Chegou abril, o mes no que máis oímos falar de libros nos medios de comunicación.
Hoxe, 2 de abril, temos a primeira celebración: o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, para conmemorar o nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, autor de contos tan intemporais como A sereiña, As fabas máxicas, A raíña das Neves, O soldadiño de plomo, O patiño feo e tantos outros que xa se poden ler en formato dixital.

Este ano correspondeulle á sección española do IBBY elaborar o cartel e a mensaxe para o que convocaron un concurso. Os gañadores foron a ilustradora Noemí Villamuza e o escritor Eliacer Cansino.
O 32ºcongreso do IBBY vaise celebrar en Santiago de Compostela entre o 8 e o 12 de setembro, aproveitando o Ano Xacobeo. O logo do congreso e o cartel anunciador foron feitos polo ilustrador lugués Xan López Domínguez que xa ten unha merecida sona internacional no ámbito do libro infantl e xuvenil.
No transcurso do congreso farase entrega do premio bianual Hans Christian Andersen 2010, o Nobel da literatura infantil e xuvenil, ao escritor inglés David Almond e á ilustradora alemana Jutta Bauer.
Ningún comentario:
Publicar un comentario