As nenas celebran hoxe, o 11 de outubro, o seu primeiro día internacional, despois de que as Nacións Unidas o declararan a finais de 2011 para dar visibilidade a milleiros de pequenas mulleres que viven en situación de vulnerabilidade e sen acceso á educación, o que as condea á pobreza de por vida. Estas nenas son víctimas de abusos, escravitude, falla de acceso a servicios básicos e outros tantos obstáculos para acudir á escola, xogar, disfrutar e, en definitiva, ser nenas. As situacións de discriminación que rodean ás pequenas e a necesidade de facilitar o seu acceso á educación son cuestións clave que se recordan neste día e se pide non olvidar durante o resto do ano. Máis información aquí.
Para conmemorar este día, organizáronse diferentes actos, como a lectura dun manifesto pola promoción dunha educación de calidade para todas as nenas do mundo e o encendido, da iluminación que teñirá de rosa diferentes edificios emblemáticos en todo o mundo en apoio aos dereitos das nenas. En España será un coñecido futbolista do Real Madrid quen iluminará o estadio Santiago Bernabeu de Madrid.
No video a continuación e uníndose á primeira celebración deste Día Internacional da Nena, a Directora Executiva, Michelle Bachelet, diríxese ás nenas de todo el mundo.
No video a continuación e uníndose á primeira celebración deste Día Internacional da Nena, a Directora Executiva, Michelle Bachelet, diríxese ás nenas de todo el mundo.
Video Día Internacional das Nenas: Michelle Bachelet
Versión en inglés desta entrada @ ClickOnEnglish.
Ningún comentario:
Publicar un comentario