Culturgal, a Feira das
Industrias Culturais Galegas, é a gran casa da cultura galega. Un espazo de encontro, unha oportunidade e unha ferramenta. Un punto de encontro no que o sector da cultura mostra a súa forza. Unha oportunidade para mostrar novos proxectos e iniciativas ante outras empresas, institucións e ao público en xeral nun gran escaparate.
Pero ademáis Culturgal é unha ferramenta para promover, apoiar e reforzar a acción cultural que se desenvolve en Galicia. Remarcar o valor social e económico desa acción cultural é unha misión central da Feira.
Celébrase esta fin de semana en Pontevedra.
+ info: Programa completo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario