XI SEMANA CULTURAL 2020: "O MAR"

XI SEMANA CULTURAL 2020: "O MAR"

SEMANA HOMENAXE A PILAR PALLARÉS

SEMANA HOMENAXE A PILAR PALLARÉS
Decembro 2019 - Premio Nacional de Poesía

24/02/17

FELIZ ENTROIDO 2017


Chegamos ao día esperado... comeza o Entroido 2017! 
Preparados para a festa e o disfraz.
Hoxe teremos festa no insti e despois uns cantos días para disfrutar.
Disfrutádeos!

+ info: AXENDA DO ENTROIDO EN GALICIA 2017

21/02/17

DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA 2017


O 21 de febreiro celébrase, como cada ano, o Día Internacional da Lingua Materna. Νο mundo hai mais de 7000 idiomas, dos que probablemente o 50% perderanse en poucas xeracións. Dos que sobrevivan, o 96% serán linguas faladas só polo 4% da poboación mundial. O resto falará uns poucos idiomas que convertiranse en maioritarios. Iste ano, esta celebración está adicada á educación plurilingüe.

+ info: A verdadeira riqueza está na lingua materna [El País]

20/02/17

"LA LECTORA FUTURA"


Na entrada anterior, presentabamos a plataforma dixital para o fomento da lectura. Hoxe mostrámosvos outra plataforma dixital que contén unha páxina web, unha revista dixital e un boletín diario con toda a información relevante para un lector interesado. Todas as noticias relacionadas co mundo literario, axenda de eventos, buscador de libros e incluso unha tenda para poder compralos. Xa está en funcionamento e é gratuita. Deixamos o enlace:


17/02/17

BENVIDOS A "LEEMOS"


"Bienvenidos a 'Leemos'", así nos recibe o novo proxecto dixital da Fundación Telefónica e a Fundación José Manuel Lara para o fomento da lectura que ven de presentarse o pasado día 15 de febreiro. Nace co obxectivo de crear un programa de mellora real da comprensión lectora do alumnado. "Leemos" é unha plataforma dixital gratuita baseada nun entorno de lecturas recomendadas con tres espazos diferenciados: profesorado, lectores xoves e familias. Deixámosvos aquí o enlace para que visitedes esta nova páxina.

Plataforma dixital de fomento da lectura: "LEEMOS"

14/02/17

SAN VALENTÍN 2017



Un ano máis chega o San Valentín ás nosas vidas, pero non todo o amor ten por qué ser romántico... o amor está presente nun sinfín de actos e detalles da nosa vida cotiá, só tendes que vos fixar un pouco e sacarlle unha foto.
Este curso o equipo de dinamización da biblioteca organiza un concurso fotográfico co tema:
"o amor no día a día"

Tendes ata hoxe 14 de febreiro para entregar na biblioteca as vosas fotos. Se queredes podésdelle poñer un título.
A mellor foto terá un pequeno agasallo.

Incluímos fotos da exposición de libros e películas de temática romántica que fixemos na biblioteca:

10/02/17

DÍA DA PAZ: ENTREVISTA AOS MEDIADORES



Como xa falamos, este curso para conmemorar o Día Da Paz, o pasado 30 de xaneiro, entrevistamos ao grupo de mediadores do noso instituto. Estes foran as preguntas:



1- En qué consiste a mediación?
2- Por qué decidíchedes ser mediadores?
3- Cantas horas de formación recibíchedes?
4- En qué consistiu esa formación?
5- Qué cualidades ten que ter unha boa mediadora?
6- Cantos casos leváchedes o curso pasado? E iste?
7- Tiveron un resultado satisfactorio?
8-   Houbo algún caso que non fósedes quen de resolver e que pasara a mans de Xefatura de Estudos para seren sancionados?
9- Cales son os cursos máis conflictivos?
10- Cales adoitan ser as causas que levan a mediación?
11- Pensades que ter un grupo de mediación no instituto é positivo?
12- Vedes que a vosa labor ten resultados no día a día?
13- Levades casos de acoso?
14- Recomendaríades a experiencia a outras persoas?

Podedes ver o video picando neste ENLACE.


ETIQUETAS

a lingua acoso-bullying actividadeBiblio actualidade adolescencia Ágora alfin amor animación ApadriñaLector arqueoloxía arte astronomía audio audiovisual autores baile bibliotecas bioloxía cartel centenario certames cidades ciencia ciencia-ficción cine club de lectura comic compromiso concursos conferencia congresos contacontos Cosmos cuca cuestionario curta dereitos humanos deseño dicionarios didáctica discapacidade DiversidadeCultural documentais educación efemérides encontros con escritores enlaces enquisas ensaios entrevista entroido exposicións expresión oral familias ficha filosofía física fomento da lectura fondos formación de usuarios formularios fotografía francés galego Galicia Gastronomía graduación Grego guías HªEscritura HªOlimpiadas historia homenaxe HoraDeLer humor ilustración inglés iniciativas intercambio interculturalidade internet latín letras galegas LIBROS LibrosVivintes linguas estranxeiras literatura manualidades matemáticas medio ambiente microrrelatos mitoloxía mochilas viaxeiras Morte de Sócrates mulleres MUSE museos música nadal narrativa natureza Nobel noticias O CINE obituario obradoiro Odisea OPINIÓN ortografía Pasapalabra patrimonio paz pioneiros poesía premios presentación publicidade química radio RD25Anos recursos revista roteiros S.C.AntiguaGrecia Samaín saúde semana cultural solidariedade teatro textos tics titoría traballo por proxectos traducción tríptico verán viaxes vídeos violencia de xénero votacións xadrez xeografía xogos xornadas xornalismo

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

ESTATÍSTICAS DE VISITAS

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER