Desde outubro están expostos na biblioteca sete paneis con abundante información relacionada coas matemáticas e preparados polo equipo de biblioteca. Complétase a exposición con dous cadernos, un sobre matemáticos destacados e outro con exercicios, así como unha exposición de libros e DVDs sobre este tema, e xogos matemáticos elaborados polo alumnado na última semana cultural. Animamos a titores e profesorado en xeral a visitala e aproveitar este material antes do 1 de decembro xa que nesa data viaxará en préstamo ao Instituto de Adormideras.
Dado que a exposición tivo que ser retirada durante uns días debido á celebración do 25 aniversario do centro, decidimos que no mes de xaneiro volveremos a expoñela e a completaremos con algún pasatempo matemático. Informaremos de novo neste blog
Ningún comentario:
Publicar un comentario