilustración inglés iniciativas intercambio interculturalidade internet latín letras galegas LIBROS LibrosVivintes linguas estranxeiras literatura manualidades matemáticas medio ambiente microrrelatos mitoloxía mochilas viaxeiras mulleres MUSE museos música nadal narrativa natureza Nobel noticias O CINE O MAR obituario obradoiro Odisea OPINIÓN ortografía P.Cervantes P.Dado Pasapalabra patrimonio PATRIMONIOGALEGO paz pioneiros PLAMBE PlanProxecta poesía premios presentación publicidade química radio Radiofiestra RadioNaBiblio RD25Anos recursos revista roteiros S.C.AntiguaGrecia Samaín saúde semana cultural solidariedade teatro textos tics titoría traballo por proxectos traducción tríptico verán viaxes vídeos violencia de xénero votacións xadrez xeografía xogos XOGOSTRADICIONAIS xornadas xornalismo xubilación

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

ESTATÍSTICAS DE VISITAS

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER