O pasado día 6 de maio rematou o noso III Torneo de Xadrez. Hoxe os nosos gañadores xogarán contra os do IES "Urbano Lugrís" e entregaranse os premios.
Hoxe tivemos unha visita moi especial: os campións e campioas do Torneo de Xadrez do IES Urbano Lugrís. Viñeron acompañados das profesoras África López e María Romero e dispostos a enfrontarse coa nosos campións:
- Daniel Rey, Miguel Fernández -1 e 2º da ESO-,
- Jordi Castro, gañador de Bacharelato e
- Kamille Prainha, premio raíña do taboleiro.
Previamente, os nosos gañadores recibieron os seus premios, como podedes ver nestas fotos que seguen.
No intercentros, despois de 3 roldas nas que cada persoa xogou dúas partidas, quedaron de
finalistas Xavi e Hugo do Lugrís e Daniel do Dieste. O gañador foi Daniel Rey, a que Mateo, o
director do noso instituto entregou a copa (foto superior da entrada).
Versión da entrada no Blog de Filosofía.
Ningún comentario:
Publicar un comentario