Amosando publicacións coa etiqueta Ágora19. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ágora19. Amosar todas as publicacións

05/05/19

X SEMANA CULTURAL: PROXECCIÓN DE 'O VERDUGO' NO ÁGORA

Durante a Semana Cultural programouse a proxección da película "El Verdugo", de Luis García Berlanga no Centro Ágora, o martes 30 de abril ás 16.30h da tarde. Organizamos esta proxección en colaboración co CGAI, que proporcionou a película e o Concello de A Coruña cedeu o auditorio do Ágora. Asistiron o alumnado do centro de 3º e 4º ESO, e 1º e 2º de Bacharelato, e ampliamos a invitación a familiares e veciños.

Entregamos unha folla de sala con información da película preparada polo alumnado de 1º de bacharelato que están no Plan Proxecta- CinED ( que ten como obxectivo achegar a mocidade ao cine europeo e descubrir a súa diversidade). Foron eles quen acomodaron aos asistentes e lles entregaron a folla de sala, así como a breve presentación inicial previa á proxección.









01/05/19

III PREMIOS DADO 2019


Onte martes 30 de abril falláronse os III Premios Dado no Ágora. Alumnado do noso instituto foi premiado:
III PREMIOS DADO 
- Segundo premio na categoría A: Xoel Añón Lage (S1B).
- Primer premio na categoría B: Uxía Queijeiro Sesar (B1B).
AdemáIs, na categoría B fOron tamén finalistas Raquel Torres (B1A) E Paula Iglesias (B1B).
Vera Losada Castro (S2D) foi finalista na categoría A de Booktrailers.

23/04/19

X SEMANA CULTURAL: PROXECCIÓN DA PELÍCULA "EL VERDUGO" NO ÁGORA

 

Durante a Semana Cultural haberá a proxección da película "El Verdugo", de Luis García Berlanga no Centro Ágora, o martes 30 ás 16.30h da tarde. Organizamos esta proxección en colaboración co CGAI, que proporciona a película e o Concello de A Coruña cede o auditorio do Ágora. Asistirán o alumnado do centro de 3º e 4º ESO, e 1º e 2º de Bacharelato. Invitamos a que nos acompañen tamén nais, pais, avoas e avós... 
Entregaremos unha folla de sala con información da película preparada polo alumnado, e farán tamén unha breve presentación antes da proxección. O aforo do Ágora é de máis de 500 asentos, e a entrada é libre ata completalo. A película dura aproximadamente 1h 30',  contamos con terminar a actividade en torno ás 18.15 h. Citamos a todo o alumnado destes cursos de estar no Ágora ás 16:15h para que empece a proxección ás 16:30h.

22/02/19

ÁGORA: FORMACIÓN DE USUARIOS 2019


A colaboración da biblioteca do IES Rafael Dieste coa biblioteca do Ágora continúa outro ano máis coa visita dos alumnos de 1º ESO nunha xornada de formación. Este ano o fixemos coincidir co Día Internacional da Lingua Materna e o aniversario de Rosalía.

Os alumnos de 1º A e C fomos recibidos este martes, 20 de febreiro, na biblioteca do Ágora por Rosalía e Curros Enríquez, quen nos amosaron os espazos da biblioteca, os servicios que ofrecen e interpretaron para nós o poema que Curros adicou a Rosalía "No bico un cantar".
O vindeiro martes continuaremos coa visita cos outros dous grupos de 1º ESO.

ETIQUETAS

8-M ApadriñaLector Cosmos DIVERINTERCULTURAL DiversidadeCultural Galicia Gastronomía Grego HoraDeLer HªEscritura HªOlimpiadas LIBROS LibrosVivintes MUSE Nobel O CINE O MAR OPINIÓN Odisea P.Cervantes P.Dado PATRIMONIOGALEGO PLAMBE Pasapalabra PlanProxecta RD25Anos RadioNaBiblio Radiofiestra S.C.AntiguaGrecia Samaín XOGOSTRADICIONAIS a lingua acoso-bullying actividadeBiblio actualidade adolescencia alfin amor animación arqueoloxía arte astronomía audio audiovisual autores baile bibliotecas bioloxía blog cartel centenario certames cidades ciencia ciencia-ficción cine club de lectura comic compromiso concertos concursos conferencia congresos contacontos cuca cuestionario curta dereitos humanos deseño dicionarios didáctica discapacidade documentais educación efemérides encontros con escritores enl enlaces enquisas ensaios entrevista entroido exposicións expresión oral familias feminismo ficha filosofía fomento da lectura fondos formación de usuarios formularios fotografía francés física galego graduación guías historia homenaxe humor ilustración inglés iniciativas intercambio interculturalidade internet latín letras galegas linguas estranxeiras literatura manualidades matemáticas medio ambiente microrrelatos mitoloxía mochilas viaxeiras mulleres museos música nadal narrativa natureza noticias obituario obradoiro ortografía patrimonio paz pioneiros poesía premios presentación publicidade química radio recursos revista roteiros saúde semana cultural solidariedade teatro textos tics titoría traballo por proxectos traducción tríptico verán viaxes violencia de xénero votacións vídeos xadrez xeografía xogos xornadas xornalismo xubilación Ágora

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

ESTATÍSTICAS DE VISITAS

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER