20/06/12

QUERES SER COLABORADOR DE BIBLIOTECA?

O curso remata e chega a hora de facer balance. O equipo da biblioteca quere amosar o seu máis profundo agradecemento aos alumnos que ao longo deste curso colaboraron nas tarefas da biblioteca. Grazas por axudar no préstamo dos recreos, cando os alumnos se agolpan e queren ser atendidos rapidamente para poder ir a comer o bocata ou a falar ou xogar cos amigos; por axudar a colocar de novo no seu sitio os libros ou DVDs devoltos; por axudar aos compañeiros a atopar o libro que buscan ou asesoralos cando dubidan; por colaborar na organización das actividades ou na reorganización dos fondos ou os mobeis; por axudar a recuperar os libros "dos morosos"; por axudar a rexistrar e catalogar. En definitiva, GRAZAS POR AXUDARNOS SEMPRE QUE VOLO PEDIMOS. Estamos convencidos de que sen vós a biblioteca non podería funcionar coa dinámica que ten actualmente.  
Por iso onte celebramos a despedida deste curso cunha merenda.
Só un de vós non estará no centro o ano que vén, pero varios pasades a 2º de Bacharelato e ese é un curso moi esixente e ademais o último da vosa estancia no Instituto. Por iso NECESITAMOS NOVOS COLABORADORES PARA O CURSO QUE VÉN, aos que entre todos lles iríamos ensinando  para que vos sustitúan cando marchedes.  Así que se es alumno da ESO e queres axudar no préstamo, achégate á biblioteca e fala con algún dos profesores do equipo.
Aproveitamos para deixarvos esta presentación do CEIP Víctor Saénz sobre os deberes dun bo colaborador de biblioteca. 
ÁNIMO! ESPERÁMOSVOS ESTES DÍAS NA BIBLIOTECA!

Ningún comentario:

ETIQUETAS

8-M a lingua acoso-bullying actividadeBiblio actualidade adolescencia Ágora alfin amor animación ApadriñaLector arqueoloxía arte astronomía audio audiovisual autores baile bibliotecas bioloxía blog cartel centenario certames cidades ciencia ciencia-ficción cine club de lectura comic compromiso concertos concursos conferencia congresos contacontos Cosmos cuca cuestionario curta dereitos humanos deseño dicionarios didáctica discapacidade DIVERINTERCULTURAL DiversidadeCultural documentais educación efemérides encontros con escritores enl enlaces enquisas ensaios entrevista entroido exposicións expresión oral familias feminismo ficha filosofía física fomento da lectura fondos formación de usuarios formularios fotografía francés galego Galicia Gastronomía graduación Grego guías HªEscritura HªOlimpiadas historia homenaxe HoraDeLer humor ilustración inglés iniciativas intercambio interculturalidade internet latín letras galegas LIBROS LibrosVivintes linguas estranxeiras literatura manualidades matemáticas medio ambiente microrrelatos mitoloxía mochilas viaxeiras mulleres MUSE museos música nadal narrativa natureza Nobel noticias O CINE O MAR obituario obradoiro Odisea OPINIÓN ortografía P.Cervantes P.Dado Pasapalabra patrimonio PATRIMONIOGALEGO paz pioneiros PLAMBE PlanProxecta poesía premios presentación publicidade química radio Radiofiestra RadioNaBiblio RD25Anos recursos revista roteiros S.C.AntiguaGrecia Samaín saúde semana cultural solidariedade teatro textos tics titoría traballo por proxectos traducción tríptico verán viaxes vídeos violencia de xénero votacións xadrez xeografía xogos XOGOSTRADICIONAIS xornadas xornalismo xubilación

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

ESTATÍSTICAS DE VISITAS

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER