A NOSA FRASE DA PAZ 2016

Elexida polos nosos seguidores/lectores:

"Non hai camiño cara á paz, a paz é o camiño"

Ghandi


20/02/09

INVITACIÓN AO TEATRO


E falando de Darwin, unha recomendación: Léde e, se podedes, vede a representación, da obra de teatro La tortuga de Darwin do recente Premio Nacional de Teatro, Juan Mayorga, interpretada extraordinariamente por Carmen Machi e dirixida por outro grande do teatro, Ernesto Caballero.

Mayorga escribe a historia despois de ler nun xornal que unha tartaruga das Galápagos, que Charles Darwin levara ao Reino Unido como obxecto de estudo, cumpría 175 anos, o que a convertía no animal máis vello do mundo.

A tartaruga Harriet sabe que vivir é adaptarse e compróbao en si mesma. Ao longo dos anos evoluciona ata se converter nunha anciá capaz de falar e pensar: “una abuelita ingenua y cada vez más humana e intensa, que ofrece su pasado y su memoria a unos seres humanos que, a cambio, sólo buscan aprovecharse de ella”, como nos di o seu autor.

Mayorga imaxina todas as cousas que podería ter visto a tartaruga neses 175 anos de ter saído do xardín científico onde a tiñan recluída, e convértea nun arquivo histórico vivente dos principais acontecementos do século XX: Harriet lembra “o nomeamento de 35 presidentes de los EE.UU., o nomeamento de once Papas, dúas guerras mundiais, a Revolución de Octubre, a Perestroica”…

Un historiador e un médico intentan aproveitarse dela para facerse famosos. O seu testimuño directo é utilizado para revisar unha morea de acontecementos que coñecemos a través dos libros de historia e o seu corpo é utilizado para a experimentación. En suma, Mayorga invítanos a reflexionar sobre o crueis que poden ser os seres humanos, e vennos dicir que en lugar de evolucionar involucionamos.

08/02/09

BICENTENARIO DE DARWIN

Con motivo da celebración do bicentario de Darwin o día 12 de febreiro, todos os centros escolares están a realizar actividades en torno á súa figura e á súa obra. Pero entre os centros que dan a coñecer as súas actividades na rede destaca especialmente o IES As Mariñas porque fai unha selección excepcional. NORABOA POLO VOSO TRABALLO!!!
Se queredes coñecer estas actividades ide clickando nos enlaces que vos enumeramos a continuación:

Para contestar sen tatexar ás actividades propostas podedes consultar os libros e revistas que hai na biblioteca ou clickar en:

E como agasallo final este pequeno vídeo de The Simpsons titulado Homer Evolution:

O BARDO BERGANTIÑÁN

O Xallas dende O Pindo
O 8 de febreiro de 1835 nacía en Ponteceso un neno que chegaría a ser coñecido como o Bardo, voceiro da corrente celtista que surxiu na Coruña arredor da Cova Céltica e poeta que quixo facer do galego unha lingua culta.
O Bardo Pondal, influenciado polos historiadores galegos contemporáneos e por diversos materiais librescos, constrúe para Galicia un pasado mítico poboado de heroes, entre os que destaca Breogán, o pai da patria.
Esta poesía de carácter épico, que reivindica as raíces celtas como elemento singular e diferenciador do pobo galego fronte ao resto de España, e que ten no Himno Galego o seu exemplo máis coñecido, foi escrita cunha intencionalidade cívica: devolverlles aos galegos a conciencia da propia identidade e mostrarlles o camiño do futuro.
Pero ademais desta poesía de carácter político, Pondal escribiu tamén outra, máis lírica, que fala do paso do tempo, de liberdade, de nostalxia, de soidade, de misantropía, e nos achega máis ao lado humano do poeta.
Con todo, un elo de ferro vincula ambas liñas poéticas: o amor á terra. Na súa poesía a paisaxe de Bergantiños acada unha presenza transcendental, ben a través da toponimia ben a través da flora e a fauna, especialmente árbores e aves, cos que dialoga, unhas veces co desexo de apreixar os enigmas da nosa historia e outras querendo fundirse con eles, como se pode ver neste poema de Queixumes dos pinos que vos deixamos:
Feros corvos de Xallas,
Que vagantes andás
En salvage compaña,
Sin hoxe nin mañán;
Quen poidera ser voso compañeiro,
Pola gandra longal!

Algo de vago e fero,
Do meu ser no profundo
Eu levo, como as brétomas
Dos curatos escuros;
E unha ruda e salvage
Inclinación dos seres vagamundos.

Algo do rudo vento
Que azouta o cabo Ougal;
Do salvage miñato
Que leva o vento soán;
E con nobre ufanía,
O esquivo mato registrando vai!

Algo das vagas brétomas,
Algo das uces altas,
Algo dos libres corzos,
E das feras bandadas
Dos corvos vagamundos,
Que se espallan de Xallas polas gandras.

07/02/09

DÍA DOS NAMORADOS

Cupido e Psique de ANTONIO CÁNOVA (1757-1822)


A semana do 9 ao 14 de febreiro celebraremos o Día dos Namorados con diversos actos:
  • Certame de cartas de amor: En tempos convulsos como estes, nos que vivimos rodeados de violencia, nada mellor que volver os ollos ao amor. Por iso desde a biblioteca animámosvos a participar neste concurso, no que recibirán un premio as tres cartas que máis nos gusten a todos. A data de entrega remata o día 9 de febreiro.
  • Exposición de libros de amor: Ao longo da semana, do 9 ao 13 de febreiro, no interior da biblioteca, expoñeremos unha selección de obras que traten este tema para que poidades levalas en préstamo.
  • Exposición de poemas de amor: O venres 13 de febreiro, xusto á saída da biblioteca, atoparedes unha exposición de poemas de amor de épocas e países diversos con exemplares suficientes para que todos poidamos coller os que nos gusten. O noso lema é: “En tempos de crise, regala un poema”.
  • Recuncho de poesía: O venres 13 de febreiro, nos recreos, volverá a haber audicións musicais, esta vez de amor, non podía ser doutra maneira. Sonarán os temas Lela de Castelao, cantado por Dulce Pontes, Te Quiero de Mario Benedetti, cantado por Los Sabandeños, e Te Quiero de Pablo Neruda, cantado por Antonio Vega.

05/02/09

Queres medir o radio da Terra?

Na páxina oficial de Ano Internacional da Astronomía, coa que tedes un enlace dúas entradas máis abaixo, hai unha actividade que se celebrará o 26 de marzo titulada: Queres medir o radio da terra?
Os profes que queirades participar cos vosos alumnos só tedes que encher un formulario, que tamén aparece na mesma páxina.
Aquí vos deixamos unha presentación de Pere Closas para que vos animedes:

03/02/09

Día Internacional dos Humedais

O 2 de febreiro celébrase o Día Internacional dos Humedais, un bo día para concienciarnos da importancia que ten a conservación destes lugares. Talvez moitos de vós non pensastes nunca niso. De ser así é o momento de enterarvos de que Galicia, un paraíso en humedais, só ten cinco deles protexidos polo convenio Ramsar: o de Corrubedo; o complexo intermareal Umia-O Grove, A Lanzada, Punta Carreirón e lagoa Bodeira; a lagoa de Valdoviño; a ría de Ortigueira e Ladrido e a Ría de Ribadeo.
Parece ser que a Consellería de Medio Ambiente quere presentar este ano o Inventario dos humedais de Galicia, coa intención de protexer máis acuíferos antes de que sexa demasiado tarde, como denuncian diariamente as asociacións ecoloxistas. A urbanización descontrolada e o turismo, a desecación, as alteracións hidráulicas, as extraccións de area, a contaminación por vertidos urbanos ou industriais, as alteracións do habitat, o saqueo de ovos ou crías ou a caza son algúns dos perigos aos que sometemos constantemente estes fráxiles ecosistemas.

Que podemos facer nós? Como primeiro paso, coñecelos -non se pode amar nin conservar o que non se coñece- e en segundo lugar, contribuír ao seu coidado e protección.

Suxerímosvos que comecedes polo norte. A ría de Ortigueira e Ladrido está a a unha hora e media da Coruña e nesta época é lugar de invernada de considerables poboacións de aves acuáticas, especialmente limícolas, aves de longas patas e peteiros que se manteñen cos animaliños que atopan no subsolo enlamado.
Animade aos vosos profes de Ciencias e/ou aos vosos pais e aproveitade a primeira fin de semana que veña boa!!!

ETIQUETAS

a lingua (25) A.FdezPaz (4) acoso-bullying (6) actividadeBiblio (119) actualidade (41) adolescencia (4) alfin (2) amor (24) animación (15) arqueoloxía (9) arte (20) astronomía (10) audio (3) audiovisual (33) autores (52) baile (4) bibliotecas (73) bioloxía (6) cartel (5) centenario (16) certames (12) cidades (4) ciencia (20) ciencia-ficción (4) cine (27) club de lectura (4) comic (27) compromiso (83) concursos (41) conferencia (9) congresos (5) contacontos (10) Cosmos (29) cuca (5) cuestionario (4) curta (2) dereitos humanos (53) deseño (4) dicionarios (8) didáctica (16) discapacidade (7) DiversidadeCultural (8) documentais (6) educación (82) efemérides (171) encontros con escritores (14) enlaces (251) enquisas (8) ensaios (1) entrevista (2) entroido (8) Escola de Atenas (1) exposicións (49) expresión oral (2) familia (5) familias (4) ficha (1) filosofía (6) física (2) fomento da lectura (143) fondos (1) formación de usuarios (6) formularios (1) fotografía (6) galego (6) Galicia (42) Gastronomía (1) graduación (4) guías (3) HªEscritura (18) HªOlimpiadas (9) historia (46) homenaxe (65) humor (19) ilustración (8) inglés (40) iniciativas (10) intercambio (4) interculturalidade (14) internet (13) latín (2) letras galegas (53) LIBROS (148) LibrosVivintes (3) linguas estranxeiras (8) literatura (87) manualidades (2) matemáticas (10) medio ambiente (22) microrrelatos (1) mitoloxía (8) mochilas viaxeiras (1) Morte de Sócrates (1) mulleres (44) MUSE (1) música (50) narrativa (40) natureza (2) Nobel (4) noticias (39) obituario (24) obradoiro (3) Odisea (1) OPINIÓN (2) ortografía (2) patrimonio (18) paz (49) pioneiros (20) poesía (73) premios (44) presentación (14) publicidade (3) química (1) radio (1) RD25Anos (5) recursos (15) revista (2) roteiros (3) S.C.AntiguaGrecia (15) Samaín (6) saúde (6) semana cultural (123) solidariedade (12) teatro (25) textos (1) tics (42) titoría (3) traballo por proxectos (9) traducción (1) tríptico (1) verán (3) viaxes (3) vídeos (93) violencia de xénero (8) votacións (3) xadrez (1) xeografía (7) xogos (15) xornadas (1) xornalismo (3) xubilación (1)

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER