24/12/11
21/12/11
19/12/11
MES DE CUNQUEIRO NA BIBLIOTECA (IV)
Para que vaiades practicando os vosos coñecementos de Cunqueiro aquí vos deixamos este xogo de preguntas.
17/12/11
ACTO DE HOMENAXE A CUNQUEIRO
O mércores 21 de decembro celebraremos na biblioteca o acto de homenaxe ao escritor Álvaro Cunqueiro con motivo do centenario do seu nacemento. Esta actividade está dirixida aos alumnos de 4º da ESO e 1º e 2º de BACHARELATO no seguinte horario:
- 2ª hora (de 9.20 a 10.10): 4ºA, 4ºB e 1ºA
- 3ªhora (de 10.30 a 11.20): 4ºC, 2ºB
- 4ªhora (de 11.20 a 12.10): 1ºB, 1ºC e 2ºA
Estes cursos baixarán á biblioteca acompañados dos seus correspondentes profesores.
O acto constará da proxección dun vídeo no que diferentes persoas do mundo da cultura falan sobre o autor. A continuación haberá lectura de diversos textos e unha interpretación musical dun poema do autor por parte de varios alumnos. Para terminar o acto prantexaremos un cuestionario que os alumnos deberán responder e enviar posteriormente por mail a bibliodieste@hotmail.com. O gañador recibirá un premio á volta de vacacións.
SE QUEREDES GAÑAR LEDE CON ATENCIÓN OS PANEIS QUE HAI XUSTO Á SAÍDA DA BIBLIOTECA.
14/12/11
MÉRCORES POÉTICOS
Este é o punto mesmo.
Eiquí
—entre a corda rota
e inmóbil das horas—
párase
cristaíña
a roda da noite.
Eiquí
—a lúa entre salas desertas
de madureza—
comeza
silenciosa
a roda da alba.
Álvaro Cunqueiro, Mar ao norde
13/12/11
300 ANOS DA BIBLIOTECA NACIONAL
Premede na imaxe para ver o vídeo da presentación
Hoxe foi inaugurada a exposición Biblioteca Nacional de España: 300 años haciendo historia coa que se inicia o programa de actividades para commemorar o tricentenario da institución cultural máis antiga de España. Fundada por Felipe V a finais de 1711 como Real Biblioteca Pública, foi en 1836 cando recibiu o nome de Biblioteca Nacional, ao deixar de ser propiedade real e pasar a depender do Ministerio da Gobernación. Dende 1716, por un privilexio real, precedente do actual depósito legal, calquera persoa que publicase un libro en España debía depositar un exemplar nesta biblioteca para que puidese estar a disposición de quen o quixese ler.
12/12/11
O HUMOR, UNHA FORMA DE RESISTENCIA
Ante o pesimismo que nos invade como consecuencia da crise económica global, a receta máis natural e saudable é o HUMOR, un humor intelixente como o de Wyoming que nos salve da depresión da GRAN DEPRESIÓN e nos invite a mirar a vida con optimismo e desafiar aos portadores dos malos agoiros.
VEDE:
10/12/11

63 anos despois da súa proclamación, segue sendo necesario lembrar esta data, 10 de decembro, na que a Asamblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Declaración dos Dereitos Humanos.
Necesario porque nin tan sequera nos países que asinaron esta declaración están garantidos estes dereitos en igualdade de condicións para toda a poboación. Non hai máis que botar unha ollada ao noso arredor, asomarse ás noticias.
Mais aínda así cabe pensar que un outro mundo é posible, que hai arrecendos espallados no ar que nos permiten prender unha candea pola esperanza, por estas xeracións, hoxe nen@s, adolescentes, que medran nas nosas aulas, ao abeiro das nosas Bibliotecas -das súas lecturas, da súa información, da súa formación- nen@s e adolescentes que se implican ilusionad@s e con empeño en proxectos coma "Coñecernos para querernos", nun intercambio persoal e de coñecementos con nen@s dos campamentos saharahuis, para quenes a apertura dunha biblioteca con (o Bubisher) ou sen (O Niño do Bubi) rodas, supón moito máis que un mundo de oportunidades. Para acceder á ilusión, aos soños, á formación, ao coñecemento doutras culturas, doutro idioma.
E con esa candea acesa, brincan faíscas que prenden en case un cento de Bibliotecas Escolares Galegas, que por todo o país escollen cada unha un fermoso álbum ilustrado para agasallar a ese recén estreado Niño do Bubi, porque, coma nas nosas propias Bibliotecas, toda inauguración é unha festa. A esa festa que é a lectura, nesas bibliotecas acubilladas na area, queremos enviar estes álbumes como aves portadoras de boa sorte, como bubishers* cheos de cor, imaxes, historias. Porque as nosas bibliotecas, @s nos@s lectores e lectoras, compartimos co Bubisher, cos lectores e lectoras das súas bibliotecas a crenza firme nos Dereitos Humanos, dende o seu 1º artigo: "Tod@s nascemos libres e iguais en dignidade e dereitos"

* O bubisher (Oenanthe leucopyga e Oenanthe leucura) é un paxariño tímido que vive na Península e tamén en África, aquí chamámoslle collalba negra e no Sáhara o seu nome significa paxaro da boa sorte, no dialecto hassaní é Bubchir بوبشير (o da boa nova) porque adoita aniñar e criar despois das choivas, o que quer dicer que medrará a herba, algo moi importante para quen ten gando.
Bubisher é tamén o nome dun autobús-biblioteca que circula entre os campamentos do Sáhara para levar lectura e información. Ou sexa, unha biblio... pero con rodas!!!
Se queredes unirvos á iniciativa de Álbumes para o Bubisher, só tedes que poñer os vosos datos xunto ao resto das Bibes Galegas.
Texto de Maribel Serantes (CEIP Os Casais)
09/12/11
Coñecernos para querernos
Estes días un número importante de Centros de ensino público pertencentes ao PLAMBE estamos a participar nun proxecto solidario, encher de álbumes ilustrados un bibliobús para os campamentos de refuxiados do Sáhara. Cada centro (somos xa 85) encárgase de mercar un álbum ilustrado. En concreto, a biblioteca do Rafael Dieste vai mercar para enviar ao Sáhara o album "el coleccionista de momentos". No vídeo e os enlaces que hai a continuación poderedes obter máis información sobre este proxecto ao que nos sumamos gustosamente.
enlace - enlace 2
07/12/11
MÉRCORES POÉTICOS
Amor de auga lixeira,
muiñeira
Amor de auga tardeira,
ribeira
Amor de auga frolida,
cantiga
Amor de auga perdida,
ña amiga.
Álvaro Cunqueiro: Cantiga nova que se chama riveira.
05/12/11
MES DE CUNQUEIRO NA BIBLIOTECA III
Seguimos ofrecendo información e lecturas sobre o autor que estamos a homenaxear este mes. Esta vez trátase do enlace a unha presentación feita por compañeiros do CEIP Conde de Fenosa do Barco de Valdeorras, aos que lles agradecemos o seu traballo e xenerosidade.
Para podela ver con toda claridade aconsellamos utilizar o navegador Mozilla Firefox xa que o internet explorer as veces da problemas para ver presentacións deste tipo (prezi, LIM, etc).
01/12/11
MES DE CUNQUEIRO NA BIBLIOTECA (II)
Hai uns días xa adiantabamos que este mes dedicaríamos varias entradas neste blog a Cunqueiro co fin de divulgar a súa obra entre toda a comunidade educativa. Pois ben, aqui tedes un vídeo sobre unha adaptación da obra Os outros feirantes a cargo do grupo Teatro do Noroeste.
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)
ETIQUETAS
8-M
ApadriñaLector
Cosmos
DIVERINTERCULTURAL
DiversidadeCultural
Galicia
Gastronomía
Grego
HoraDeLer
HªEscritura
HªOlimpiadas
LIBROS
LibrosVivintes
MUSE
Nobel
O CINE
O MAR
OPINIÓN
Odisea
P.Cervantes
P.Dado
PATRIMONIOGALEGO
PLAMBE
Pasapalabra
PlanProxecta
RD25Anos
RadioNaBiblio
Radiofiestra
S.C.AntiguaGrecia
Samaín
XOGOSTRADICIONAIS
a lingua
acoso-bullying
actividadeBiblio
actualidade
adolescencia
alfin
amor
animación
arqueoloxía
arte
astronomía
audio
audiovisual
autores
baile
bibliotecas
bioloxía
blog
cartel
centenario
certames
cidades
ciencia
ciencia-ficción
cine
club de lectura
comic
compromiso
concertos
concursos
conferencia
congresos
contacontos
cuca
cuestionario
curta
dereitos humanos
deseño
dicionarios
didáctica
discapacidade
documentais
educación
efemérides
encontros con escritores
enl
enlaces
enquisas
ensaios
entrevista
entroido
exposicións
expresión oral
familias
feminismo
ficha
filosofía
fomento da lectura
fondos
formación de usuarios
formularios
fotografía
francés
física
galego
graduación
guías
historia
homenaxe
humor
ilustración
inglés
iniciativas
intercambio
interculturalidade
internet
latín
letras galegas
linguas estranxeiras
literatura
manualidades
matemáticas
medio ambiente
microrrelatos
mitoloxía
mochilas viaxeiras
mulleres
museos
música
nadal
narrativa
natureza
noticias
obituario
obradoiro
ortografía
patrimonio
paz
pioneiros
poesía
premios
presentación
publicidade
química
radio
recursos
revista
roteiros
saúde
semana cultural
solidariedade
teatro
textos
tics
titoría
traballo por proxectos
traducción
tríptico
verán
viaxes
violencia de xénero
votacións
vídeos
xadrez
xeografía
xogos
xornadas
xornalismo
xubilación
Ágora
PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA
-
O día 21 de febreiro, Día Internacional da Lingua Materna , saímos de viaxe de estudos para Grecia cos alumnos, e non puidemos celebralo den...
-
No Día Internacional da Muller Traballadora, hoxe 8-Marzo, queremos compartir o cómic de Emma Clit sobre a carga mental que soportan as ...
-
Algunha suxestión ben atractiva podería ser: Amor en juego , un fermoso album ilustrado de Elena Ferrándiz editado por Thulé que recolle...
-
Tras os ataques terroristas do pasado venres en París, queremos mostrar a nosa total repulsa e condena ante este atroz ataque á vida ...
-
Laura Gallego, acaba de ser premiada co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2012 pola novela Donde los árbo...
-
Recordamos con fotos a actividade que organizamos alá por finais de outubro para celebrar o Samaín. Aquí podedes ver á nosa lectora ...
-
Foto: ojo.pe Hoxe soupemos da morte do prestixioso científico Stephen Hawking. No día no que o perdemos queremos recordalo. Aquí uns li...
-
Mañá comeza a V SEMANA CULTURAL. Aquí vos deixamos os enlaces aos vídeos que preparamos co traballo aportado por todos os participantes: -...
-
Hoxe xoves 15 e mañá venres 16, celebranse os Encontros do PLAMBE (Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares) 2021. De novo, son de forma ...
-
A QUE PELÍCULAS CORRESPONDEN ESTES CINCO FOTOGRAMAS? Nº16 Nº17 Nº18 Nº19 Nº20
PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES
-
A Conferencia Xeral da UNESCO celebrada en Paris no ano 1999 decide proclamar o 21 de marzo DIA MUNDIAL DA POESÍA . E como ese mesmo día xa...
-
Cupido e Psique de ANTONIO CÁNOVA (1757-1822) A semana do 9 ao 14 de febreiro celebraremos o Día dos Namorados con diversos actos: ...
-
As nenas celebran hoxe, o 11 de outubro, o seu primeiro día internacional, despois de que as Nacións Unidas o declararan a finais d...
-
Se vos gustan os tebeos de aventuras estades de noraboa. Atopamos unha bitácora titulada Joyas Literarias Juveniles da que mesmo podedes de...
-
Foto: ojo.pe Hoxe soupemos da morte do prestixioso científico Stephen Hawking. No día no que o perdemos queremos recordalo. Aquí uns li...
-
No Día Internacional da Muller Traballadora, hoxe 8-Marzo, queremos compartir o cómic de Emma Clit sobre a carga mental que soportan as ...
-
Tras os ataques terroristas do pasado venres en París, queremos mostrar a nosa total repulsa e condena ante este atroz ataque á vida ...
-
Estes días estamos a voltas coa organización da HORA DE LER. Para ir facendo boca, queden aqui estas palabras fermosísimas dun escritor impo...
-
O día 21 de febreiro, Día Internacional da Lingua Materna , saímos de viaxe de estudos para Grecia cos alumnos, e non puidemos celebralo den...
-
O voluntariado da Biblioteca e o alumnado do equipo de Mediación e Convivencia do Dieste compartiron unha saía ás Illas Atlánticas. Saímos d...
PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE
-
Todos os anos na nosa cidade celébrase por estas datas un concurso no que participan alumnos da materia de Cultura Clásica de catro centr...
-
Esta é a guía de lecturas e vídeos que o equipo de biblioteca vos recomenda para estas vacacións de Nadal . Entregaremos unha en cor par...
-
Un ano mais 'BiblioDieste' quere participar na conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminació...
-
Benvidos ás aulas de novo. A actividade da HORA DE LER no segundo trimestre , comezará o vindeiro luns 11 de xaneiro ata o 19 de marzo, c...
-
Acabaron os exames!!! Mañá será o día de recoller as notas e ao mellor, coa emoción, alguén esquece que a biblioteca estará aberta para os ...
-
Os que vos pasades pola Biblioteca case a diario, xa vistes ao longo deste mes que temos ordenadores novos nas mesas novas, que falta facían...
-
Quen conseguirá curar máis corazóns partidos o 14 de febreiro? Aquí tedes a menciña Podedes tomar toda a que queirades. Non posúe contraindi...
-
O Xallas dende O Pindo O 8 de febreiro de 1835 nacía en Ponteceso un neno que chegaría a ser coñecido como o Bardo , voceiro da corren...
-
Como esta semana xa abrimos a biblioteca, acercámosvos unha presentación que explica qué facer para atopar un libro que queremos na nosa ...
-
O voluntariado da Biblioteca e o alumnado do equipo de Mediación e Convivencia do Dieste compartiron unha saía ás Illas Atlánticas. Saímos d...





