Amosando publicacións coa etiqueta LosRosales. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta LosRosales. Amosar todas as publicacións

02/11/17

ÁGORA: FORMACIÓN DE USUARIOS



Con motivo da celebración o pasado 24 de outubro do DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, no noso Instituto levamos a cabo ao longo da semana (desde o 23 ao 30 de outubro) unha serie de actividades, entre as que queremos destacar nesta entrada o cursiño de formación de usuarios impartido pola biblioteca municipal da Ágora ao profesorado do equipo. Este cursiño forma parte da colaboración que vimos desenvolvendo estes anos coas bibliotecas municipais do noso barrio, a da Ágora e a de Los Rosales, a quen quedamos moi agradecidos pola súa disposición a colaborar con nós.

25/05/16

CONCURSO DE CONTOS

O pasado día 25 de maio resolveuse o IV CONCURSO DE CONTOS Os Rosales 2012, convocado pola Asociación de Veciños e a Biblioteca Municipal Os Rosales. Ao acto de entrega dos premios acudimos dúas profesoras e un grupo de alumnos de 1º de ESO que presentara traballos a este concurso, baixo o asesoramento da profesora de Lingua Española. Pasamos nervios pois tivemos que esperar ao final do acto para saber se algún dos nosos alumnos levara premio. Pero a espera mereceu a pena, xa que a alumna Sabana Paz de 1º de ESO A resultou gañadora do 1º premio na súa categoría.
Os nosos PARABENS para ela e todos os demais que vos animastes a escribir un conto e que non vos fostes sen recibir algun detalle dos organizadores. ANIMÁMOSVOS A VOLVER A PARTICIPAR O ANO QUE VÉN, pero a todos, non só aos que xa participaron.

03/06/14

MÁIS PREMIOS

Xa vos contamos hai días que varios alumn@s de 1º de ESO do noso centro, a instancias do equipo de biblioteca e dirixidos pola súa profesora de Lingua Española, se presentaron a un concurso de redacción convocado pola Biblioteca Municipal de Os Rosales; tamén se presentaron @s alumn@s de Grego de 1º de Bacharelato ao concurso de narración en soporte vídeo. Pois ben, HOUBO PREMIOS, en concreto dous primeiros premios, na categoría de 12 a 14 anos en redacción para Isabel Juncal de 1º ESO D, e na categoría de 16 a 18 en soporte vídeo para Sara Romero e Andrea Morano de 1ºBac.B. 
NORABOA A TODOS OS PREMIADOS!


Premios concurso redacción B.M.Los Rosales on PhotoPeach

15/06/12

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA

Queremos agradecer a Lorena e Vero, da B.M. "Os Rosales", que viñesen o martes a contarnos un conto. A actividade desenvolveuse na biblioteca e foron invitados a participar nela os alumnos de 1º de ESO A e 1º de ESO B. Esta é a foto que recolle un momento do acto.


Se queredes ver máis fotos, premede AQUI.
Grazas ás dúas polo conto e por poñer o voso tempo a nosa disposición. É un pracer intercambiar actividades con vós.

24/06/11

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA DE "Los Rosales"

Hoxe os membros do club de lectura o trasno na rede estivemos na Biblioteca Municipal de Los Rosales  para contarlles un conto  ("Grisela") a nenos de 3 a 8 anos dese barrio. Como a experiencia foi moi bonita queremos facervos partícipes con estas fotos que dan fe do ben que o pasamos. Tamén gravaron o contacontos en video, así que cando o teñamos subirémolo a arquivos.
Por que non vos anotades no club de lectura para o curso que vén?

ETIQUETAS

8-M ApadriñaLector Cosmos DIVERINTERCULTURAL DiversidadeCultural Galicia Gastronomía Grego HoraDeLer HªEscritura HªOlimpiadas LIBROS LibrosVivintes MUSE Nobel O CINE O MAR OPINIÓN Odisea P.Cervantes P.Dado PATRIMONIOGALEGO PLAMBE Pasapalabra PlanProxecta RD25Anos RadioNaBiblio Radiofiestra S.C.AntiguaGrecia Samaín XOGOSTRADICIONAIS a lingua acoso-bullying actividadeBiblio actualidade adolescencia alfin amor animación arqueoloxía arte astronomía audio audiovisual autores baile bibliotecas bioloxía blog cartel centenario certames cidades ciencia ciencia-ficción cine club de lectura comic compromiso concertos concursos conferencia congresos contacontos cuca cuestionario curta dereitos humanos deseño dicionarios didáctica discapacidade documentais educación efemérides encontros con escritores enl enlaces enquisas ensaios entrevista entroido exposicións expresión oral familias feminismo ficha filosofía fomento da lectura fondos formación de usuarios formularios fotografía francés física galego graduación guías historia homenaxe humor ilustración inglés iniciativas intercambio interculturalidade internet latín letras galegas linguas estranxeiras literatura manualidades matemáticas medio ambiente microrrelatos mitoloxía mochilas viaxeiras mulleres museos música nadal narrativa natureza noticias obituario obradoiro ortografía patrimonio paz pioneiros poesía premios presentación publicidade química radio recursos revista roteiros saúde semana cultural solidariedade teatro textos tics titoría traballo por proxectos traducción tríptico verán viaxes violencia de xénero votacións vídeos xadrez xeografía xogos xornadas xornalismo xubilación Ágora

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

ESTATÍSTICAS DE VISITAS

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER