06/03/09

SEN ADOUTRINAMENTOS NIN COMPLEXOS

O día 21 de febreiro, Día Internacional da Lingua Materna, saímos de viaxe de estudos para Grecia cos alumnos, e non puidemos celebralo dende a biblioteca. Mais, quen nos ía dicir que o iamos celebrar en Grecia. Que como o celebramos? Falando galego. E nisto foron fundamentais un grupo de alumnos galegofalantes doutro Instituto que tamén viñeron con nós na mesma viaxe. Sen adoutrinamentos nin complexos. Natural. Porque o galego é a lingua de Galicia. Ante o éxito do experimento a nosa proposta é que fagamos intercambios entre os institutos da Coruña e os doutras zonas galegofalantes. Estamos seguras de que os resultados serían chamativos.
Para que reflexionedes un pouco sobre este tema deixámosvos o documental Linguas cruzadas, dirixido por Mónica Ares e Mª Yañez e estreado hai dous anos na TVG o 17 de maio, que afonda na situación sociolingüística do idioma dende a perspectiva da xente nova. QUE VOS GUSTE!

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Debo pedirvos desculpas por non vos ter visitado antes (peor para min!).
Así e todo, moito me gusta esta noticia. Non é que me entusiasme que algo tan elemental sexa noticia, pero ninguén me poderá impedir que me alegre... e me siga alegrando, e me siga alegrando, porque non é tan raro como nos queren impoñer coa toda a súa forza impositiva, que eles si que a teñen!

Arquivos do trasno dixo...

Grazas polo teu comentario. Xa se sabe que se os poderes fácticos non axudan as cousas son moito máis lents e complicadas, pero a nivel individual sempre pensei que o mellor que se pode facer para que algo se desenvolva con normalidade é predicar co exemplo e ser auténtico. Iso acaba contaxiando máis que calquera cousa que nos digan. O teu comentario tamén nos serviu para coñecer o voso blogue e comprobar canto traballades. A ver se polo menos conseguimos "militantes da lectura".

ETIQUETAS

8-M a lingua acoso-bullying actividadeBiblio actualidade adolescencia Ágora alfin amor animación ApadriñaLector arqueoloxía arte astronomía audio audiovisual autores baile bibliotecas bioloxía blog cartel centenario certames cidades ciencia ciencia-ficción cine club de lectura comic compromiso concertos concursos conferencia congresos contacontos Cosmos cuca cuestionario curta dereitos humanos deseño dicionarios didáctica discapacidade DIVERINTERCULTURAL DiversidadeCultural documentais educación efemérides encontros con escritores enl enlaces enquisas ensaios entrevista entroido exposicións expresión oral familias feminismo ficha filosofía física fomento da lectura fondos formación de usuarios formularios fotografía francés galego Galicia Gastronomía graduación Grego guías HªEscritura HªOlimpiadas historia homenaxe HoraDeLer humor ilustración inglés iniciativas intercambio interculturalidade internet latín letras galegas LIBROS LibrosVivintes linguas estranxeiras literatura manualidades matemáticas medio ambiente microrrelatos mitoloxía mochilas viaxeiras mulleres MUSE museos música nadal narrativa natureza Nobel noticias O CINE O MAR obituario obradoiro Odisea OPINIÓN ortografía P.Cervantes P.Dado Pasapalabra patrimonio PATRIMONIOGALEGO paz pioneiros PLAMBE PlanProxecta poesía premios presentación publicidade química radio Radiofiestra RadioNaBiblio RD25Anos recursos revista roteiros S.C.AntiguaGrecia Samaín saúde semana cultural solidariedade teatro textos tics titoría traballo por proxectos traducción tríptico verán viaxes vídeos violencia de xénero votacións xadrez xeografía xogos XOGOSTRADICIONAIS xornadas xornalismo xubilación

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

ESTATÍSTICAS DE VISITAS

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER