O alumnado de 4ºESO comenzou hoxe cunha serie de xornadas de formación sobre radio colaborativa. Igual que o curso pasado, os talleres son impartidos pola asociación AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios). Os grupos aprenderan como se fai un programa de radio: como locutar, elaborar unha escaleta, gravar un podcast... Nesta ocasión farán unha entrevista online a dous activistas no mundo LGTBIQ+
Amosando publicacións coa etiqueta xornadas b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta xornadas b>. Amosar todas as publicacións
04/06/21
XIII XORNADA DOS CLUBS DE LECTURA 2021
Hoxe celébrase no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela ás XIII
Xornadas dos Clubs de Lectura. A reunión anual do profesorado que coordina os clubs de lectura dos centros que participan no programa de CLUBS DE LECTURA, da Consellería de cultura Educación e Universidade. Neste curso 2020/2021 recibiron asignación, a través da convocatoria do programa, un total de 213 centros que matriculan alumnado de ESO, BAC, FP, Ensinanzas de Persoas Adultas, e Ensinanzas de réxime especial. Esta XIII Xornada dos Clubs de Lectura reunirá así a preto de 250 persoas, entre participantes, relatores e asesores e asesoras de formación do profesorado. Asiste a nosa coordinadora do Equipo de Biblioteca, Matilde de Cal.
Entrégase Premio dos Clubs de Lectura 2021, a escritora Eva Mejuto, por ser a autora galega máis lida nos clubs de lectura no curso 2019/2020. Premio, que xa recibiron Agustín Fernández Paz, Ledicia Costas, Miguelanxo Prado e Carlos Negro, María Reimóndez e Andrea Maceiras.
Participan a escritora Marta Sanz, o escritor, periodista e investigador en comunicación José Miguel Tomasena falará da xente moza as prácticas de lectura nas redes e o autor e ilustrador Miguelanxo Prado, Premio dos Clubs de Lectura no ano 2017.
15/04/21
ENCONTROS PLAMBE 2021
Hoxe xoves 15 e mañá venres 16, celebranse os Encontros do PLAMBE (Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares) 2021.
De novo, son de forma telemática en sesións de tarde de 16 a 20 horas.
20/11/20
"BIBLIODIESTE" MOLA!
Esta semana a nosa coordinadora da Biblioteca, Matilde de Cal, asistiu telemáticamente aos ENCONTROS DO PLAMBE (Plan de Bibliotecas Escolares) e atopouse cunha agradable sorpresa ao vernos mencionados nun estudio dunhas expertas catalás, entre elas Mónica Baró. Aparecemos citados nun comentario dunha profesora de primaria despois dunha visita de alumnado de 6º primaria á nosa biblioteca.
Un comentario positivo que nos fai sentir moi orgullosos do traballo que estamos a facer e da biblioteca que temos. (Podedes ver o comentario na imaxe).
05/04/16
ENCONTROS DO PLAMBE 2016 EN COMPOSTELA
Os vindeiros días 7 e 8 de abril terán lugar en Santiago de Compostela os "ENCONTROS DO PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES 2015/2016".
Trátase do encontro anual do profesorado que xestiona e coordina as Bibliotecas Escolares do PLAMBE.
21/11/15
VI XORNADAS DO PLAMBE (20-21 de novembro 2015)
Como vos anunciábamos neste blog hai uns días, este venres e sábado tiveron lugar en Compostela as VI Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia organizadas pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, a través da Asesoría de Bibliotecas Escolares e a Dirección Xeral de Educación e Formación Profesional e Innovación Educativa, a través do CAFI. Tamén vos adiantábamos que este ano tocáballe a nosa biblioteca contar aos profesores doutros centros quen somos, como estamos organizados e que actividades facemos. A ponencia, titulada "ABRINDO ESPAZOS, SUMANDO VONTADES", foi defendida pola nosa coordinadora do equipo de biblioteca e podédela ver aquí completa.
09/03/13
ENCONTROS DO PLAMBE
Onte celebráronse no Palacio de Congresos de Santiago os Encontros anuais do PLAMBE, aos que asistimos os coordinadores de biblioteca dos 504 centros que actualmente pertencemos a este proxecto.
-Pola mañá asistimos á charla de Josep Manuel Pérez Tornero "Novos medios, novas alfabetizacións: estratexias e prácticas", da que destaco estas reflexións:
.Lemos en términos mediáticos: no móvil temos a información instantánea en calquer momento e case en calquera lugar.
.non debemos depender da tecnoloxía senón que esta debe ser un instrumento noso e de inclusión social.
.temos que ser rebeldes co sistema, reinventarnos, defender a lingoaxe da realidade, non a lingoaxe politicamente correcta.
.o pivote da educacion está no equilibrio entre conservación e innovación.
Despois da charla chegou o momento das experiencias en centros. Elixin dúas:
.Traballando sen libros de texto - CEIP Os Muinhos (Muxia)
.Traballando con proxectos de ciencias - IES de Ames (A Corunha)
-Pola tarde tiveron lugar as reunións por zonas. Na zona d´A Coruña tratamos a presenza de profesorado e temáticas de ciencias nas actividades das bibliotecas; a biblioteca como compensadora de desigualdades sociais; a incorporación dos libros electrónicos á biblioteca; a hora de ler; os instrumentos de avaliación e a necesidade de establecer micro-redes entre as bibliotecas.
Finalmente no acto de clausura poidemos disfrutar dunha conferencia de Agustin Fernandez Paz na que nos falou das súas experiencias lectoras da nenez, da importancia das narracions orais,dos poucos libros que había na escola de enton, e os moitos tebeos: a forza motriz da lectura estaba na casa. Tamén leu citas para apoiar a importancia da narración no ser humano. Baixo o lema "agora entramos nós" referiuse aos mestres como factor de compensación para aqueles nenos aos que non lle contaron contos na casa, pero tendo en conta que o encontro da lectura darase se non se fai como exercicio. Afirmou que moitos lectores paran de ler na adolescencia, que cada etapa precisa de libros específicos, que a lectura en voz alta do profesor nunca é unha perda de tempo, que a escola debe propor boas lecturas, aínda que tampouco están de máis as lecturas banais.
Entre as sesións da mañá e as da tarde houbo un tempo para intercambiar ideas, compartir traballos e, mesmo, inquedanzas e reivindicacións cunha taza de café ¡o mellor momento do día!
14/04/11
ENCONTROS DO PLAMBE
Os días 7 e 8 de abril celebráronse no Palacio de Congresos de Santiago os Encontros do PLAMBE. O xoves reunímonos aqueles centros que entramos a formar parte este ano por primeira vez do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares, ao redor de 75 centros. Faláronnos de cómo, por qué, para qué as bibliotecas escolares, do uso da páxina web de Meiga, dos fondos que debe ter a colección, de novidades tecnolóxicas. En fin, que acabamos un tanto "agobiados" polo traballo que se nos vén enriba: a renovación do PLAMBE o día 5 de maio, a memoria o 10 de xuño e, por medio unha morea de actividades, incluída a semana intercultural no noso centro. Pero entón veu a cea e, con ela, a música, a charla entre nós, a catarse. Aínda que din que "mal de muchos consuelo de tontos", a verdade é que consola ver que todos estamos igual. Ademais desa charla xurdiron colaboracións interesantes.
O día seguinte, xa todos xuntos, os 374 centros do PLAMBE, faláronnos de avaliación, reunímonos por zonas para intercambiar puntos de vista e futuras colaboracións, visitamos a exposición de tantos traballos que facemos actualmente desde as bibliotecas dos centros, comimos e tomamos café sentados no campo. A guinda final foi NEIRA VILAS, que gustazo escoitalo falar! Conserva aos seus 82 anos unha mente moi lúcida e unha conversa amena e chea de optimismo e vitalidade. Pediu perdón por estar vivo, MAIS EU AGRADÉZOLLO porque tiven a ocasión de asistir a unha charla moi agradable.
Como non levei a cámara de fotos, déixovos esta reportaxe fotográfica tomada prestada do blog o segrel do penedo, e un enlace ao espazo Moodle de Bibliotecas Escolares para que vexades a información.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
ETIQUETAS
8-M
ApadriñaLector
Cosmos
DIVERINTERCULTURAL
DiversidadeCultural
Galicia
Gastronomía
Grego
HoraDeLer
HªEscritura
HªOlimpiadas
LIBROS
LibrosVivintes
MUSE
Nobel
O CINE
O MAR
OPINIÓN
Odisea
P.Cervantes
P.Dado
PATRIMONIOGALEGO
PLAMBE
Pasapalabra
PlanProxecta
RD25Anos
RadioNaBiblio
Radiofiestra
S.C.AntiguaGrecia
Samaín
XOGOSTRADICIONAIS
a lingua
acoso-bullying
actividadeBiblio
actualidade
adolescencia
alfin
amor
animación
arqueoloxía
arte
astronomía
audio
audiovisual
autores
baile
bibliotecas
bioloxía
blog
cartel
centenario
certames
cidades
ciencia
ciencia-ficción
cine
club de lectura
comic
compromiso
concertos
concursos
conferencia
congresos
contacontos
cuca
cuestionario
curta
dereitos humanos
deseño
dicionarios
didáctica
discapacidade
documentais
educación
efemérides
encontros con escritores
enl
enlaces
enquisas
ensaios
entrevista
entroido
exposicións
expresión oral
familias
feminismo
ficha
filosofía
fomento da lectura
fondos
formación de usuarios
formularios
fotografía
francés
física
galego
graduación
guías
historia
homenaxe
humor
ilustración
inglés
iniciativas
intercambio
interculturalidade
internet
latín
letras galegas
linguas estranxeiras
literatura
manualidades
matemáticas
medio ambiente
microrrelatos
mitoloxía
mochilas viaxeiras
mulleres
museos
música
nadal
narrativa
natureza
noticias
obituario
obradoiro
ortografía
patrimonio
paz
pioneiros
poesía
premios
presentación
publicidade
química
radio
recursos
revista
roteiros
saúde
semana cultural
solidariedade
teatro
textos
tics
titoría
traballo por proxectos
traducción
tríptico
verán
viaxes
violencia de xénero
votacións
vídeos
xadrez
xeografía
xogos
xornadas
xornalismo
xubilación
Ágora
PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA
-
Nestes días de recollida e limpeza xeral de corpo e espírito, as bibliotecas do IES Pintor Colmeiro de Silleda e do IES As Lagoas de Oure...
-
A IASL, International Association of School Libraries , convoca anualmente no mes de outubro a conmemoración do Día Internacional da B...
-
Estes días temos expostos na biblioteca os traballos realizados por uns alumnos de 4ºB sobre "Moléculas de ADN". Noraboa a ...
-
Aqui tedes a 1ª entrega do que fomos facendo estes días: SEMANA INTERCULTURAL on PhotoPeach
-
Acabaron os exames!!! Mañá será o día de recoller as notas e ao mellor, coa emoción, alguén esquece que a biblioteca estará aberta para os ...
-
Benvidos ás aulas de novo. A actividade da HORA DE LER no segundo trimestre , comezará o vindeiro luns 11 de xaneiro ata o 19 de marzo, c...
-
Todos os anos na nosa cidade celébrase por estas datas un concurso no que participan alumnos da materia de Cultura Clásica de catro centr...
-
No Día Internacional da Muller Traballadora, hoxe 8-Marzo, queremos compartir o cómic de Emma Clit sobre a carga mental que soportan as ...
-
Un ano mais 'BiblioDieste' quere participar na conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminació...
PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES
-
Todos os anos na nosa cidade celébrase por estas datas un concurso no que participan alumnos da materia de Cultura Clásica de catro centr...
-
Onte venres celebramos a ceremonia de Graduación da promoción de alumnado 'Rafael Dieste 2019'. O acto celebrouse no Auditorio A...
-
Benvidos ás aulas de novo. A actividade da HORA DE LER no segundo trimestre , comezará o vindeiro luns 11 de xaneiro ata o 19 de marzo, c...
-
Nestes días de recollida e limpeza xeral de corpo e espírito, as bibliotecas do IES Pintor Colmeiro de Silleda e do IES As Lagoas de Oure...
-
Na semana na que se celebrará o Día da Paz (30 xaneiro) imos adicar entradas a repasar cancións que teñen que ver co tema. Escomenzamos...
-
Aqui tedes a 1ª entrega do que fomos facendo estes días: SEMANA INTERCULTURAL on PhotoPeach
-
A IASL, International Association of School Libraries , convoca anualmente no mes de outubro a conmemoración do Día Internacional da B...
-
Compartimos hoxe unha páxina web "FAMILIAS LECTORAS" da Junta de Andalucía dende a que se abren as portas á cooperación entre ...
-
Os derradeiros coletazos da Semana Cultural. Hoxe mostramos a presentación sobre os planetas e os deuses vista no Salón de actos o pas...
-
Outra entrada referida ao cine e as ciencias, trátase dun libro "QUE LA CIENCIA TE ACOMPAÑE" de Miguel Barral. Aquí incluí...
PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE
-
Todos os anos na nosa cidade celébrase por estas datas un concurso no que participan alumnos da materia de Cultura Clásica de catro centr...
-
Esta é a guía de lecturas e vídeos que o equipo de biblioteca vos recomenda para estas vacacións de Nadal . Entregaremos unha en cor par...
-
Un ano mais 'BiblioDieste' quere participar na conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminació...
-
Benvidos ás aulas de novo. A actividade da HORA DE LER no segundo trimestre , comezará o vindeiro luns 11 de xaneiro ata o 19 de marzo, c...
-
Acabaron os exames!!! Mañá será o día de recoller as notas e ao mellor, coa emoción, alguén esquece que a biblioteca estará aberta para os ...
-
O voluntariado da Biblioteca e o alumnado do equipo de Mediación e Convivencia do Dieste compartiron unha saía ás Illas Atlánticas. Saímos d...
-
Os que vos pasades pola Biblioteca case a diario, xa vistes ao longo deste mes que temos ordenadores novos nas mesas novas, que falta facían...
-
Quen conseguirá curar máis corazóns partidos o 14 de febreiro? Aquí tedes a menciña Podedes tomar toda a que queirades. Non posúe contraindi...
-
O Xallas dende O Pindo O 8 de febreiro de 1835 nacía en Ponteceso un neno que chegaría a ser coñecido como o Bardo , voceiro da corren...
-
Como esta semana xa abrimos a biblioteca, acercámosvos unha presentación que explica qué facer para atopar un libro que queremos na nosa ...







