10/05/16

VII SEMANA CULTURAL "PERSONAXES HISTÓRICOS PIONEIROS": OS OBRADOIROS



Repasamos nesta entrada os obradoiros que realizamos na pasada semana cultural. Foron dous:
- "SUFFRAGETTES: WHO WERE THEY?" (As Sufraxistas: quen eran?) celebrado o luns 25 e organizado polo Departamento de Inglés.
- "HILDEGARDA DE BINGEN" do que se fixeron dous pases, o venres 29, organizado polo Departamento de Música.

OBRADOIRO SOBRE AS SUFRAXISTAS.
VII CULTURAL WEEK WORKSHOPS: THE SUFFRAGETTES, WHO WERE THEY? on PhotoPeach

Neste obradoiro deuse unha visión sobre o movemento sufraxista británico de finais do século XIX e principios do XX que loitou polo dereito ao voto feminino. Coñecimos a vida da súa líder Emmerline Pankhurst, a través dun vídeo animado en inglés, as súas fotos orixinais, as súas palabras e citas e un dos seus discursos en audio. Tamén se comenta sobre o fatal accidente sufrido pola sufraxista Emily Davison, durante un acto de protesta, sendo arroiada por un cabalo na carreira de Epsom, que tamén se documenta co video orixinal do momento. Finalmente, se visionaron os trailers da película de 2015 "Sufraxistas". Todo en versión orixinal en inglés.
Entrada en inglés presentando o obradoiro @ ClickOnEnglish.

OBRADOIRO SOBRE HILDEGARDA DE BINGEN.
VII SEMANA CULTURAL: OBRADOIRO HILDEGARDA DE BINGEN on PhotoPeach


Neste segundo obradoiro, alumnado de varios grupos de música presentaron a biografía desta muller pioneira en moitos ámbitos do coñecemento: relixión, ciencia, literatura e tamén música. Interpretáronse tamén pezas musicais da propia Hildegarda. Ademáis de presentar a exposición sobre "A Física de Hildegarda" e un concurso sobre os seus estudios e descubrimentos neste eido. Contamos coa presenza da nosa propia Hildegarda, interpretada por unha alumna.

Ningún comentario:

ETIQUETAS

8-M ApadriñaLector Cosmos DIVERINTERCULTURAL DiversidadeCultural Galicia Gastronomía Grego HoraDeLer HªEscritura HªOlimpiadas LIBROS LibrosVivintes MUSE Nobel O CINE O MAR OPINIÓN Odisea P.Cervantes P.Dado PATRIMONIOGALEGO PLAMBE Pasapalabra PlanProxecta RD25Anos RadioNaBiblio Radiofiestra S.C.AntiguaGrecia Samaín XOGOSTRADICIONAIS a lingua acoso-bullying actividadeBiblio actualidade adolescencia alfin amor animación arqueoloxía arte astronomía audio audiovisual autores baile bibliotecas bioloxía blog cartel centenario certames cidades ciencia ciencia-ficción cine club de lectura comic compromiso concertos concursos conferencia congresos contacontos cuca cuestionario curta dereitos humanos deseño dicionarios didáctica discapacidade documentais educación efemérides encontros con escritores enl enlaces enquisas ensaios entrevista entroido exposicións expresión oral familias feminismo ficha filosofía fomento da lectura fondos formación de usuarios formularios fotografía francés física galego graduación guías historia homenaxe humor ilustración inglés iniciativas intercambio interculturalidade internet latín letras galegas linguas estranxeiras literatura manualidades matemáticas medio ambiente microrrelatos mitoloxía mochilas viaxeiras mulleres museos música nadal narrativa natureza noticias obituario obradoiro ortografía patrimonio paz pioneiros poesía premios presentación publicidade química radio recursos revista roteiros saúde semana cultural solidariedade teatro textos tics titoría traballo por proxectos traducción tríptico verán viaxes violencia de xénero votacións vídeos xadrez xeografía xogos xornadas xornalismo xubilación Ágora

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

ESTATÍSTICAS DE VISITAS

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER