Premede na imaxe para ver o vídeo da presentación
Hoxe foi inaugurada a exposición Biblioteca Nacional de España: 300 años haciendo historia coa que se inicia o programa de actividades para commemorar o tricentenario da institución cultural máis antiga de España. Fundada por Felipe V a finais de 1711 como Real Biblioteca Pública, foi en 1836 cando recibiu o nome de Biblioteca Nacional, ao deixar de ser propiedade real e pasar a depender do Ministerio da Gobernación. Dende 1716, por un privilexio real, precedente do actual depósito legal, calquera persoa que publicase un libro en España debía depositar un exemplar nesta biblioteca para que puidese estar a disposición de quen o quixese ler.
Ningún comentario:
Publicar un comentario