Un novo curso comeza e, ainda que sentimos preguiza de comezar, seguro que se nos pasa cando esteamos todos xuntos e nos poñamos a traballar. Aqui estamos para servir de apoio ás clases e ás actividades relacionadas coa lectura e o proxecto lector.
Os profesores levamos xa uns días planificando o curso, e grazas a iso xa podemos anunciar que o tema deste curso para o proxecto anual do centro será "O noso patrimonio artístico". Xa está en poder dos departamentos un borrador que os profesores deberán discutir e incorporar ás programacións das distintas materias. Xa sabedes que o proxecto anual, que se encadra dentro do proxecto lector e que levamos desenvolvendo dende hai tres anos, desemboca nunha SEMANA CULTURAL a finais de abril con actividades diversas no patio central, na biblioteca e no salón de actos.
Tamén estamos a tratar as lecturas e os horarios d´A HORA DE LER que esperemos poidamos comezar no mes de outubro.
Estes días informaremos sobre a data de inicio do club de lectura e buscaremos alumnos de ESO para que se incorporen ás tarefas de COLABORADORES DA BIBLIOTECA, xa que necesitamos renovar tres que, por diferentes motivos, non poden seguir con nós.
PREPARADOS...LISTOS....BENVIDOS AO CURSO 2012-2013!
PREPARADOS...LISTOS....BENVIDOS AO CURSO 2012-2013!
Ningún comentario:
Publicar un comentario