07/02/09

DÍA DOS NAMORADOS

Cupido e Psique de ANTONIO CÁNOVA (1757-1822)


A semana do 9 ao 14 de febreiro celebraremos o Día dos Namorados con diversos actos:
  • Certame de cartas de amor: En tempos convulsos como estes, nos que vivimos rodeados de violencia, nada mellor que volver os ollos ao amor. Por iso desde a biblioteca animámosvos a participar neste concurso, no que recibirán un premio as tres cartas que máis nos gusten a todos. A data de entrega remata o día 9 de febreiro.
  • Exposición de libros de amor: Ao longo da semana, do 9 ao 13 de febreiro, no interior da biblioteca, expoñeremos unha selección de obras que traten este tema para que poidades levalas en préstamo.
  • Exposición de poemas de amor: O venres 13 de febreiro, xusto á saída da biblioteca, atoparedes unha exposición de poemas de amor de épocas e países diversos con exemplares suficientes para que todos poidamos coller os que nos gusten. O noso lema é: “En tempos de crise, regala un poema”.
  • Recuncho de poesía: O venres 13 de febreiro, nos recreos, volverá a haber audicións musicais, esta vez de amor, non podía ser doutra maneira. Sonarán os temas Lela de Castelao, cantado por Dulce Pontes, Te Quiero de Mario Benedetti, cantado por Los Sabandeños, e Te Quiero de Pablo Neruda, cantado por Antonio Vega.

05/02/09

Queres medir o radio da Terra?

Na páxina oficial de Ano Internacional da Astronomía, coa que tedes un enlace dúas entradas máis abaixo, hai unha actividade que se celebrará o 26 de marzo titulada: Queres medir o radio da terra?
Os profes que queirades participar cos vosos alumnos só tedes que encher un formulario, que tamén aparece na mesma páxina.
Aquí vos deixamos unha presentación de Pere Closas para que vos animedes:

03/02/09

Día Internacional dos Humedais

O 2 de febreiro celébrase o Día Internacional dos Humedais, un bo día para concienciarnos da importancia que ten a conservación destes lugares. Talvez moitos de vós non pensastes nunca niso. De ser así é o momento de enterarvos de que Galicia, un paraíso en humedais, só ten cinco deles protexidos polo convenio Ramsar: o de Corrubedo; o complexo intermareal Umia-O Grove, A Lanzada, Punta Carreirón e lagoa Bodeira; a lagoa de Valdoviño; a ría de Ortigueira e Ladrido e a Ría de Ribadeo.
Parece ser que a Consellería de Medio Ambiente quere presentar este ano o Inventario dos humedais de Galicia, coa intención de protexer máis acuíferos antes de que sexa demasiado tarde, como denuncian diariamente as asociacións ecoloxistas. A urbanización descontrolada e o turismo, a desecación, as alteracións hidráulicas, as extraccións de area, a contaminación por vertidos urbanos ou industriais, as alteracións do habitat, o saqueo de ovos ou crías ou a caza son algúns dos perigos aos que sometemos constantemente estes fráxiles ecosistemas.

Que podemos facer nós? Como primeiro paso, coñecelos -non se pode amar nin conservar o que non se coñece- e en segundo lugar, contribuír ao seu coidado e protección.

Suxerímosvos que comecedes polo norte. A ría de Ortigueira e Ladrido está a a unha hora e media da Coruña e nesta época é lugar de invernada de considerables poboacións de aves acuáticas, especialmente limícolas, aves de longas patas e peteiros que se manteñen cos animaliños que atopan no subsolo enlamado.
Animade aos vosos profes de Ciencias e/ou aos vosos pais e aproveitade a primeira fin de semana que veña boa!!!

ETIQUETAS

8-M ApadriñaLector Cosmos DIVERINTERCULTURAL DiversidadeCultural Galicia Gastronomía Grego HoraDeLer HªEscritura HªOlimpiadas LIBROS LibrosVivintes MUSE Nobel O CINE O MAR OPINIÓN Odisea P.Cervantes P.Dado PATRIMONIOGALEGO PLAMBE Pasapalabra PlanProxecta RD25Anos RadioNaBiblio Radiofiestra S.C.AntiguaGrecia Samaín XOGOSTRADICIONAIS a lingua acoso-bullying actividadeBiblio actualidade adolescencia alfin amor animación arqueoloxía arte astronomía audio audiovisual autores baile bibliotecas bioloxía blog cartel centenario certames cidades ciencia ciencia-ficción cine club de lectura comic compromiso concertos concursos conferencia congresos contacontos cuca cuestionario curta dereitos humanos deseño dicionarios didáctica discapacidade documentais educación efemérides encontros con escritores enl enlaces enquisas ensaios entrevista entroido exposicións expresión oral familias feminismo ficha filosofía fomento da lectura fondos formación de usuarios formularios fotografía francés física galego graduación guías historia homenaxe humor ilustración inglés iniciativas intercambio interculturalidade internet latín letras galegas linguas estranxeiras literatura manualidades matemáticas medio ambiente microrrelatos mitoloxía mochilas viaxeiras mulleres museos música nadal narrativa natureza noticias obituario obradoiro ortografía patrimonio paz pioneiros poesía premios presentación publicidade química radio recursos revista roteiros saúde semana cultural solidariedade teatro textos tics titoría traballo por proxectos traducción tríptico verán viaxes violencia de xénero votacións vídeos xadrez xeografía xogos xornadas xornalismo xubilación Ágora

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

ESTATÍSTICAS DE VISITAS

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER