O premio de creación literaria dos Premios da Crítica 2012 este ano foi para Fantasmas de luz de Agustín Fernández Paz, publicada por Edicións Xerais. Esta obra xa acadara o premio AELG ao mellor libro infantil e xuvenil 2012. Miguelanxo Prado, que xa ilustrou outras obras deste autor,encárgase das ilustracións.
O xurado
dos premios da crítica apuntou como razóns para premiar esta obra "a súa capacidade de enfiar cine
e literatura na arquitectura da novela, unha das marcas poéticas do autor; o
tratar problemas da sociedade de hoxe que levan á invisibilidade dos
excluídos, aínda que a historia se sitúe nunha etapa anterior á crise; o
facelo con humor, fina ironía e unha ollada atenta aos problemas profundos
da nosa sociedade; e, por último, pola súa mensaxe final que, malia as
denuncias, está cargada de optimismo e esperanza nun futuro
mellor."
Ningún comentario:
Publicar un comentario