15/11/13

TODO ANA FRANK: O SEU DIARIO E MOITO MÁIS


Ana Frank (1929-1945) a autora do famoso Diario de Ana Frank escribiu tamén numerosas cartas, relatos e poemas ao longa da súa corta vida. Dende o seu escondedoiro de Ámsterdam, donde intentou ocultarse dos nazis coa súa familia entre 1942 e 1944, a cronista máis recoñecible do Holocausto soñou con facerse un hoco na literatura unha vez rematada a II Guerra Mundial. Durante un tempo, tambén encheu unha libreta, que chamou Diarid de Exipto, con recortes dunha revista de arte. Unha producción literaria e epistolar abultada -varias das súas cartas e o diario ilustrado permanecían inéditos- que se reuníu por primeira vez nun so volume polo Fondo Ana Frank, de Basilea.

Titulado simplemente Anne Frank, Verzameld Werk (Obra completa) ten 710 páxinas, inclúe fotos da nena, a súa familia e entorno, así como varias versións do Diario. Unha obra escrita nunha libreta con tapas de tela que ela chamou Kitty, e refíxo en 1944 cando oíu pola radio que pezas como a súa serían recopiladas tras a contenda. O primeiro borrador, a versión mellorada e a edición publicada en Holanda en 1947 aparecen xuntas no novo libro.
O Fondo de Ana Frank foi creado en 1963 por Otro Frank, o seu pai e único supervivinte dos oito escondidos de Ámsterdam. Ten os derechos da obra da nena, que no seu Diario deixou escrito o siguiente: “Sabes Kitty, o que máis me gusta é que polo menos podo escribir os meus sentimentos e pensamentos. De outro modo me asfixiaría”. En 2009, a súa obra manuscrita foi incluida pola UNESCO na lista de documentos considerados patrimonio mundial.
[Texto Isabel Ferrer, "El País"]

13/11/13

O LIBRO DAS 500 DÚBIDAS DO CASTELÁN


O Instituto Cervantes ven de publicar "LAS 500 DUDAS MÁS FRECUENTES DEL ESPAÑOL".
Estructurado en forma de pregunta/resposta, e desde un enfoque áxil e eminentemente práctico, expón e resolve os principales problemas que se presentan no uso da lingua española. Abordando un amplo grupo de temas: as novas normas de acentuación, os signos de puntuación, as abreviaturas, a concordancia na oración, o uso das preposicións, o queísmo e dequeísmo, o leísmo, o laísmo e o loísmo, os extranxerismos, os erros deo significado, etc. Pola súa orientación práctica, la obra vai acompañada de abundantes exemplos xunto coas explicacións das causas dos erros.
O libro ofrece respostas claras, directas e axustadas á norma académica actual. En definitiva, pretende convertirse nunha ferramenta que axude ao lector a resolver as incertidumes que se lle presentan cando quere seguir os usos considerados correctos.

+ sobre este libro neste enlace nun artigo de "El País" e nun video de RTVE:

Suba ‘p’arriba’ y entre adentro

  Video:

12/11/13

MOITO FACEBOOK, TWITTER E WHATSAPP, MENOS CONCENTRACIÓN?


Hoxe traemos un artigo aparecido na prensa que fala sobre como a obsesión por consultar nas redes sociais e WhatsApp fai surxir un novo fenómeno: a atención parcial continua. 
Os rapaces e rapazas seguen a ler, en pantalla e en papel, pero cústalles máis ver cine. Pasamos moitas horas pegados á pantalla, por traballo, pero cada vez máis por pracer, porque é útil para comunicarnos, que é a nosa prioridade. Comprobamos varias veces ao día se temos novas mensaxes, mantemos varias conversacións en grupo por WhatsApp, consultamos confesións ou noticias en Facebook, Twitter e outras redes sociais... E facémolo sempre, mentras vemos a tele, comemos e incluso nas situacións máis inversímiles... Xa hai moita xente que están alertando sobre os efectos de todo isto.
No gráfico superior están as porcentaxes de lectura entre os menores, diferenciando a lectura en xeral da lectura dixital. Aquí debaixo algunhas das reflexións salientables do artigo de prensa:

- Os menores len moito, pero cambiaron o soporte e o fan de maneira diferente.
Un experto: “A lectura profunda convertiuse nun esforzo”.
“Estamos pendentes de moitas cousas, pero sen chegar a solidificar nada”, di un profesor.
A xente que manexa libros electrónicos dedica máis tempo a ler que antes.

O artigo completo o podedes ler AQUÍ.

Mucho Facebook, ¿poca concentración?

ETIQUETAS

8-M ApadriñaLector Cosmos DIVERINTERCULTURAL DiversidadeCultural Galicia Gastronomía Grego HoraDeLer HªEscritura HªOlimpiadas LIBROS LibrosVivintes MUSE Nobel O CINE O MAR OPINIÓN Odisea P.Cervantes P.Dado PATRIMONIOGALEGO PLAMBE Pasapalabra PlanProxecta RD25Anos RadioNaBiblio Radiofiestra S.C.AntiguaGrecia Samaín XOGOSTRADICIONAIS a lingua acoso-bullying actividadeBiblio actualidade adolescencia alfin amor animación arqueoloxía arte astronomía audio audiovisual autores baile bibliotecas bioloxía blog cartel centenario certames cidades ciencia ciencia-ficción cine club de lectura comic compromiso concertos concursos conferencia congresos contacontos cuca cuestionario curta dereitos humanos deseño dicionarios didáctica discapacidade documentais educación efemérides encontros con escritores enl enlaces enquisas ensaios entrevista entroido exposicións expresión oral familias feminismo ficha filosofía fomento da lectura fondos formación de usuarios formularios fotografía francés física galego graduación guías historia homenaxe humor ilustración inglés iniciativas intercambio interculturalidade internet latín letras galegas linguas estranxeiras literatura manualidades matemáticas medio ambiente microrrelatos mitoloxía mochilas viaxeiras mulleres museos música nadal narrativa natureza noticias obituario obradoiro ortografía patrimonio paz pioneiros poesía premios presentación publicidade química radio recursos revista roteiros saúde semana cultural solidariedade teatro textos tics titoría traballo por proxectos traducción tríptico verán viaxes violencia de xénero votacións vídeos xadrez xeografía xogos xornadas xornalismo xubilación Ágora

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

ESTATÍSTICAS DE VISITAS

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER