Amosando publicacións coa etiqueta discapacidade. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta discapacidade. Amosar todas as publicacións

01/05/19

X SEMANA CULTURAL: EXPO ORIENTACIÓN, CINE E DIVERSIDADE



A exposición do Departamento de Orientación foi realizado nas clases de Pedagoxía Terapéutica.
O Cine, ademais dun entretenemento, pode converterse nun magnífico vehículo para amosar diferentes realidades sociais. Pódenos axudar a visibilizar mellor aspectos da gran diversidade que presentamos as persoas.
Mais aínda, o cine pode ser unha auténtica ferramenta de inclusión ó dar ó protagonismo das súas historias á persoas que presenten distintos tipos de discapacidades e así superar a incompresión e a intolerancia que ás veces nos causa o descoñecemento dista diversidade.

19/12/17

"NO CREAS LO QUE TUS OJOS TE DICEN", O LIBRO DUN EX-PROFESOR DO "RAFAEL DIESTE": JAVIER MARTÍN BETANZOS


Ao equipo da Biblioteca do "Rafael Dieste" resúltanos hoxe moi grato presentar a novela dun ex-profesor do centro, JAVIER MARTÍN BETANZOS, antiguo membro do Departamento de Orientación durante moitos anos, agora xa felizmente retirado. En todos eses anos, Javier atendeu ao alumnado con necesidades educativas que pasaron polo instituto.
A finais do mes pasado, concretamente o día 30 de novembro, no Día da Discapacidade, presentou en Valladolid a súa novela "NO CREAS LO QUE TUS OJOS DICEN". O libro é parte dun proxecto solidario que recadará para futuras reedicións e tamén para facer visible a parálise cerebral. Para máis información sobre a novela, aquí tedes a ligazón ao blog do propio autor donde fala do seu libro. 
Javier deixounos un exemplar que pasa a formar parte do fondo da nosa biblioteca.

24/05/16

O CAZO DE LORENZO


Acercámosvos hoxe un cómic que nos acerca ao mundo da xente diferente. Un conto que por medio dunhas palabras sinxelas e unhas ilustracións tenras e divertidas nos presenta a Lorenzo, a superación dun neno con dificultades para sobrelevar o día a día. Un cómic recomendado pola FEAPS (Federación española de organizacións en favor das persoas con discapacidade intelectual). 


O Cazo de Lorenzo en video:


O Cazo de Lorenzo en película:


05/02/16

ENCONTRO CO ILUSTRADOR-HISTORIETISTA MIGUEL GALLARDO


Onte á tarde, tivemos a ocasión e a sorte de coincidir co ilustrador e historietista MIGUEL GALLARDO, dentro dos XII Encontros con Escritores organizados polo CEFORE de A Coruña. A Miguel xa lle dedicamos AQUÍ unha entrada anterior co motivo da presentación da súa segunda historieta sobre a súa relación coa súa filla autista María.
Miguel é un dos máis destacados historietistas españois, creador de moitos personaxes e colaborador en moitas revistas de comics. É o creador de Makoki, Pepito Magefesa, o Perro Nick, entre outros...
Na súa conferencia de onte falou da súa obra e da súa labor de concienciación sobre o Autismo. Desta última labor, deixámosvos cos videos que mostran o seu traballo en películas de animación feitos para a Fundación Orange. Podemos así disfrutar das súas ilustacións en movemento.


Video "A VIAXE DE MARÍA", Fundación Orange (Miguel Gallardo):



Video ·ACADEMIA DE ESPECIALISTAS", Fundación Orange (Miguel Gallardo)

24/03/15

UN NOVO LIBRO DE ALBERT ESPINOSA


Seguro que vos sona a súa cara, é Albert Espinosa (Barcelona, 5 novembro 1973), este enxeñeiro industrial de formación, é guionista, autor teatral, escritor actor e director de cine. Aos catorce anos lle foi diagnosticado un cancro polo que lle tiveron que amputar unha perna. Sufriu metástase, o que lle fixo estar en hospitais durante 10 anos e esta experiencia vital lle serviría de inspiración para algunhas das súas obras literarias e guións de cine e series de TV, como "Pulseiras vermellas" (da Televisió de Catalunya).
Agora regresa cun novo libro "O mundo azul. Ama o teu caos", que de novo trata de cinco rapaces con enfermidades terminais. Un libro que quere ser un canto á individualidade o que nos gusta facer de verdade para ser felices.

- A súa páxina web, AQUÍ.
- Unha entrevista sobre o seu novo libro en "El País".

02/03/15

MARÍA E O SEU PAI

Miguel Gallardo é un dibuxante e historietista de cómics. E tamén pai dunha filla, María, que cumpriu agora 20 anos, que vive enganchada á música, memoriza listas interminables de nomes, come como unha leona famenta e ven de descubrir que pode dibuxar. Miguel é un pai angustiado polo futuro da súa filla, pero orgulloso do seu presente. Como todos os pais, pero un pouco distinto tamén, porque María é autista. Miguel xa tratou en cómic a relación coa súa filla autista en "María y yo", cando María tiña só 12 anos, polo que recibiu o Premio Nacional de Cómic de Catalunya e foi tamén levada ao cine. Agora en "María cumple 20 años" volve a adicarlle un cómic a vida da súa filla.
Miguel Gallardo.


Máis info: María faise maior (Artigo en "El País")

03/12/14

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE


Hoxe é outro día de reflexión, o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Outra das efemérides instituidas pola Organización das Nacións Unidas en 1992 para tomar conciencia e medidas para mellorar a situación das persoas con discapacidade e poder conseguir unha igualdade de condicións para elas e unha maior integración na sociedade. 

O tema para este ano 2014 é "O DESENROLO SOSTIBLE: A PROMESA DA TECNOLOXÍA".
Ao longo da historia da humanidade, a tecnoloxía deu forma á maneira de vivir das persoas. As tecnoloxías da información e da comunicación impactaron tiveron un gran impacto na vida cotiá das persoas. Pero, no todas as persoas teñen acceso á tecnoloxía e aos estándares de vida máis elevados que permite.
Estímase que 6 millóns de persoas en todo o mundo viven con unha discapacidade, e o 80% de eles viven en países en desenvolvemento, o acceso á tecnoloxía é fundamental para axudar a facer realidade a participación plena e  igualitaria das persoas con discapacidade. Se discutirirá cómo os avances na tecnoloxía poden ser utilizados para mellorar a vida destas persoas en tras ámbitos diferentes:
- Obxectivos de desenvolvemento sostible que teñan en conta ás persoas con discapcidade.
- A discapacidade e a reducción do Risco de Desastres/Respostas de Emerxencia.
- Creación de condicións propicias de traballo.

Pero como este día quere concienciar que todas as persoas somos iguais. Vexámonos a través dos ollos dun neno, porque, para eles, sí que todos somos iguais.

Video da asociación francesa NOEMÍ.


09/10/14

9 OUTUBRO: DÍA MUNDIAL DA VISIÓN


O segundo xoves do mes de outubro foi designado pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas como o Día Mundial da Visión. Ten como finalidade centrar a atención na cegueira, a discapacidade visual e a rehabilitación dos discapacitados visuais.
A nivel mundial, a maior prevalencia da discapacidade visual obsérvase nas persoas de máis de 50 anos. 
O Día Mundial da Visión celébrase en todo o mundo por todas as partes interesadas na prevención da discapacidade visual ou da recuperación da vista. Tamén é a actividade de promoción máis importante para impulsar a prevención da cegueira.

Máis información sobre o ollo e os problemas visuais AQUÍ.





22/01/11

CONTO PARA REFLEXIONAR

Onte na reunión do club de lectura do 1º ciclo tivemos como invitado a Manuel, o xefe do departamento de orientación do instituto, quen, ademais de recomendarnos un libro, achegounos este fermoso vídeo que queremos compartir con todos.


DE VEZ EN CANDO CONVÉN REFLEXIONAR SOBRE O QUE NOS RODEA

ETIQUETAS

8-M ApadriñaLector Cosmos DIVERINTERCULTURAL DiversidadeCultural Galicia Gastronomía Grego HoraDeLer HªEscritura HªOlimpiadas LIBROS LibrosVivintes MUSE Nobel O CINE O MAR OPINIÓN Odisea P.Cervantes P.Dado PATRIMONIOGALEGO PLAMBE Pasapalabra PlanProxecta RD25Anos RadioNaBiblio Radiofiestra S.C.AntiguaGrecia Samaín XOGOSTRADICIONAIS a lingua acoso-bullying actividadeBiblio actualidade adolescencia alfin amor animación arqueoloxía arte astronomía audio audiovisual autores baile bibliotecas bioloxía blog cartel centenario certames cidades ciencia ciencia-ficción cine club de lectura comic compromiso concertos concursos conferencia congresos contacontos cuca cuestionario curta dereitos humanos deseño dicionarios didáctica discapacidade documentais educación efemérides encontros con escritores enl enlaces enquisas ensaios entrevista entroido exposicións expresión oral familias feminismo ficha filosofía fomento da lectura fondos formación de usuarios formularios fotografía francés física galego graduación guías historia homenaxe humor ilustración inglés iniciativas intercambio interculturalidade internet latín letras galegas linguas estranxeiras literatura manualidades matemáticas medio ambiente microrrelatos mitoloxía mochilas viaxeiras mulleres museos música nadal narrativa natureza noticias obituario obradoiro ortografía patrimonio paz pioneiros poesía premios presentación publicidade química radio recursos revista roteiros saúde semana cultural solidariedade teatro textos tics titoría traballo por proxectos traducción tríptico verán viaxes violencia de xénero votacións vídeos xadrez xeografía xogos xornadas xornalismo xubilación Ágora

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

ESTATÍSTICAS DE VISITAS

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER