24/03/11

WHITE RAVENS 2011

O pintor do sombreiro de malvas de Marcos Calveiro e ilustrado por Ramón Trigo, premio Lazarillo 2009 e Premio Fervenzas Literarias 2010, e Contos para nenos que dormen deseguida de Pinto & Chinto, tamén Premio Fervenzas Literarias 2010, estarán este ano na exposición The White Ravens coa que comeza cada ano a Feira do Libro per Ragazzi de Boloña.
Os White Ravens son unha distinción que vén outorgando dende hai 15 anos a Internationale Jugendbibliothek de Múnic aos 250 libros de literatura infantil e xuvenil máis destacados do mundo cada ano.

Moitos do vós xa coñecedes o libro de Marcos Calveiro porque o lestes ou ben o estades a ler n'A HORA DE LER.

DENDE A BIBLIOTECA ENVIAMOS UNHA SINCEIRA E AFECTUOSA NORABOA AOS PREMIADOS

22/03/11

DÍA MUNDIAL DA AUGA


Como recoñeceu a Asemblea Xeral das Nacións Unidas, o dereito á auga e aos servizos de saneamento é un dereito dos seres humanos, por iso este ano o lema proposto no Día Mundial da Auga é: "Auga para as cidades: respondendo ao desafío urbano" para concienciar sobre a importancia que ten a xestión da auga no ámbito urbano nun mundo no que as cidades medran cada vez máis, e chamar a atención sobre a necesidade de asegurar a todas as cidades do mundo o acceso a unha auga potable segura e a uns servizos de saneamento adecuados.

21/03/11

DÍA DA POESÍA


Coa chegada da primavera celébrase todos os anos o Día Mundial da Poesía, por iso, e sen que sirva de precedente, celebraremos tamén hoxe o noso día semanal da poesía.

La vida en juego

Donde pongo la vida pongo el fuego
de mi pasión volcada y sin salida.
Donde tengo el amor, toco la herida.
Donde pongo la fe, me pongo en juego.
Pongo en juego mi vida, y pierdo, y luego
vuelvo a empezar, sin vida, otra partida.
Perdida la de ayer, la de hoy perdida,
no me doy por vencido, y sigo, y juego
lo que me queda: un resto de esperanza.
Al siempre va. Mantengo mi postura.
Si sale nunca, la esperanza es muerte.
Si sale amor, la primavera avanza.
Ángel González

ETIQUETAS

8-M ApadriñaLector Cosmos DIVERINTERCULTURAL DiversidadeCultural Galicia Gastronomía Grego HoraDeLer HªEscritura HªOlimpiadas LIBROS LibrosVivintes MUSE Nobel O CINE O MAR OPINIÓN Odisea P.Cervantes P.Dado PATRIMONIOGALEGO PLAMBE Pasapalabra PlanProxecta RD25Anos RadioNaBiblio Radiofiestra S.C.AntiguaGrecia Samaín XOGOSTRADICIONAIS a lingua acoso-bullying actividadeBiblio actualidade adolescencia alfin amor animación arqueoloxía arte astronomía audio audiovisual autores baile bibliotecas bioloxía blog cartel centenario certames cidades ciencia ciencia-ficción cine club de lectura comic compromiso concertos concursos conferencia congresos contacontos cuca cuestionario curta dereitos humanos deseño dicionarios didáctica discapacidade documentais educación efemérides encontros con escritores enl enlaces enquisas ensaios entrevista entroido exposicións expresión oral familias feminismo ficha filosofía fomento da lectura fondos formación de usuarios formularios fotografía francés física galego graduación guías historia homenaxe humor ilustración inglés iniciativas intercambio interculturalidade internet latín letras galegas linguas estranxeiras literatura manualidades matemáticas medio ambiente microrrelatos mitoloxía mochilas viaxeiras mulleres museos música nadal narrativa natureza noticias obituario obradoiro ortografía patrimonio paz pioneiros poesía premios presentación publicidade química radio recursos revista roteiros saúde semana cultural solidariedade teatro textos tics titoría traballo por proxectos traducción tríptico verán viaxes violencia de xénero votacións vídeos xadrez xeografía xogos xornadas xornalismo xubilación Ágora

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

ESTATÍSTICAS DE VISITAS

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER