Onte os alumnos de grego de 1º de Bacharelato acudiron coa súa profesora á entrega de premios do concurso "Palabras sen papel" e...TIVEMOS PREMIO. Porque premio é quedar entre os 12 mellores se resulta que a ese concurso se presentaron 81 vídeos. Pero se ademáis foron premiados entre os mellores dous dos tres vídeos que presentaron, non nos queda máis remedio que darlles a NORABOA. Isto se chama entrar nun concurso con bo pé. Desde arquivos vos animamos a presentarvos a máis concurso de creación porque FUTURO HAI.
Tamén queremos dar a noraboa ao alumnado do IES Eduardo Blanco Amor de Culleredo que acadaron o primer premio.
Xa podedes ver as fotos.
ENTREGA DE PREMIOS on PhotoPeach
Éstes son os vídeos finalistas:
Vídeo "Xuízo de Paris"
Vídeo "Pigmalión"
Ningún comentario:
Publicar un comentario