Hoxe o instituto encheuse de novo de voces e risas. Todos chegabamos nerviosos coma novatos, tanto os que pisaban as aulas por primeira vez coa inseguridade dos primeiros pasos coma os veteranos, contentos, non obstante, de poder contactar de novo cos colegas que levaban tempo sen ver.
Xa nos informaron a todos dos cambios que se van producir este curso, dos profesores que van dar clase nas diferentes aulas, das titorías, dos compañeiros que coincidirán na mesma aula... Pero aínda queda moito por descubrir a partir da semana que vén.
A biblioteca tamén vos garda algunhas sorpresas.
VÉMONOS A SEMANA QUE VÉN!!!!
2 comentarios:
De seguro que será un moi bo curso! Despóis do verán eu xa estaba desexando comezar de novo!
Benvido Nicolás. Seguro que vai ser un bo curso para ti pois xa tes o máis importante, a actitude. Vémonos na Biblioteca.
Publicar un comentario