Hoxe conmemórase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. O noso instituto xa tivo presente esta iniciativa ao longo desta pasada semana con charlas e obras teatrais sobre o tema, ademáis de visibilizar os carteis do Concello dentro da Campaña "En negro contra as violencias".
É un traballo de todos sensibilizarnos e loitar en contra desta lacra social.
Outro 11 de outubro, no que conmemoramos o Día Internacional da Nena para concienciar da situación de desigualdade das nenas no mundo. Foi aprobado no 2011 pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas. Na resolución 66/1703, declárase este día para recoñecer os dereitos das nenas e os desafíos excepcionais ás que se enfrentan en todo o mundo.
Como cada 1 de decembro, o día adícase aos enfermos da SIDA e a pensar nos avances na súa curación. Ténse avanzado moito desde que apareceu a enfermidade, logrouse o inimaxinable: baixar o número de infectados e mortos. + info: ONUSIDA.
Mural feito polo alumnado de Debuxo de 1ºESO do noso instituto nas clases da profesora Isabel Viñuela
¿Por qué este Día internacional?
Debido a que:
A violencia contra da mujer é unha violación dos dereitos humáns.
A violencia contra da muller é consecuencia da discriminación que sofre, tanto nas leis como na práctica, e a persistencia de desigualdades por razón de xénero.
A violencia contra da mujer afecta e impide o avance en moitas áreas, incluidas a erradicación da pobreza, a loita contra o VIH/SIDA e a paz e a seguridade.
A violencia contra das mulleres e as nenas pódese evitar. A prevención é posible e esencial.
A violencia contra da muller segue sendo unha pandemia global. Ata un 70% das mulleres sofren violencia na súa vida.
Unha das principais dificultades para previr e poñer fin á violencia contra das mulleres e as nenas en todo o mundo é a marcada insuficiencia de fondos, que determina que os recursos para estas iniciativas sexan sumamente escasos. Existen marcos moi promisorios, como os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, que inclúen a meta específica de poñer fin á violencia contra das mulleres e as nenas; non obstante, requiren un financiamento suficiente para producir cambios concretos e significativos na vida das mulleres e as niñas.
Desde o 25 de novembro ao 10 de dicembro, Día dos Dereitos Humáns, a campaña 16 días de activismo contra da violencia de xénero ten por obxectivo sensibilizar e movilizar ao público en todo o mundo para conseguir un cambio. Este ano, a campaña do Secretario Xeral ÚNETE para poñer fin á violencia contra da Muller invita a «pintar o mundo de naranxa», usando así o color elexido por esta campaña como símbolo dun futuro máis brillante sen violencia.
No día das folgas en contra das reválidas da LOMCE, un video para a reflexión sobre o enfoque da educación nun mundo tan cambiante como o actual. E de paso para practicar un pouco de inglés...
Outro día internacional no calendario para concienciarnos dalgunha situación de desigualdade. Hoxe 11 de outubro celébrase o Día Internacional da Rapaza. Nas infografías que aparecen máis abaixo podedes ver datos da situación real das rapazas na sociedade actual.
Achegamos esta guía dixital A lectura, unha chave de futuro, con moitas ideas para tratar o fomento da lectura coas familias dende ás bibliotecas escolares. É un proxecto de Letras en Obras, o portal educativo Botóns, e a Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia.
Dividido en dez apartados describe a importancia do hábito lector para os rapaces, os primeiros pasos na animación a lectura, os libros mais axeitados para cada idade, regras básicas para a lectura en familia, a lectura dixital, as librarías e bibliotecas como espazos de lectura e actividades para facer con libros. Botádelle unha ollada.
Acercámosvos un video que parte da inciativa "Power for Youth" de UNICEF que nos aporta opinións que persoas adultas teñen sobre os adolescentes e a realidade dalgúns deles. O video está en diferentes idiomas, e podedes utilizar subtítulos en inglés para os idiomas diferentes do castelán e/ou inglés, así practicades.
Mentras esquecemos ou non os dramas humáns que nos conmocionan, a escola debería levalos ás aulas para reflexionar sobre eles. E ainda que esquezamos a nosa historia recente, a que nos queda por escribir non é unha sucesión de relatos inevitables. Educación e conformismo son termos en disputa. A escola debe traballar por un cambio de mentalidade que force a súa vez un cambio nunha realidade que nos disgusta. de outra maneira, estaremos falando sempre dunha escola que esconde dita realidade para facerse cómplice da súas inxusticias.
Un sistema que insiste no seguimento escrupuloso de programacións e libros de texto está negando a forza do presente como materia educativa.
Hoxe é o Día Mundial dos Docentes, como cada 5 de outubro. Este ano baixo o lema "Empoderar ao profesorado para construir sociedades sostibles".
Queremos celebralo traendo un artigo do Huffington Post que recopila as frases máis típicas y repetidas polos profes.
Hai profesores que deixan pegada, hainos que se recordan polo seu mal carácter, os que tiñan un mote graciosísimo, os que foron decisivos para elexir unha profesión ou outra... Nas distintas etapas escolares, houbo profesores de todos os tipos, pero moitos con algo en común: usaban as mesmas frases unha e outra vez. Un fenómeno que se repite en todas as xeracións e aulas.
Como xa informamos na CCP e no Claustro, o equipo de biblioteca leva dous anos incorporando no apartado de "formación de usuarios" enlaces a traballos elaborados por alguns centros que estamos no PLAMBE. Pois ben, un destes traballos sobre "alfabetización informacional" (ALFIN) do CEIP Milladoiro foi actualizado recentemente e, como nos parece francamente interesante e de gran axuda cando poñamos a andar a educación documental como materia nova para 2º de ESO no curso 2016-2017, traémolo aquí para que lle botedes unha ollada. Pode servirnos como punto de partida para comezar a pensar nun programa propio. Temos todo un ano por diante.
O termo lingua materna refírese á primeira lingua ou idioma que aprende unha persoa. Chámase "materna" porque é a muller quen a transmite aos fillos. Tamén se refiere á lingua que se coñece mellor no caso dos fillos de pais con idiomas distintos ou no caso de ser unha persoa que coñece moitas linguas. Así como, á lingua adquirida de forma natural sen intervención pedagóxica.
A importancia da lingua materna, explícanos a UNESCO, é unha que merece gran reflexión e atención. En primeiro lugar, as linguas son dunha riqueza cultural incalculable, trátase nada menos que dunha forma única de interpretar a realidade, un ben cultural que conxunta identidade, integración social, comunicación.
Este ano cúmplense 15 años de accións e "estructura de vixilancia operativa" que realiza a Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO). Ano a ano, dende o 2000, levaron ao tema a distintos aspectos culturais nos que resalta o valor e a atención ás linguas maternas.
Este ano 2015 o tema é A educación inclusiva por medio do idioma – Os idiomas contan. Resulta un tema moi complicado e importante debido ao traballo que se ten por diante: capacitación docente, sensibilización social e integración de materiais educativos de calidade.
Para coñecer máis sobre a lingua materna e a riqueza destes podes visitar o sitio Endangered lenguages, "un proxecto destinado á preservación e documentación de linguas de todo o mundo". En ese sitio se explica que das 7 mil linguas que se falan actualmente se espera que o 50% desaparezan antes do vindeiro século.
Neste enlace podedes ler a reflexión de J.A. Fernández Bravo, decano da Facultade de Ciencias Sociais e da Educación da Universidade Camilo José Cela, sobre a enseñanza das matemáticas, na que aporta 8 ideas para mellorala.
Non está mal comezar o trimestre dialogando sobre o ensino e facéndonos preguntas como esta "Que podemos facer cada un de nós para que mellore?
Este curso que adicaremos a nosa Semana Cultural á Historia da Escritura, vimos de saber que Finlandia, o país que ten recoñecida unha ensinanza da máxima calidade, acaba de decidir que para o vindeiro curso deixará de prestar atención a ensinanza de caligrafía, e decir, non dará importancia a escritura á man, se non que pasará a darlle importancia a ensinanza da mecanografía, a escritura por medio dun teclado.
Está pasado de moda a escritura manual? E algo do século pasado? Non ten importancia o saber escribir a man? A nosa propia caligrafía non reflexa a nosa personalidade? Dende que se soubo a noticia a polémica está servida. Dentro da historia da escritura, marcará isto unha nova fase ou época? O fin da escritura manual?
Hoxe é o Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero. Por qué este día?
Porque:
- A violencia contra a muller é unha violación dos dereitos humáns.
- A violencia contra a muller é consecuencia da discriminación que sufre, tanto en leis como na práctica, e a persistencia de desigualdades por razón de xénero.
- A violencia contra a muller afecta e impide o avance en moitas áreas, incluidas a erradicación da pobreza, a loita contra o VIH/SIDA e a paz e a seguridade.
A violencia contra as mulleres e as nenas pódese evitar. A prevención éposible e esencial.
- A violencia contra a muller segue a ser unha pandemia global. Ata un 70% das mulleres sofre violencia na súa vida.
Acercámosvos un artigo que reflexiona sobre os profundos cambios no eido de educación e no rol do profesor nas aulas do futuro. Un futuro sen profesores?