Levamos tempo querendo atopar un oco entre tanta actividade para planificar a primeira mochila viaxeira. E ¡por fin chegou o día! Que qué é unha mochila viaxeira? Pois iso, unha mochila que viaxa, que vai de casa en casa dos alumnos, cun tempo máximo de quince días por alumno e casa.
Dentro da mochila poñemos material variado: libros, cómics, revistas, música e películas. Todo para podelo disfrutar en familia.
Como queremos e necesitamos saber a opinión das familias, a mochila levará tamén un caderno no que queremos que anotedes todo o que vos suxira esta actividade. Necesitamos das vosas suxerencias para que este proxecto que comeza agora poida medrar e cumplir o seu verdadeiro obxectivo:
que compartades en familia un material que a biblioteca do Instituto pon a vosa disposición.
Mirade esta presentación que vos preparamos como información inicial.
Ningún comentario:
Publicar un comentario