ODILO é unha innovadora empresa española que levou a revolución dixital ao ámbito dos libros e das bibliotecas. A compañía naceu en 2011 coa idea de levar a tecnoloxía na nube ao sector do libro, e conseguir en formato electrónico os libros que se venden nas librerías, exportando este servizo ás bibliotecas tamén. Crearon así un catálogo virtual de 1,3 millóns de contidos dixitais en 42 linguas. Compran os dereitos de libros xa dixitalizados, os catalogan e os suben a unha plataforma. Os usuarios descargan unha aplicación e poden ter acceso a un gran número de exemplares nas súas tablets ou nos seus libros dixitais.
O proxecto levouse despois a empresas, institucións públicas e centros de ensinanza,.busca Neste últimos procura o fomento da lectura entre o alumnado e un aforro para as familias nas compras de libros. Odilo é líder en lingua castelá e está presente en 35 países. A súa expansión conta con investimento da Unión Europea.
+ info: [El País]
Ningún comentario:
Publicar un comentario