O martes pola tarde tivemos un encontro no salón de actos co escritor Pepe Carballude, autor de Marxinados, obra que leu o alumnado de 4º de ESO na materia de Ética, e O deus desaparecido, obra que leu o alumnado de 3º de ESO na materia de Cultura Clásica. A charla trancorreu con moita cordialidade, dedicando o autor boa parte do tempo a contestar ás numerosas preguntas formuladas polos alumnos. Antes de irse, e para finalizar o acto, P. Carballude asinou todos os libros que o alumnado trouxo para tal efecto. Asimesmo asinou un exemplar de cada un dos títulos seus que tiñamos rexistrados na biblioteca. Estes exemplares asinados polos autores gardámolos nunha vitrina especial que creamos este curso para preservalos do uso.
A partir de hoxe están expostos todos os libros que temos deste autor no andel de "novidades". Animámosvos a pedir en préstamo algún deles, seguro que pasaredes un bo rato coas súas lecturas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario