Durante o mes de marzo púxose en funcionamento CANAL LECTOR, o novo portal da Fundación Germán Sánchez Ruipérez en internet adicado á lectura para os mozos.
Esta iniciativa ofrece un conxunto de recursos para os profesionais que
traballan coa lectura de nenos e mozos en lingua española. Profesores,
bibliotecarios, promotores de lectura, libreiros, escritores, ilustradores,
editores e todos os interesados en fomentar a lectura da xuventude
dispoñen a partir dese momento do primeiro portal en internet orientado á
globalidade do espazo de fala castelá.
O obxectivo de Canal Lector é servir de vía de comunicación para os
profesionais españois e dos países americanos que comparten a lingua
nun momento no que é crucial poñer ideas en común e construir
coñecimento a partir do debate.
Nese sentido, un elemento fundamental é que a selección de libros e de
contidos se realiza conxuntamente entre a Fundación (para os libros
editados en España), Ibby México/ A Leer (libros mexicanos) e Bibliotecas
Escolares de Chile CRA (libros chilenos) e Banco del Libro (libros
venezolanos). Esta é a primeira vez que se elabora un producto dixital
con este alcance global no terreno da lectura e está previsto chegar
a acordos con socios doutros países para completar a visión da
oferta do máximo posible de editores.
Canal Lector incorpora dez anos de experiencia da Fundación co
Servicio de Orientación de Lectura (SOL) e aproveita gran parte da súa información e do patrimonio de contidos que foi xerando cos seus
equipos de especialistas.
Unha peza fundamental de Canal Lector é a participación, e por iso
diseñouse para que os usuarios poidan valorar os libros e publicar ás súas
propias reseñas en función dos seus propios criterios ou propoñer exemplos de
actividades. Con este paso a Fundación e os seus socios emprenden o camiño
para xerar unha comunidade iberoamericana de profesionais da lectura.
O novo portal púxose en marcha coa colaboración financieira do
Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, a través da dirección
xeral de Política, Industrias Culturais e do Libro e da Federación
de Gremios de Editores de España.

Ningún comentario:
Publicar un comentario