25/03/09

BENVIDOS

Onte chegaron ao Insti os alumnos alemáns do INTERCAMBIO. Son rapaces e rapazas da idade dos nosos alumnos de 4º da ESO. De feito serán algúns alumnos de 4º os que farán de anfitrións e os aloxarán nas súas casas. Logo tocaralles a eles devolverlles a visita e pasar uns días na súa casa, na cidade de Nuremberg.

Non é a primeira vez que os nosos alumnos fan intercambio con alumnos desta cidade alemá. A profesora de inglés Hilda Fraga e a profesora de ed. física Teresa Amido levan xa uns anos organizando estas viaxes coa finalidade de animar aos alumnos a mellorar na práctica do inglés, idioma que utilizan para comunicarse cos alumnos estranxeiros que nos visitan.

22/03/09

O Escribano palustre

O escribano palustre foi nomeado pola Sociedade Española de Ornitoloxía, ave do ano 2009. O nomeamento pretende dar a coñecer a situación de perigo de extinción na que se atopa este paxariño e artellar medidas de conservación para que non desapareza.

A súa poboación non supera as catrocentas parellas, e está moi ameazada pola perda do seu hábitat a causa dos cambios nas prácticas agrícolas e a mala xestión das zonas húmidas.
Se queres saber máis sobre paxaros en xeral e sobre este en particular clica
AQUÍ ou AQUÍ ou AQUÍ.
E aproveitando que xa está aquí a primavera, invitámoste a participar na campaña on-line de observación de aves migratorias de springalive AXÚDANOS A DESCUBRIR A PRIMAVERA.

Dia Mundial da Auga

Como cada ano desde que a ONU declarou o 22 de marzo Día Mundial da Auga, o mundo aproveita este día para reflexionar sobre un tema que foi sempre motivo de conflito entre os seres humanos. E precisamente este ano está dedicado ás augas compartidas.
Sen auga non se pode vivir e desgrazadamente é un ben cada vez máis escaso, por iso nos países pobres do continente africano morren cada día deshidratadas miles de persoas.
O cambio climático e o crecemento demográfico das zonas do mundo máis deprimidas está a ocasionar que cada vez haxa menos auga potable para todos e que a calidade da mesma sexa cada vez peor.
Aquí vos deixamos unhas cantas actividades para que tamén vós reflexionedes sobre o tema:

ETIQUETAS

8-M ApadriñaLector Cosmos DIVERINTERCULTURAL DiversidadeCultural Galicia Gastronomía Grego HoraDeLer HªEscritura HªOlimpiadas LIBROS LibrosVivintes MUSE Nobel O CINE O MAR OPINIÓN Odisea P.Cervantes P.Dado PATRIMONIOGALEGO PLAMBE Pasapalabra PlanProxecta RD25Anos RadioNaBiblio Radiofiestra S.C.AntiguaGrecia Samaín XOGOSTRADICIONAIS a lingua acoso-bullying actividadeBiblio actualidade adolescencia alfin amor animación arqueoloxía arte astronomía audio audiovisual autores baile bibliotecas bioloxía blog cartel centenario certames cidades ciencia ciencia-ficción cine club de lectura comic compromiso concertos concursos conferencia congresos contacontos cuca cuestionario curta dereitos humanos deseño dicionarios didáctica discapacidade documentais educación efemérides encontros con escritores enl enlaces enquisas ensaios entrevista entroido exposicións expresión oral familias feminismo ficha filosofía fomento da lectura fondos formación de usuarios formularios fotografía francés física galego graduación guías historia homenaxe humor ilustración inglés iniciativas intercambio interculturalidade internet latín letras galegas linguas estranxeiras literatura manualidades matemáticas medio ambiente microrrelatos mitoloxía mochilas viaxeiras mulleres museos música nadal narrativa natureza noticias obituario obradoiro ortografía patrimonio paz pioneiros poesía premios presentación publicidade química radio recursos revista roteiros saúde semana cultural solidariedade teatro textos tics titoría traballo por proxectos traducción tríptico verán viaxes violencia de xénero votacións vídeos xadrez xeografía xogos xornadas xornalismo xubilación Ágora

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

ESTATÍSTICAS DE VISITAS

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER