Non vos deixedes abducir pola tecnoloxía... se non podedes chegar a isto:
"Chámase 'ler'. É como a xente instala o novo software no seu cerebro".
26/02/13
25/02/13
SOBRE A LECTURA E A ESCRITURA
Xa sabemos que non corren bos tempos para a lectura, claro que non corren bos tempos para case nada. Este enlace leva a un artigo do xornal El País onde se analizan as faltas de ortografía, a corrección sintáctica ou a comprensión lectora. Interesante artigo nestes tempos e, moi especialmente, para os que somos docentes e temos a obriga (moral?) de coidar o noso instrumento máis utilizado (deberíamos dicir "tesouro"?), a saber, a lingua.
EL PAÍS: "EL QUE ESCRIBA 'HABRIR' NO DEBERÍA GRADUARSE".
24/02/13
CONCURSO DE NARRACIÓN
Urco, a editora pioneira na edición de literatura fantástica en lingua galega convoca o: I Premio Urco de Relato Fantástico. Toda a información no enlace inferior:
A SORPRENDENTE VERDADE SOBRE A MOTIVACIÓN DO ALUMNADO
Para que un burro tire dun carro, din que hai que poñerlle unha cenoria diante. O burro sabe que algún dia a alcanzará... é a súa motivación. Os alumnos non vos motivades con cenorias, pero aquí incluímos un artigo sobre o que pode motivarvos a aprender mellor.
21/02/13
PETEIRO: O PINTOR QUE COLOREOU A NOSA CIDADE
Onte faleceu o pintor coruñés Jorge Peteiro. As súas obras tan características e recoñecibles están espalladas ao longo da nosa cidade, como ese pez espada que recibe aos visitantes da Casa dos Peixes.
20/02/13
EN DIRECTO DESDE O RAFAEL DIESTE
Como sabedes, onte a Cadena Ser fixo un programa en directo desde o noso centro, de hora e media de duración, no que varios alumnos se encargaron de facer as entrevistas ou de expor as actividades que estamos a desenvolver para a Semana Cultural ou, mesmo, dialogaron sobre as redes sociais.
Conscientes do esforzo que supón falar en directo pola radio, queremos dar a noraboa a todos os que colaborastes e animarvos a seguir practicando a conversa, a lectura en voz alta, a expresión oral, en definitiva.
19/02/13
150 ANOS DE CANTARES GALLEGOS
O venres 22 de febreiro celébrase o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro. Con este motivo, a biblioteca vai gravar unha presentación coa lectura por parte de alumnos de ESO de varios poemas de dita obra. Mentres preparamos todo podedes entretervos con este xogo que o CEIP de Andrade-Pontedeume realizou e que agora pon desinteresadamente a nosa
disposición: GRAZAS!
14/02/13
OUTRO 14 DE FEBREIRO
Hoxe é 14 de febreiro, un ano maís, o día de San Valentín, Día dos Namorados. Por se tedes un/ha namorad@ estranxeir@, aquí tedes un enlace para saber como se di QUÉROTE en moitos outros idiomas.
Máis sobre San Valentín en inglés en ClickOnEnglish.
Máis sobre San Valentín en inglés en ClickOnEnglish.
09/02/13
08/02/13
"ENTRE MAESTROS": UN DOCUMENTAL SOBRE O QUE PASA CANDO SE INTENTA INNOVAR NA CLASE
Non se para de falar sobre os problemas da educación pero qué pasa cando se fai algo distinto nunha clase? Están os alumnos preparados? E o profesor?
Esta é a premisa de "Entre maestros", un documental a medio camiño entre un reality e o xénero de películas épicas sobre profesores que se estrea hoxe, 8 de febreIro.
A cinta retrata 12 días de clase reais que tiveron lugar no mes de xullo de 2012 en Barcelona. O profesor é Carlos González, un docente e formador con 24 anos de experiencia enseñando matemáticas e física. Os alumnos, 11 rapaces e rapazas de entre 16 e 18 años, non se coñecían entre sí e foron seleccionados nun casting. "Buscamos o máis representativo dunha clase", explica o director e productor do documental Pablo Usón. "O rebelde, o pasota, o simpático..". Pero unha vez establecidos os roles, o profesor fai todo o posible por provocar aos alumnos para que saian de eles mesmos e por "fomentar o seu autocoñecimento". A forma: falando, falando todos moito. Do concepto de que "todos son maestros" e de que todos aprendemos de todos xorde o título do documental. Parece interesante...
Video tráiler do documental "ENTRE MAESTROS":
07/02/13
O FENÓMENO FINLANDÉS: O SISTEMA EDUCATIVO MÁIS ASOMBROSO DO MUNDO
En días de protestas pola posible reforma do sistema educativo... cando a televisión emite reportaxes comparando o noso sistema educativo e o finlandés... Atopamos un documental que nos mostra ese sistema educativo: THE FINLAND PHENOMENON: INSIDE THE MOST SURPRISING SCHOOL SYSTEM (O fenómeno finlandés: o sistema educativo máis asombroso do mundo). Está en inglés con subtítulos en castelán. É interesante para reflexionar se só é cuestión dun sistema educativo ou dunha sociedade completamente diferente... O debate está aberto.
Video O FENÓMENO FINLANDÉS:
06/02/13
CHEGA O ENTROIDO!
Este ano case non tivemos tempo de repoñernos do Nadal e....chega xa o Entroido! Seguro que o celebramos con disfraces e comilonas. Pois ben, para ir preparándonos podemos comezar aprendendo cousas sobre esta festa tan nosa que marca a fin do inverno -claro que este ano temos inverno aínda para rato. Aquí tedes enlaces de interés:
- CHEGA O ENTROIDO (Culturagalega.org)
- O ENTROIDO GALEGO ( Web Educativa Concello A Coruña).
- COLECCIÓN DE RECURSOS (Cuaderno Intercultural).
- ORIXES E RITOS DO ENTROIDO (Galicia Espallada).
- RECURSOS EDUCATIVOS: ENTROIDO (O Recanto de Mik)
01/02/13
SEMANA DA PAZ-CANCIÓNS (e 5): "SOMEWHERE OVER THE RAINBOW+WHAT A WONDERFUL WORLD"
Rematamos as cancións da semana da paz cunha doble canción. Unha versión de dous temas optimistas fusionadas nunha, porque non queríamos rematar con denuncia senon con esperanza. Trátase de dúas cancións clásicas norteamericas: "SOMEWHERE OVER THE RAINBOW" ("Nalgures por riba do arco da vella"), canción da película de 1939 "O mago de Oz", interpreada orixnalmente por Judy Garland. E "WHAT A WONDERFUL WORLD" ("Qué mundo tan marabilloso") clásico do jazz de 1967 de Louis Armstrong. As dúas cancións foron unidas nesta versión do cantante hawaiano, tamén falecido, Israel Kamawiwo'oe en 1993. Incluímos un audio con subtitulos en inglés e caselán.
Audio "SOMEWHERE OVER THE RAINBOW+WHAT A WONDERFUL WORLD", Israel Kamawiwo'oe:
Versión en inglés desta entrada en ClickOnEnglish.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
ETIQUETAS
8-M
ApadriñaLector
Cosmos
DIVERINTERCULTURAL
DiversidadeCultural
Galicia
Gastronomía
Grego
HoraDeLer
HªEscritura
HªOlimpiadas
LIBROS
LibrosVivintes
MUSE
Nobel
O CINE
O MAR
OPINIÓN
Odisea
P.Cervantes
P.Dado
PATRIMONIOGALEGO
PLAMBE
Pasapalabra
PlanProxecta
RD25Anos
RadioNaBiblio
Radiofiestra
S.C.AntiguaGrecia
Samaín
XOGOSTRADICIONAIS
a lingua
acoso-bullying
actividadeBiblio
actualidade
adolescencia
alfin
amor
animación
arqueoloxía
arte
astronomía
audio
audiovisual
autores
baile
bibliotecas
bioloxía
blog
cartel
centenario
certames
cidades
ciencia
ciencia-ficción
cine
club de lectura
comic
compromiso
concertos
concursos
conferencia
congresos
contacontos
cuca
cuestionario
curta
dereitos humanos
deseño
dicionarios
didáctica
discapacidade
documentais
educación
efemérides
encontros con escritores
enl
enlaces
enquisas
ensaios
entrevista
entroido
exposicións
expresión oral
familias
feminismo
ficha
filosofía
fomento da lectura
fondos
formación de usuarios
formularios
fotografía
francés
física
galego
graduación
guías
historia
homenaxe
humor
ilustración
inglés
iniciativas
intercambio
interculturalidade
internet
latín
letras galegas
linguas estranxeiras
literatura
manualidades
matemáticas
medio ambiente
microrrelatos
mitoloxía
mochilas viaxeiras
mulleres
museos
música
nadal
narrativa
natureza
noticias
obituario
obradoiro
ortografía
patrimonio
paz
pioneiros
poesía
premios
presentación
publicidade
química
radio
recursos
revista
roteiros
saúde
semana cultural
solidariedade
teatro
textos
tics
titoría
traballo por proxectos
traducción
tríptico
verán
viaxes
violencia de xénero
votacións
vídeos
xadrez
xeografía
xogos
xornadas
xornalismo
xubilación
Ágora
PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA
-
Nestes días de recollida e limpeza xeral de corpo e espírito, as bibliotecas do IES Pintor Colmeiro de Silleda e do IES As Lagoas de Oure...
-
Os derradeiros coletazos da Semana Cultural. Hoxe mostramos a presentación sobre os planetas e os deuses vista no Salón de actos o pas...
-
Biblioteca Abadía de Admont (Austria) No Día das Bibliotecas, queremos visitar algunhas das bibliotecas máis impresionantes do mundo a...
-
Durante toda esta semana, celebraremos o Día das Bibliotecas cunha exposición con paneis sobre o tema deste ano: as matemática...
-
Hoxe celébrase o quince aniversario de Google. Setembro marca 15 anos dende que os licenciados Larry Page e Sergey Brin montaron unha pe...
-
Outro ano mais, como cada 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar da Non-violencia e a Paz (DENIP) , xornada educativa non gubernament...
-
Como esta semana xa abrimos a biblioteca, acercámosvos unha presentación que explica qué facer para atopar un libro que queremos na nosa ...
-
Un de cada seis nenos (16,7%) sofre ciberbullying o acoso a través de Internet entre iguais . Según os expertos, falta prevención: co...
-
MIGUEL ANXO TABOADA ULLOA , alumno de 3º ESO B, gañou onte o CONCURSO DE CULTURA CLÁSICA , que se celebrou no IES de Monelos. Éste é o terce...
-
O vindeiro venres, estréase unha nova película "SUFFRAGETTE", un drama histórico dirixido por Sarah Gavron e escrita por Abi M...
PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES
-
O voluntariado da Biblioteca e o alumnado do equipo de Mediación e Convivencia do Dieste compartiron unha saía ás Illas Atlánticas. Saímos d...
-
Onte á tarde celebrouse o tradicional acto de Graduación da Promoción de Alumnado de 2ºBAC do curso 2014-2015. Son a vixésimo-quinta...
-
Un ano mais 'BiblioDieste' quere participar na conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminació...
-
Durante toda esta semana, celebraremos o Día das Bibliotecas cunha exposición con paneis sobre o tema deste ano: as matemática...
-
Como esta semana xa abrimos a biblioteca, acercámosvos unha presentación que explica qué facer para atopar un libro que queremos na nosa ...
-
Hoxe temos algo que celebrar na nosa biblioteca. Hoxe fichamos o libro nº10.000 do catálogo. Trátase do libro "22...
-
No Día Internacional da Muller Traballadora, hoxe 8-Marzo, queremos compartir o cómic de Emma Clit sobre a carga mental que soportan as ...
-
Estes días temos un montón de novidades lectoras na biblioteca do Dieste. Moita banda deseñada, moita novela ilustrada e moitas autoras que ...
-
Nestes días de recollida e limpeza xeral de corpo e espírito, as bibliotecas do IES Pintor Colmeiro de Silleda e do IES As Lagoas de Oure...
-
Para celebrar o Día do Libro tivemos un evento especial: Feira do libro no patio interior do instituto. Desde Bibloteca e coa colaboración d...
PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE
-
Todos os anos na nosa cidade celébrase por estas datas un concurso no que participan alumnos da materia de Cultura Clásica de catro centr...
-
Esta é a guía de lecturas e vídeos que o equipo de biblioteca vos recomenda para estas vacacións de Nadal . Entregaremos unha en cor par...
-
Un ano mais 'BiblioDieste' quere participar na conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminació...
-
Benvidos ás aulas de novo. A actividade da HORA DE LER no segundo trimestre , comezará o vindeiro luns 11 de xaneiro ata o 19 de marzo, c...
-
Acabaron os exames!!! Mañá será o día de recoller as notas e ao mellor, coa emoción, alguén esquece que a biblioteca estará aberta para os ...
-
Quen conseguirá curar máis corazóns partidos o 14 de febreiro? Aquí tedes a menciña Podedes tomar toda a que queirades. Non posúe contraindi...
-
Os que vos pasades pola Biblioteca case a diario, xa vistes ao longo deste mes que temos ordenadores novos nas mesas novas, que falta facían...
-
A Biblioteca en colaboración co Contrato programa Iguála-T invítavos a facer esta enquisa sobre a situación afectivo sexual no noso institut...
-
O Xallas dende O Pindo O 8 de febreiro de 1835 nacía en Ponteceso un neno que chegaría a ser coñecido como o Bardo , voceiro da corren...
-
Durante toda esta semana, celebraremos o Día das Bibliotecas cunha exposición con paneis sobre o tema deste ano: as matemática...