O alumnado voluntario da biblioteca participou hoxe nunha actividades organizada polo IES Urbano Lugris e destinada a coñecer a obra do pintor en A Coruña, a súa cidade natal, onde viviu e deixou a súa pegada.
Amosando publicacións coa etiqueta 22-23 b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 22-23 b>. Amosar todas as publicacións
20/06/23
VISITA Á BIBLIOTECA DA DIPUTACIÓN
Para rematar o curso, o alumnado dos clubes de lectura visitou onte a Biblioteca "Rosalía de Castro". Curiosidades e historias sobre o patrimonio de A Coruña que se atopan no depósito desta biblioteca.
17/06/23
RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA O VERÁN DENDE "BIBLIODIESTE"
Como todos os cursos, facemos recomendacións para seguir lendo durante as vacacións de verán. A disfrutar!
15/06/23
RETORNO AO MEDIEVO NA BIBLIOTECA DO "RAFAEL DIESTE"
Estes días celebráronse unhas xoranadas medievais desfrutando dos xogos que fixo o alumnado de Xeografía e Historia de 2ºESO coa profesora da asignatura isabel González. Previamente tamén o alumnado deste nivel realizaron unha excursión ata o Castelo de Moeche.
Na última das fotos superiores a profesora Isabel González e profesores do equipo de biblioteca caracterizados para a ocasión.
12/06/23
GAÑADORAS DO SEGUNDO CONCURSO DE MICRORRELATOS "PALABRAS MÍNIMAS"
Para celebrar o Día das Letras Galegas deste ano, convocouse por segunda vez o concurso de microrrelatos. Na categoría da ESO, as gañadoras foron Laura Mora e Julieta Pérez. En Bacharelato, o premio é para Guillermo López.
Parabéns para os tres!
10/06/23
GRADUACIÓN PROMOCIÓN 2ºBAC 2023 DO "RAFAEL DIESTE"
Discurso do director: Mateo Torres Neira
Os presentadores: Clara Roca de Miguel e Bruno Carou Barreiro
Onte celebrouse, como é costumbre, o acto de Graduación da Promoción 2022-23 do IES "Rafael Dieste". Cos nervios pasados, posto que a maioría xa teñen feitos os exames da ABAU, o alumnado, que rematou os seus estudos no noso centro, xuntouse coas súas familias e o profesorado a celebrar o momento no auditorio do Conservatorio Superior de Música.
Parabéns e moita sorte no seu futuro!
03/06/23
VII TORNEO INTERCENTROS XADREZ 2023 NO "RAFAEL DIESTE"
Este venres 2 de xuño tivo lugar a final do VII Torneo Intercentros de Xadrez no noso IES Plurilingüe "Rafael Dieste" en A Coruña. Enfrentáronse alumnado finalista dos centros IES "Salvador de Madariaga", IES "Urbano Lugrís", IES "Fernando Wirtz", IES Plurilingüe "Rafael Dieste" e IES Plurilingüe "Pedra da Águia".
Antes de xogar a final, toda a rapazada participou en partidas simultáneas co Mestre internacional de Xadrez Jacobo Caselas. As partidas foron moi disputadas e todas as persoas deron o mellor do seu xogo nos taboleiros.
Ainda que polo de agora a asistencia non é aberta ao público en xeral, a xornada contou cunha nutrida presencia do alumnado dos centros participantes.
Na categoria da ESO o gañador nesta edición 2023 foi Manuel Tomé Pérez, en na categoría de Bacharelato/FP a gañadora foi Ana Nieto Pérez, ambos do IES "Fernando Wirtz". Parabéns a todos os xogadores que quedan emprazados para próximas edicións.
18/05/23
ACTIVIDADE "AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Alberto Pombo, profesor do Depratamento de Galego do noso instituto, está facerndo unha actividade co alumnado de 4º. É unha actividade de dinamización lingüística que consiste nunha campaña nos negocios locais para promocionar o uso do galego. A campaña chámase "AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO" e consiste en que o alumnado irá a diferentes negocios a pedirlles participar na campaña colocando un pequeno cartel no local. Deixámosvos a presentación da actividade:
AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO
...e a moito orgullo!
Porque a historia das nosas letras non se pode entender sen esta cidade aberta
ao océano. Aquí naceron as Irmandades da Fala, a Cova Céltica, a Escola
Rexional de Declamación ou a Real Academia Galega. Aquí celebráronse os
primeiros Xogos Florais e coroamos como poeta a Curros Enríquez, no que
hoxe coñecemos como Teatro Rosalía de Castro, que tamén foi veciña da nosa
cidade. Como veciños foron Murguía, Pondal, Lugrís, Dieste, Avilés de
Taramancos, Novoneyra…
E como veciños son hoxe Pilar Pallarés, Manuel
Rivas, Yolanda Castaño ou Xurxo Souto. E porque outro veciño noso, Pucho
Boedo, internacionalizou para o mundo a poesía galega en forma de cancións!
Os nosos barrios naceron tamén coa voz doutros galegos que aquí viñeron e
hoxe, aquí, a nosa lingua renóvase florida con máis sotaques chegados da
emigración latina, asiática, europea ou africana.
Por iso nós agora, o alumnado do IES Rafael Dieste, iniciamos esta ambiciosa
campaña de dinamización con acción directa nos barrios, dos que tamén somos
veciños e veciñas orgullosas!
A nosa intención é crear un repositorio de 300 locais (cafetarías, lavandarías,
talleres mecánicos, perruquerías…) que demostren que nesta cidade non
somos hostís á lingua galega. Por iso, subiremos unha foto do teu negocio ao
instagram @bibliotecadieste xunto co cancelo #aquítaménsefala, para dar
publicidade. Sería algo así…
“A cafetaría *** da Ronda de Outeiro nº 334, súmase ao proxecto
#aquítaménsefala” e acompañaremos a publicación dunha foto do teu negocio.
QUE VEÑAN MIL PRIMAVERAS MÁIS PARA A LINGUA GALEGA!
GRAZAS
17/05/23
10/05/23
VISITA DA ESCRITORA CORUÑESA NIEVES ABARCA
Onte o alumnado do "Rafael Dieste" tivo a oportunidade de escoitar á escritora coruñesa Nieves Abarca que veu a charlar co alumnado de 1ºBAC do seus libros e en espcial de "Voraces". Tamén tivo tempo para estar co alumnado dos clubes de lectura do centro.
02/05/23
18/04/23
XIII SC / CHARLA-COLOQUIO CON ALFONSO GÓMEZ CRUZ, ALCALDE DE XENEBRA (SUIZA)
Por cuestións de axenda, hoxe tivemos unha última actividade que se incluiría dentro da Semana Cultural 2023. Tratouse da oportunidade de contar no noso instituto cun alcalde dunha cidade europea. Hoxe estivo charlando co noso o alumnado o galego Alfonso Gómez Cruz, orixinario de Corme (A Coruña), que na actualidade é o alcalde da cidade suiza de Xenebra.
Falounos da realidade dunha ciudade europea actual cos seus problemas, realidades e posibles solucións desde o punto de vista da sostenibilidade e a ecoloxía pola súa militancia no partido dos Verdes.
Video da cidade:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
ETIQUETAS
8-M
ApadriñaLector
Cosmos
DIVERINTERCULTURAL
DiversidadeCultural
Galicia
Gastronomía
Grego
HoraDeLer
HªEscritura
HªOlimpiadas
LIBROS
LibrosVivintes
MUSE
Nobel
O CINE
O MAR
OPINIÓN
Odisea
P.Cervantes
P.Dado
PATRIMONIOGALEGO
PLAMBE
Pasapalabra
PlanProxecta
RD25Anos
RadioNaBiblio
Radiofiestra
S.C.AntiguaGrecia
Samaín
XOGOSTRADICIONAIS
a lingua
acoso-bullying
actividadeBiblio
actualidade
adolescencia
alfin
amor
animación
arqueoloxía
arte
astronomía
audio
audiovisual
autores
baile
bibliotecas
bioloxía
blog
cartel
centenario
certames
cidades
ciencia
ciencia-ficción
cine
club de lectura
comic
compromiso
concertos
concursos
conferencia
congresos
contacontos
cuca
cuestionario
curta
dereitos humanos
deseño
dicionarios
didáctica
discapacidade
documentais
educación
efemérides
encontros con escritores
enl
enlaces
enquisas
ensaios
entrevista
entroido
exposicións
expresión oral
familias
feminismo
ficha
filosofía
fomento da lectura
fondos
formación de usuarios
formularios
fotografía
francés
física
galego
graduación
guías
historia
homenaxe
humor
ilustración
inglés
iniciativas
intercambio
interculturalidade
internet
latín
letras galegas
linguas estranxeiras
literatura
manualidades
matemáticas
medio ambiente
microrrelatos
mitoloxía
mochilas viaxeiras
mulleres
museos
música
nadal
narrativa
natureza
noticias
obituario
obradoiro
ortografía
patrimonio
paz
pioneiros
poesía
premios
presentación
publicidade
química
radio
recursos
revista
roteiros
saúde
semana cultural
solidariedade
teatro
textos
tics
titoría
traballo por proxectos
traducción
tríptico
verán
viaxes
violencia de xénero
votacións
vídeos
xadrez
xeografía
xogos
xornadas
xornalismo
xubilación
Ágora
PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA
-
Nestes días de recollida e limpeza xeral de corpo e espírito, as bibliotecas do IES Pintor Colmeiro de Silleda e do IES As Lagoas de Oure...
-
A IASL, International Association of School Libraries , convoca anualmente no mes de outubro a conmemoración do Día Internacional da B...
-
Estes días temos expostos na biblioteca os traballos realizados por uns alumnos de 4ºB sobre "Moléculas de ADN". Noraboa a ...
-
Aqui tedes a 1ª entrega do que fomos facendo estes días: SEMANA INTERCULTURAL on PhotoPeach
-
Acabaron os exames!!! Mañá será o día de recoller as notas e ao mellor, coa emoción, alguén esquece que a biblioteca estará aberta para os ...
-
Benvidos ás aulas de novo. A actividade da HORA DE LER no segundo trimestre , comezará o vindeiro luns 11 de xaneiro ata o 19 de marzo, c...
-
Todos os anos na nosa cidade celébrase por estas datas un concurso no que participan alumnos da materia de Cultura Clásica de catro centr...
-
No Día Internacional da Muller Traballadora, hoxe 8-Marzo, queremos compartir o cómic de Emma Clit sobre a carga mental que soportan as ...
-
Un ano mais 'BiblioDieste' quere participar na conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminació...
PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES
-
Todos os anos na nosa cidade celébrase por estas datas un concurso no que participan alumnos da materia de Cultura Clásica de catro centr...
-
Onte venres celebramos a ceremonia de Graduación da promoción de alumnado 'Rafael Dieste 2019'. O acto celebrouse no Auditorio A...
-
Benvidos ás aulas de novo. A actividade da HORA DE LER no segundo trimestre , comezará o vindeiro luns 11 de xaneiro ata o 19 de marzo, c...
-
Nestes días de recollida e limpeza xeral de corpo e espírito, as bibliotecas do IES Pintor Colmeiro de Silleda e do IES As Lagoas de Oure...
-
Na semana na que se celebrará o Día da Paz (30 xaneiro) imos adicar entradas a repasar cancións que teñen que ver co tema. Escomenzamos...
-
Aqui tedes a 1ª entrega do que fomos facendo estes días: SEMANA INTERCULTURAL on PhotoPeach
-
A IASL, International Association of School Libraries , convoca anualmente no mes de outubro a conmemoración do Día Internacional da B...
-
Compartimos hoxe unha páxina web "FAMILIAS LECTORAS" da Junta de Andalucía dende a que se abren as portas á cooperación entre ...
-
Os derradeiros coletazos da Semana Cultural. Hoxe mostramos a presentación sobre os planetas e os deuses vista no Salón de actos o pas...
-
Outra entrada referida ao cine e as ciencias, trátase dun libro "QUE LA CIENCIA TE ACOMPAÑE" de Miguel Barral. Aquí incluí...
PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE
-
Todos os anos na nosa cidade celébrase por estas datas un concurso no que participan alumnos da materia de Cultura Clásica de catro centr...
-
Esta é a guía de lecturas e vídeos que o equipo de biblioteca vos recomenda para estas vacacións de Nadal . Entregaremos unha en cor par...
-
Un ano mais 'BiblioDieste' quere participar na conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminació...
-
Benvidos ás aulas de novo. A actividade da HORA DE LER no segundo trimestre , comezará o vindeiro luns 11 de xaneiro ata o 19 de marzo, c...
-
Acabaron os exames!!! Mañá será o día de recoller as notas e ao mellor, coa emoción, alguén esquece que a biblioteca estará aberta para os ...
-
O voluntariado da Biblioteca e o alumnado do equipo de Mediación e Convivencia do Dieste compartiron unha saía ás Illas Atlánticas. Saímos d...
-
Os que vos pasades pola Biblioteca case a diario, xa vistes ao longo deste mes que temos ordenadores novos nas mesas novas, que falta facían...
-
Quen conseguirá curar máis corazóns partidos o 14 de febreiro? Aquí tedes a menciña Podedes tomar toda a que queirades. Non posúe contraindi...
-
O Xallas dende O Pindo O 8 de febreiro de 1835 nacía en Ponteceso un neno que chegaría a ser coñecido como o Bardo , voceiro da corren...
-
Como esta semana xa abrimos a biblioteca, acercámosvos unha presentación que explica qué facer para atopar un libro que queremos na nosa ...


















































