A NOSA FRASE DA PAZ 2016

Elexida polos nosos seguidores/lectores:

"Non hai camiño cara á paz, a paz é o camiño"

Ghandi


31/01/10

CERTAME DE CARTAS DE AMOR

Tedes por todo o instituto as bases do

CERTAME DE CARTAS DE AMOR

deste ano.

Seguro que xa pensastes a quen lla queredes dirixir.

En canto a teñades, vídea botar axiña ao
buzón da biblioteca
para que chegue canto antes ao seu destino.

E para que vos vaiades ambientando recomendámosvos este precioso libro

Premede sobre a imaxe e saberedes máis sobre el.

30/01/10

ACTO FINAL DA SEMANA POLA PAZ

Aquí estamos todos no acto final da Semana pola Paz que celebramos con audicións e lectura de textos. Este ano participaron os alumnos de 3º e 4º da E.S.O. e os alumnos de 1º de BACH.

A celebración tivo como obxectivo fundamental facerlles ver que para vivir nun mundo máis xusto cómpre ser tolerantes e solidarios, respectar os DDHH e practicar a non violencia, algo que, desgrazadamente, están vendo transgredir a cotío.

Con esta finalidade seleccionamos estes textos poéticos e musicais para escoitar e ler entre todos.

27/01/10

AUSCHWITZ, SÍMBOLO DO HORROR

Preme sobre a imaxe para coñecer máis sobre este tema
O 27 de xaneiro de 1945 o exército aliado liberaba o campo de exterminio de Auschwitz, símbolo do xenocidio nazi. En memoria dese día a ONU declarou esta data Día Internacional para Honrar a Memoria das Vítimas do Holocausto.
Case un millón de xudíos de toda Europa morreron neste campo de concentración situado perto da cidade polaca de Cracovia.
PARA SABER MÁIS SOBRE O HOLOCAUSTO ENTRADE AQUÍ.
Son moitos os libros que fan referencia a este tráxico periodo da historia de Europa e moitos deles podedes consultalos na biblioteca.
Pero se queredes coñecer algúns libros máis relacionados con este tema entrade AQUÍ.

A continuación tedes tamén o testemuño dalgunha das vítimas:

PARA QUE A PAZ SEXA ALGO MÁIS CA UN CONTO

Para que a paz sexa algo máis ca un conto, como di o lema da campaña de Educadores pola paz, traballaron os personaxes que aparecen na presentación de MESTURAS que coñecimos grazas aO SEGREL DO PENEDO e que vos deixamos a continuación para que tamén vós os coñezades.

MÚSICAS DE PAZ



Os que queirades escoitar máis, tedes a continuación unha selección feita polo O Segrel do Penedo a quen agradecemos o seu traballo.




A FRASE DE HOXE:

É unha gran inxustiza facernos crer que é inevitable o que é evitable. Eduardo Galeano.

26/01/10

O PODER DO AMOR

A FRASE DE HOXE:

Cando o poder do amor sexa máis grande que o amor ao poder, o mundo coñecerá a paz. Jimi Hendrix.

25/01/10

O RESPECTO AO DEREITO ALLEO É A PAZ

ESTES SON ALGÚNS DOS DEREITOS IMPRESCINDIBLES PARA VIVIR EN PAZ. PERO AÍNDA HAI MÁIS...

22/01/10

ESKORIA


Entre o luns 25 de xaneiro e o venres 29, a biblioteca celebrará a Semana Escolar da Non Violencia e a Paz con diversas actividades que vos iremos anunciando cada día, entre elas unha exposición de libros que teñen relación con este tema.
Eskoria é un deses libros que non poden faltar nesa exposición porque trata un tema que nos toca a todos moi de preto: o tema do acoso escolar.
Eskoria conta a historia dun rapaz que sofre todo tipo de insultos, ameazas e golpes por parte duns compañeiros, e non é quen de comprender o porqué desa situación. Isto vaino conducir pouco a pouco a illarse do seu conntorno sen que ninguén se dea conta. Ata que coñece a outro rapaz que se atopa nunhas condicións parecidas e consegue saír do inferno no que vivía para volver a ser coma antes.
OS QUE QUEIRADES SABER MÁIS SOBRE ESTA OBRA E SEU O AUTOR PODEDES INFORMARVOS AQUÍ.
E SE QUEREDES INFORMARVOS SOBRE O ACOSO ESCOLAR E A PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DESDE A FAMILIA PREMEDE AQUÍ.

20/01/10

EU FÁLOA PORQUE SI

" Lingua proletaria do meu pobo,
...
eu fáloa porque si, porque me gosta
e quero estar cos meus, coa xente miña,
perto dos homes bos que sufren longo
unha historia contada noutra lingua."
C. E. Ferreiro.

19/01/10

ANIVERSARIO DE UXÍO NOVONEYRA

Hai hoxe 80 anos viña ao mundo nunha aldeíña das montañas do Courel o fillo de Manuela Neyra e Xosé Novo que andando o tempo sería coñecido como Uxío Novoneyra, o poeta do Courel. Este ano será homenaxeado o Día das Letras Galegas.
A continuación deixámosvos algúns trazos da súa biografía para que o vaiades coñecendo un pouco mellor.

18/01/10

EU FALO GALEGO



"A Xanela" (2009) Trailer1 from daria on Vimeo.

Resposta da RAG ás Bases para o decreto de plurilingüismo da Xunta:


17/01/10

CAMPAÑA DE FOMENTO DA LECTURA?

No blog de Araceli Estevez atopamos esta curiosa fotografía. Non vos parece suxerente?

14/01/10

2010: ANO DA BIODIVERSIDADE

Co lema : "A biodiversidade é a vida. A biodiversidade é a nosa vida" as Nacións Unidas declararon o ano 2010 como Ano Internacional da Diversidade Biolóxica, co que se pretende sensibilizar á poboación sobre a necesidade de protexer a biodiversidade ante a alarmante perda de especies vexetais e animais a nivel mundial, e as consecuentes repercusións ambientais, sociais e económicas que isto traería consigo.
Só queda agardar que non quede todo en declaracións de boas intencións, congresos e reunións nos que todos están de acordo en protexer a natureza pero finalmente non se poñen os medios para protexela.
Se queredes saber máis sobre o tema, premede AQUÍ.
Ao longo deste ano serán moitos os organismos e asociacións que se sumarán á celebración, mais hoxe queremos que reparedes na orixinal campaña de Ciencia digital titulada 365especies.com, coa que se propoñen que coñezamos cada día o "nome propio" (nome científico) dunha especie do planeta.
Se PREMEDES sobre a IMAXE, veredes as especies que levan aparecido ao longo deste mes.

13/01/10

EL JUEGO DE LA LUNA


Caeu nas nosas mans un precioso álbum de banda deseñada, obra do guionista Enrique Bonet e do debuxante J. L. Munuera que queremos recomendarvos. Trátase de El juego de la luna, unha historia a medio camiño entre o conto fantástico tradicional, o relato de aventuras e o drama.

A historia está ambientada en Aldea, un pobo illado no que os seus habitantes sobreviven a duras penas e onde os nenos xogan e fantasean rodeados de vellos que lles contan as extrañas historias do monstro do pozo.

Os protagonistas da historia son Artemisa e o seu irmán pequeno. Artesima sente unha atracción especial pola lúa e un día decide internarse no bosque co seu irmán para vela mellor. Mais alí vai ter lugar un suceso que marcará as súas vidas para sempre.

Neste simulacro de entrevista aparecida en irreverendos, os autores falan sobre a súa obra:

"MUNUERA: Señor Bonet, con ocasión de la aparición en las librerías de El juego de la Luna, publicado en España por Astiberri y en Francia por Dargaud, ¿podría usted contarnos de que demonios trata la cosa?

BONET: Que jodida pregunta... Siendo muy breve, diría que es la historia de una niña fascinada por la luna. Como eso suena poco prometedor, hemos ido añadiendo elementos para sustanciarlo: una aldea recóndita y anclada en el tiempo, un pozo abandonado, un monstruo que habita en su interior, un juego nocturno plagado de niños corriendo por un inmenso bosque, un suceso trágico, un tirano hijodeputa, un extranjero medio mago, medio charlatán capaz de sortear el paso del tiempo, un oso sanguinario, un extraño héroe enamorado que habla con los animales... Y si nos ponemos tontuelos y trascendentes habría que decir que El juego de la luna, aunque no es un tebeo de miedo, trata sobre todo del miedo: del miedo a crecer, del miedo a superar nuestros propios temores y a tomar las riendas de nuestra vida, ¿no cree usted?

MUNUERA: Completamente de acuerdo, querido. Siempre he admirado su capacidad de síntesis. En efecto, es una historia de desarrollo, de madurez, que cuenta el paso de la infancia (y sus temores) a la edad adulta (con terrores aún más temibles, bien que menos metafísicos).

El juego de la luna foi elixida a mellor obra nacional de Expocomic 2009 polos internautas.
Se queredes ver máis cousas sobre o álbum entrade AQUÍ.

12/01/10

AVENTURAS NA NEVE

Que mellor maneira de lembrar a un escritor que ler unha das súas obras?

Pois hoxe gustaríanos que lembrásedes a Jack London, lendo algún dos seus libros. Quen non escoitou falar algunha vez de Cairo branco, A chamada da selva ou Lobo de mar.

London, que naceu o 12 de xaneiro de 1876 en San Francisco, levaba a aventura no sangue, e ese espírito transmitiullelo ás súas novelas e contos, que ambienta en lugares tan distantes como os xeos do Ártico ou os mares do Sur, escenarios que lle son familiares porque formaron parte da súa vida de aventureiro.

Entre os personaxes das sus obras soe introducir animais, como é o caso da novela que hoxe vos recomendamos, Cairo branco, que ten como protagonista a un lobo gris que se adaptará á convivencia cos homes.

Para saber máis sobre este autor premede AQUÍ.

E se queredes recrearvos nas imaxes que London describe no seu libro, podedes ver, ao finalizar a lectura do libro, a versión cinematográfica que vos deixamos a continuación.

10/01/10

UN LIBRO CON FONDO MUSICAL

A escritora Care Santos publicou no mes de setembro a novela de amor Bel, amor más allá de la muerte, que leva incorporado un CD coa canción I'll be ok de McFly.
A novela conta a historia dunha rapaza de 16 anos que volve á casa despois de sufrir un grave accidente nun parque de atraccións. Pero non é unha volta convencional porque Bell descubrirá casualmente que está morta e non se resigna a aceptalo, especialmente porque iso implica non volver a ver a Isma, o amor da súa vida.

Para que vos fagades unha idea do seu contido podedes ler o primeiro capítulo se premedes AQUÍ .
E tamén vos deixamos a continuación un vídeo da canción I'll be ok:



QUEN SE APUNTA A TRADUCIR A LETRA DA CANCIÓN AO GALEGO? PREMEDE AQUÍ PARA LELA.
OS QUE QUEIRADES PODEDES ENTREGAR AS VOSAS VERSIÓNS NA BIBLIOTECA.

05/01/10

UNHA LECCIÓN DE HISTORIA

Se aínda non pechastes a vosa carta aos Reis Magos, engadide na P/D que vos deixen para ler estes días La conspiración de las lectoras, que seguro que non vos vai defraudar.
J. A. Marina e Mª Teresa Rguez de Castro, recuperan neste ensaio a memoria histórica dunha xeración de mulleres que en 1926 crearon en Madrid o Lyceum Club Femenino, que en palabras de Mª Teresa León, unha das súas integrantes, "Se habían propuesto adelantar el reloj de España".

"Entre todos los movimientos feministas, las conspiradoras del Lyceum resultan un grupo muy atractivo, formado por mujeres brillantes y rompedoras que, además, vivieron una especie de parábola histórica. Procedentes de ambientes muy diversos, se reunieron durante años en un ambiente de concordia que se mantiene a pesar de que la sociedad española se enfrenta, y acaban dispersándose con la llegada de la guerra." [...]
"Una conspiración de mujeres leyendo libros. Libros que les abren los ojos, que les enseñan a reflexionar sobre la situación de la mujer..." (J.A. Marina e Mª Teresa Rguez de Castro).

Mulleres como Mª de Maeztu, Victoria Kent, Zenobia Campubrí, Mª Lejárraga, Clara Campoamor, Ernestina Champourcin, Concha Méndez e un longo etc. crearon o Lyceum coa finalidade de que as mulleres do seu tempo puidesen ter unha vida cultural plena, máis alá das súas diferenzas políticas ou relixiosas, convencidas de que a educación e a ética eran o único que tiñan para loitar pola igualdade da muller. Iso ocasionaríalles tamén unha década de loitas contra a sociedade machista e conservadora do seu tempo que as calificou de excéntricas, desequilibradas, ateas, e mesmo perigosas, criminais ou opiómanas. "Pero todas ellas, haciendo lo que quieren hacer, sin ruído, provocarán un vuelco social y legal", traballarán para cambiar a lexislación vixente que condenaba ás mulleres á minoría de idade, organizarán conferencias e todo tipo de actos culturais, participarán en política, crearán unha Casa do Neno para coidar os fillos das nais traballadoras. En fin, abrirán camiños que outras continuarán.

Marina e Rguez de Castro ofrécennos a oportunidade de facer unha incursión na vida destas mulleres exemplares, ao tempo que as rescatan do esquecemento no que a historia as tivo acantoadas, o que non só é un acto de xustiza histórica senón tamén un acto indispensable para recuperar a memoria da loita polos dereitos das mulleres que aínda están moi lonxe de se acadar.

02/01/10

PARA COMEZAR CON BO PÉ

Cada comezo de ano enchémonos de boas intencións e mesmo facemos un guión numerado empezando polo máis urxente, aínda que só sexa mentalmente. O malo é que axiña nos esquecemos e volvemos á vida cotiá do derradeiro día do ano. Con todo, hai cousas que si debemos intentar cambiar para obter os mellores resultados posibles do traballo diario. E iso é o que pretendemos con esta entrada.
PREMEDE SOBRE A IMAXE para entrar e logo ide premendo en cada papiro.

ETIQUETAS

a lingua (24) A.FdezPaz (4) acoso-bullying (6) actividadeBiblio (114) actualidade (36) adolescencia (4) alfin (2) amor (24) animación (15) arqueoloxía (9) arte (20) astronomía (10) audio (3) audiovisual (33) autores (49) baile (4) bibliotecas (72) bioloxía (6) cartel (5) centenario (16) certames (12) cidades (3) ciencia (20) ciencia-ficción (4) cine (27) club de lectura (4) comic (26) compromiso (82) concursos (41) conferencia (9) congresos (5) contacontos (10) Cosmos (29) cuca (5) cuestionario (4) curta (2) dereitos humanos (53) deseño (4) dicionarios (8) didáctica (16) discapacidade (7) DiversidadeCultural (8) documentais (6) educación (80) efemérides (169) encontros con escritores (14) enlaces (244) enquisas (8) ensaios (1) entrevista (2) entroido (8) Escola de Atenas (1) exposicións (49) expresión oral (2) familia (5) familias (4) ficha (1) filosofía (6) física (2) fomento da lectura (142) fondos (1) formación de usuarios (6) formularios (1) fotografía (6) galego (5) Galicia (41) graduación (4) guías (2) HªEscritura (18) HªOlimpiadas (9) historia (46) homenaxe (64) humor (19) ilustración (8) inglés (39) iniciativas (10) intercambio (4) interculturalidade (14) internet (13) latín (2) letras galegas (52) LIBROS (148) linguas estranxeiras (8) literatura (86) manualidades (2) matemáticas (10) medio ambiente (22) microrrelatos (1) mitoloxía (8) mochilas viaxeiras (1) Morte de Sócrates (1) mulleres (43) MUSE (1) música (49) narrativa (40) natureza (2) Nobel (3) noticias (38) obituario (23) obradoiro (3) Odisea (1) OPINIÓN (2) ortografía (2) patrimonio (18) paz (49) pioneiros (20) poesía (73) premios (42) presentación (14) publicidade (3) química (1) radio (1) RD25Anos (5) recursos (15) revista (2) roteiros (3) S.C.AntiguaGrecia (15) Samaín (6) saúde (6) semana cultural (122) solidariedade (12) teatro (25) textos (1) tics (42) titoría (3) traballo por proxectos (9) traducción (1) tríptico (1) verán (2) viaxes (3) vídeos (92) violencia de xénero (8) votacións (3) xadrez (1) xeografía (6) xogos (15) xornadas (1) xornalismo (3) xubilación (1)

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER